Martensita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aliaxes de ferro

Austenita (ferro-γ ríxido)
Bainita
Martensita
Cementita (carburo de ferro; Fe3C)
Ledeburita (austenita + cementita; 4,3% C)
Ferrita (Ferro-α, Ferro-δ; brando e maleábel)
Perlita (88% ferrita, 12% cementita)
Esferoidita

Tipos de aceiro

Ferro-carbono (menos de 2,1% de carbono)
Aceiro inoxidábel (aliaxe con cromo)
Aceiro ARBL (Alta Resistencia e Baixa Liga)
Aceiro rápido (moi ríxido; tratado no calor)

Outros materiais a base de ferro

Ferro fundido (>2,1% de carbono)
Ferro forxado (case sen presenza de carbono)
Ferro dúctil


Temperaturas de formación de martensita en función do contido de carbono nos aceiros
Martensita nun aceiro AISI 4140 austenizado a 850º e temperado con óleo


A Martensita é unha fase ou microconstiuínte dunha aliaxe xerado a partir dunha transformación de fases por desprazamento sen difusión.

Por extensión denomínanse martensitas todas as fases que se producen por mor dunha transformación sen difusión en materiais metálicos. Recebe este nome en honra do metalúrxico alemán Adolf Martens (1850-1914).

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

A transformación martensítica non só ocorre no aceiro, senón que outros sistemas de aliaxe caracterízanse por experimentar transformacións sen difusión.

Xa que a transformación martensítica non implica difusión, ocorre case instantaneamente; os grans martensíticos se nuclean e crecen a velocidade moi alta: a velocidade do son dentro da matriz austenítica. Deste xeito, a efectos prácticos, a velocidade de transformación da austenita é independente do tempo.

Os grans de martensita teñen a aparencia de láminas ou de agullas. A fase branca é austenita que non se transforma durante o temperado rápido.

O arrefriado rápido (ou temperado) do aceiro austenizado, até unha temperatura próxima á ambiental, orixina o microconstituiente denominado martensita, que resulta como unha estrutura de non equilibrio da transformación sen difusión da austenita. Pódese considerar un produto de transformación competitivo coa perlita ou a bainita. A transformación martensítica ten lugar a velocidades de temperado moi rápidas que dificultan a difusión do carbono. Se houbese difusión formaríanse as fases ferrita e cementita, aínda que ambas poden coexistir.

A transformación martensítica non é ben coñecida. Con todo, gran número de átomos móvense de modo cooperativo, o que representa pequenos desprazamentos dun átomo respecto dos seus veciños. Esta transformación significa que a austenita CCC experimenta unha transformación polimórfica á martensita tetragonal centrada no corpo (TCC). A cela unidade desta estrutura cristalina é un cubo, alargado nunha das súas tres dimensións, centrado no corpo CC; esta estrutura é diferente da ferrita CC. Todos os átomos de carbono permanecen como solutos intersticiais na martensita e constitúen unha disolución sólida sobresaturada capaz de transformarse rapidamente noutras estruturas se se quenta a temperaturas que implican unha apreciábel velocidade de difusión. A maioría dos aceiros reteñen a estrutura martensítica case indefinidamente a temperatura ambiente.


Cun tratamento mecánico adecuado a estrutura pode presentar unha soa variante. Un caso particular son as aliaxes martensíticas ferromagnéticas, con interesantes propiedades ao aplicarlles un campo magnético (magnetoestricción, Villary effect).

En aceiros[editar | editar a fonte]

Os aceiros con microestructura martensítica son os máis duros e mecanicamente resistentes, pero tamén os máis fráxiles e menos dúctiles. A dureza destes aceiros depende do contido en carbono; aínda así, son máis tenaces que os aceiros perlíticos.