Martiño (nome)
| Martiño | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Alfabeto
| |
| Wikidata |

Martiño[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'. En galego tamén ten os hipocorísticos Tiñolo e Martiñoco.[2] Este nome deu lugar aos apelidos galego Martínez, Martíns, Martís e Martín.
En xaneiro de 2023 existían 597 varóns en Galicia co nome Martiño, cunha media de idade de 10,3 anos.[3]
Santoral
[editar | editar a fonte]Celebra a festa o 11 de novembro, por san Martiño de Tours, pero tamén pode facelo o 20 de marzo (Martiño de Dumio), o 13 de abril (san Martiño I) ou o 3 de novembro (Martiño de Porres).
San Martiño de Tours
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Martiño de Tours.
Martiño de Tours (316-397) foi un soldado romano, natural da actual Hungría, que, segundo a lenda, rachou a súa capa en dúas para darlle a metade a un pobre morto de frío [4]. Logo deixou o exército, bautizouse e pasou ó servizo de santo Hilario, en Poitiers, onde o nomearon bispo no 370.
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Martin
- Asturiano: Martine
- Castelán: Martín
- Catalán: Martí
- Francés: Martin
- Inglés: Martin
- Italiano: Martino
- Vasco: Martiñ ou Matin
Martiños famosos
[editar | editar a fonte]- Martín Codax trobador galego do século XIII, ao que foi dedicado o Día das Letras Galegas de 1998 xunta a Johan de Cangas e Mendinho;
- Martiño I o Humano, rei da coroa de Aragón;
- Martin Luther King, activista que defendeu os dereitos dos negros estadounidenses;
- Martiño Lutero, iniciador da Reforma protestante;
- Frei Martín Sarmiento (1695-1772).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Martiño". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. Consultado o 12/3/2025. - ↑ Nome Martiño na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Deulle só media capa porque, daquela, a metade de tódalas súas pertenzas correspondíalle ó César.