Marta Robles
Marta Robles, nada en Madrid o 30 de xuño de 1963, é unha xornalista e escritora española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias da Información, na póla de xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar, antes de rematar a carreira na revista Tiempo de hoy en 1987. En 1989, deu o salto ó mundo da radio, presentando o programa Caliente y frío, de Radio Intercontinental que compatibilizaría co seu traballo en televisión, onde comezou en 1988.
De aí pasa á Cadena SER, onde dirixe e presenta un espazo de madrugada titulado De la noche a la mañana. Na mesma cadea conduciría El Serial 1993, con Javier Capitán e Luis Figuerola-Ferreti e dirixiría e presentaría Si amanece nos vamos, entre 1993–1994 e A vivir que son dos días 1994-1996.
En 1998, entra en Onda Cero, onde dirixe e presenta o programa da tarde, A toda radio, até 2000.
En 2001, colabora co programa de Carlos Herrera, "Herrera en la Onda", en Onda Cero.
Entre setembro de 2008 e xuño de 2010 colabora no programa Queremos hablar, de Punto Radio, presentado por Ana García Lozano.
En 2011, colabora co programa "En casa de Herrero", en esRadio.
Dende marzo de 2013, dirixe e presenta 'Entre Comillas', un magacín dediado á creación en español (literatura, cine, música, etc.), para a Axencia EFE.
Obras
[editar | editar a fonte]- El mundo en mis manos (1991). Con Pedro J. Ramírez; non ficción.
- La dama del PSOE (1992). Con Almudena Bermejo; biografía de Carmen Romero.
- Los elegidos de la fortuna (1999). Non ficción.
- Las once caras de María Lisboa (2001). Ficción
- Parque Oceanográfico Universal de Valencia (2003). Non ficción.
- Diario de una cuarentona embarazada (2008). Ficción.
- Don Juan (Colectivo) (2008). Ficción.
- Madrid me Marta (2010). Non ficción.
- Luisa y los espejos (2013). Ficción. Booket, 2025, ISBN 9788467078657.
- Usted primero (2015). Non ficción.
- Haz lo que temas. (2016). Non ficción.
- Obscena. Antoloxía de relatos pornocriminais (2016). Colectivo.
- A menos de cinco centímetros (2017). Ficción.
- La mala suerte (2018). Espasa. ISBN 9788467052664. Novela.
- La chica a la que no supiste amar (2020). Espasa. ISBN 9788467057713. Novela..
- Pasiones carnales (2021). Booket. ISBN 9788467064995. Ensaio novelado.
- Lo que la primavera hace con los cerezos. Historias de amor y desamor de grandes creadores (2022). Espasa. ISBN 9788467066906. Ensaio novelado.
- Salamanca. Mañanas De Luz Dorada (2024). Tintablanca. ISBN 9788412835700. (Ilustracións Pedro Cuadra)
- Amada Carlota (2025). Espasa. 392 páxs. ISBN 9788467078435. Novela.
Premios
[editar | editar a fonte]- Woman de Ouro (1995).
- Antena de Prata (1995) de radio por Si amanece nos vamos.
- TP de Ouro (1995). Mejor presentadora por A toda página.
- Antena de Ouro (2000) por A toda radio.
- Premio Nacional de Xornalismo Condado de Noreña (2004).
- Premio Especial de Comunicación da Asociación de Comunicación e Relacións Públicas de Madrid (2005).
- Premio Cosmopolitan TV (2006).
- Antena de Prata (2006) de televisión por A la última.
- Premio á muller mellor calzada de España (2008), outorgado polo Museo do Calzado e o xurado presidido pola Princesa Tessa de Baviera, formando parte do mesmo entre outros, o cineasta Luis García Berlanga
- Premio á xornalista máis querida de "Madrid Prnoticias".
- Premio de comunicación e relacións públicas na categoría de "Especial comunicación".
- Antena de Oro (2011). Premio extraordinario.
- Premio Fernando Lara de Novela 2013 por Luisa y los espejos.
- Finalista do Premio Silverio Cañada (2017) á primeira novela negra (Semana Negra de Gijón) por A menos de cinco centímetros.
- Premio especial a "La mejor de los nuestros" do FAN (Festival Aragón Negro) (2019) pola súa contribución á novela negra a través da creación do detective Roures (A menos de cinco centímetros, La mala suerte, La chica a la que no supiste amar).
- Premio Letras do Mediterráneo (2019), categoría de Narrativa, por La chica a la que no supiste amar.
- Premio Honorífico D. O. La Mancha (2019).
- Premio Alicante Noir (2021) por La chica a la que no supiste amar.
- Premio das letras, do Ateneo Mercantil de Valencia á súa traxectoria literaria (2022)
- Premio SICAB á traxectoria profesional 2022
- Premio Factoría Creativa das Letras 2023, do concello de La Rinconada (Sevilla)
- Premio Alfábega Literaria do Festival de Novela Histórico-Noir 2023.
- Premio de Cultura da CAM, na categoría de Literatura 2024
- Premio Tanit Spirits á traxectoria profesional. 2024
- Premio do festival Caja Negra Crimen y Ficción, á traxectoria periodística e literaria. 2024
- Ademais é Dama do Albariño, Vendimadora maior de Valdepeñas, Embaixadora de FENAVIN e Alcaidesa de honor do Museo do Viño de Valladolid.