Martes (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martes

Martes martes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Martes
Pinel, 1792
Especies

Ver texto

Martes é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos mustélidos, que inclúe a marta e a garduña. Estes animais son carnívoros e semidixitígrados e teñen unha pel moi apreciada. A súa xestación dura 2 meses, tendo de media 2 ou 3 fillos. Xa chegou a ser centenas e millares na Europa, mais foron cazadas por mor da súa pel, que estánse a converter nunha especie rara. Capturar un mustélido é relativamente fácil, xa que basta con colocar un obxecto brillante no seu niño, que ela rematará caendo na rede. É un animal solitario que vive en lugares rochosos e arborizados, de difícil acceso, o que torna a súa situación de conservación en pouco preocupante. Ten o costume de demarcar o seu territorio cun rastro de secreción das glándulas anais, como fai a doniña, a súa parente máis próxima.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O substantivo marta deriva do termo da lingua gótica marthus.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Adoita comer esquíos, coellos, ratos e aves pequenas.

Apareamento[editar | editar a fonte]

A época de apareamento vai de xullo a agosto. Dous meses despois a femia pare 2 a 3 crías nun niño de esquío ou nunha bifurcación de árbore. A pesar de abandonar a súa cría para aparear de novo, volta sempre para coidar das crías. A cría permanece no niño durante dous meses.

Especies[editar | editar a fonte]