Marta Lucía Ramírez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Lucía Ramírez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Zipaquirá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs of Colombia (en) Traducir
19 de maio de 2021 – 7 de agosto de 2022
← Claudia Blum (en) Traducir
12ª Vicepresidente de Colombia
7 de agosto de 2018 – 7 de agosto de 2022
← Óscar NaranjoFrancia Márquez →
Senador de Colombia
20 de xullo de 2006 – 9 de xullo de 2009
Minister of Defense of Colombia (en) Traducir
7 de agosto de 2002 – 10 de novembro de 2003
← Gustavo Bell (en) TraducirJorge Alberto Uribe (en) Traducir →
Ambassador of Colombia to France (en) Traducir
1 de febreiro de 2002 – 25 de xullo de 2002
← Juan Camilo Restrepo Salazar (en) TraducirMiguel Gómez Martínez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Xaveriana
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , política , modelo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Xaveriana Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Colombiano (pt) Traducir (2010–2017) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Marta Lucía Ramírez Blanco, nada en Bogotá[1] o 4 de xullo de 1954,[1] é unha política e avogada colombiana, vicepresidenta de Colombia, sendo a primeira muller que ocupou este cargo. Foi Ministra de Comercio Exterior (1998-2002) durante o goberno do conservador Andrés Pastrana, embaixadora de Colombia en Francia (2002). Tralas eleccións presidenciais de 2002 nas que Álvaro Uribe Vélez gañou a presidencia da República, Marta Lucía foi nomeada como Ministra de Defensa de Colombia, sendo a primeira e única muller en ocupar este cargo. No ano 2006 resultou elixida como Senadora da República polo Partido da Unidade Nacional, posteriormente renunciou ó senado.[2] En 2009 renunciou ao Partido da Unidade Nacional manifestando falta de garantías para a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2010. En 2018, trala vitoria nas eleccións presidenciais de 2018 de Iván Duque foi nomeada vicepresidenta de Colombia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi candidata presidencial polo Partido Conservador Colombiano nas Eleccións Presidenciais do 2014, sendo a terceira candidata máis votada na primeira volta electoral co 15,52 % correspondido a 1.998.780 votos, soamente por detrás do candidato Presidente Juan Manuel Santos e do candidato polo Partido Centro Democrático Óscar Iván Zuluaga quen foi o gañador na Primeira Volta co 29 % dos votos. Na Segunda Volta electoral apoiou ó candidato opositor Óscar Iván Zuluaga quen foi derrotado con 6.905.001 votos correspondente ó 44,98 % dos votos.

En setembro de 2017 anunciou novamente que se lanzaría á presidencia, esta vez por sinaturas e renunciando ó partido Conservador debido ós escándalos de corrupción nos que están envoltos algúns dos seus líderes e por non atopar garantías para a súa candidatura. Foi precandidata presidencial apoiada polo movemento cidadán “Por unha Colombia Honesta e Forte-Marta Lucía”, participou na consulta da centrodereita gañada por Iván Duque, de quen será fórmula vicepresidencial por quedar no segundo lugar con máis dun millón cincocentos mil votos .

Marta Lucía Ramírez e o expresidente Andrés Pastrana Arango convertéronse en duros críticos do presidente Juan Manuel Santos, polo manexo dado á economía, as relacións con Venezuela e principalmente polo proceso de paz adiantado coas FARC. No plebiscito refrendatorio dos Acordos da Habana, asumiu a súa postura polo NON, coincidindo co expresidente Álvaro Uribe Vélez. Tras ser derrotada na consulta da Grande Alianza por Colombia converteuse na candidata Vicepresidencial polo Centro Democrático ás Eleccións Presidenciais do 2018.

Notas[editar | editar a fonte]