Marta Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Sanz
Marta Sanz.jpg
Nome completoMarta Sanz Pastor
Nacemento14 de novembro de 1967
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióncrítico literario e escritora
PremiosPremio El Ojo Crítico, Prémio Herralde, sen etiquetar, Tigre Juan award e Premios Cálamo
editar datos en Wikidata ]

Marta Sanz Pastor, nada en Madrid en 1967, é unha escritora española. Recibiu importantes premios, como o Premio Herralde de novela (2015), o Ojo Crítico de Narrativa (2001) ou o XI Premio Vargas Llosa de relatos.[1] Foi finalista do Premio Nadal en 2006.[2] É crítica literaria en distintos medios (entre outros, no suplemento Babelia de El País, a revista Mercurio ou a páxina La tormenta en un vaso).[3] Exerceu a docencia na Universidade Antonio de Nebrija de Madrid e dirixiu a revista literaria Ni hablar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en Literatura Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid, a súa tese tratou sobre La poesía española durante la transición (1975-1986). A carreira literaria de Marta Sanz comezou cando se matriculou nun obradoiro de escritura da Escuela de Letras de Madrid e coñeceu o editor Constantino Bértolo, quen publicou as súas primeiras novelas na editorial Debate.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Quedou finalista do Premio Nadal en 2006 con outra novela: Susana y los viejos. Na súa novela La lección de anatomía (RBA, 2008, reeditada en Anagrama en 2014 con prólogo de Rafael Chirbes) utilizou a súa propia biografía como material literario.[4] Na novela negra Black, black, black (Anagrama, 2010) creou o personaxe do detective homosexual Arturo Zarco e quedou semifinalista do Premio Herralde en 2009.[5] A autora recuperou o personaxe de Zarco na súa novela Un buen detective no se casa jamás (Anagrama, 2012).[6] O detective reaparece novamente en Pequeñas mujeres rojas (Anagrama, 2020), obra coa que pecha a triloxía.[7] En 2013 publicou Daniela Astor y la caja negra (Ed. Anagrama, 2013), onde recrea o mundo da cultura popular e as actrices da Transición española como Susana Estrada, María José Cantudo ou Amparo Muñoz.[8][9] Tras a súa publicación, esta novela recibiu distintos premios (o premio Tigre Juan, o Premio Cálamo "Otra mirada" 2013 e o da páxina de crítica literaria Estado Crítico).[2]

Outros xéneros[editar | editar a fonte]

Á parte da súa obra como novelista, tamén escribiu contos, poesía, ensaios, artigos de viaxes e de opinión. Colabora habitualmente nos xornais El País (con crónicas de viaxes no suplemento «El Viaxeiro») e en Público (na sección «Culturas») e coa revista El Cultural de El Mundo. En InfoLibre adoita colaborar na sección «El cuento de todos», onde varios escritores desenvolven un relato.[10][11][12]

Ideas políticas[editar | editar a fonte]

Durante a campaña electoral das eleccións xerais de 2011, manifestou o seu apoio á candidatura de Esquerda Unida.[13] Considera que toda literatura é política aínda que nos fixeron crer que a política luxa a concepción literaria.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El frío. Madrid: Debate, 1995. Reeditada pola editorial Caballo de Troya, 2012.
  • Lenguas muertas. Madrid: Debate, 1997.
  • Los mejores tiempos. Madrid: Debate, 2001. Premio Ojo Crítico de Narrativa.
  • Animales domésticos. Barcelona: Destino, 2003.
  • Susana y los viejos. Barcelona: Destino, 2006. Finalista do Premio Nadal.
  • La lección de anatomía. Barcelona: RBA, 2008. Nova edición Anagrama, 2014.
  • Black, black, black. Barcelona: Anagrama, 2010.
  • Un buen detective no se casa jamás. Barcelona: Anagrama, 2012.
  • Amour Fou. Miami: La Pereza Ediciones, 2013. Nova versión: Amor fou. Barcelona: Anagrama, 2018.
  • Daniela Astor y la caja negra. Barcelona: Anagrama, 2013.[14]
  • Farándula. Barcelona; Anagrama, 2015. Premio Herralde de Novela.
  • Clavícula. Barcelona; Anagrama, 2017.
  • Pequeñas mujeres rojas. Barcelona, Anagrama, 2020

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • No tan incendiario. Cáceres: Editorial Periférica, 2014.
  • Éramos mujeres jóvenes. Madrid: Fundación José Manuel Lara, 2016.
  • Monstruas y centauras. Editorial Anagrama, 2018

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Perra mentirosa / Hardcore. Madrid: Bartleby, 2010.
  • Vintage. Madrid: Bartleby, 2013. Premio da Crítica de Madrid ao mellor poemario de 2014.
  • Cíngulo y estrella . Madrid: Bartleby, 2015.

Editora[editar | editar a fonte]

  • Tsunami. Miradas feministas. Sexto Piso, 2019.
  • Metalingüísticos y sentimentales: antología de la poesía española (1966-2000), 50 poetas hacia el nuevo siglo. Madrid: Biblioteca Nueva, 2007.
  • Libro de la mujer fatal [antoloxía de textos de distintos autores sobre o tópico da muller fatal]. Madrid: 451 Editores, 2009.

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Tranquilas. Historias para ir solas por la noche. Edición de María Folguera y Carmen G. de la Cueva. Lumen, 2019.
  • Hombres (y algunas mujeres). Edición de Rosa Montero. Autoras: Elia Barceló, Nuria Barrios, Espido Freire, Nuria Labari, Vanessa Montfort, Lara Moreno, Claudia Piñeiro, Marta Sanz, Elvira Sastre, Karla Suárez e Clara Usón. Revista Zenda, 2019.
  • Drogadictos. Demipage, 2017. Autoras e autores: Lara Moreno, Sara Mesa, Juan Gracia Armendáriz, Juan Bonilla, Marta Sanz, Javier Irazoki, Manuel Astur, José Ovejero, Richard Parra, Andrés Felipe Solano, Mario Bellatin e Carlos Velázquez.
  • 666. Edición de Carmen Jiménez. Autoras: Elia Barceló, Cristina Cerrada, Marta Sanz, Pilar Adón, Esther García Llovet e Susana Vallejo. Sub Urbano, 2014.
  • Nómadas (Playa de Ákaba, Barcelona, 2013; selección e prólogo de Elías Gorostiaga). ISBN 978-84-941451-4-8.
  • «Cigüeñas» (texto sobre Federico Fellini e Giulietta Masina), en VV.AA., Ellos y ellas. Relaciones de amor, lujuria y odio entre directores y estrellas (coeditores: Hilario J. Rodríguez e Carlos Tejeda). Calamar Ediciones /Festival de Cine de Huesca, 2010.
  • «Mariposas amarillas», conto incluído en Lo que los hombres no saben... el sexo contado por las mujeres, (edición e prólogo de Lucía Etxebarria), Martínez Roca/La Erótica Booket, 2009
  • Catálogo do fotógrafo David Palacín para a Bienal de Dakar (2002).


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geli, Carles: «Marta Sanz gana el premio Herralde con Farándula», El País, 2 de novembro de 2015.
  2. 2,0 2,1 2,2 Miró, Francesc (15 de marzo de 2020). ""Nos han hecho creer que la política mancha la concepción literaria, pero no es así: toda literatura es ideología"". eldiario.es. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  3. Quimera, números 273-277, 2006, páx. 10.
  4. Esquivias (2017).
  5. «Manuel Gutiérrez Aragón gana el XXVII Premio Herralde de Novela», na páxina de Europa Press, 6 de novembro de 2009.
  6. Corroto, Paula: «La obscenidad que esconden todos los cuentos de hadas», Público, 8 de febreiro de 2012.
  7. "pequeñas mujeres rojas". 
  8. Arjona, Daniel: «Marta Sanz: 'La cultura, incluso la ínfima, nunca es inofensiva», El Cultural, 8 de maio de 2013.
  9. Javier Dámaso: Daniela Astor y la caja negra, en La Danza de Ulises, últimocero, 22 de abril de 2014
  10. «El bolso de Diana»; autores: Carlos Zanón, Berna González Harbour, Alfonso Salazar e Marta Sanz. InfoLibre, novembro de 2016.
  11. «La forastera»; autores: Felipe Benítez Reyes, Marta Sanz e Rafael Reig. InfoLibre, febreiro de 2016.
  12. «Memoria de la noche»; autores: Luis Landero, Fernando Aramburu, Óscar Esquivias e Marta Sanz. InfoLibre, marzo de 2017.
  13. Yanel, Agustín: «Ellos 'se mojan' y 'eligen IU'», El Mundo, 11 de novembro de 2011.
  14. «Mata a tus ídolos: Marta Sanz Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine.», Número Cero, 25 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]