Marta González Vázquez
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1965 (59 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Popular 17 de agosto de 2023 – Lexislatura: 15th Congress of Deputies (en) Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: elections to the Congress of Deputies in 2023 (en) | |
Deputada de España | |
Representa: Partido Popular 3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Deputada de España | |
8 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Deputada de España | |
6 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputada de España | |
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: A Coruña Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | historiadora, política |
Partido político | Partido Popular |
Marta González Vázquez, nada en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 1965, é unha historiadora e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Historia en 1987 na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou na especialidade de Historia Medieval en 1994. Tamén é licenciada en Arquivística e biblioteconomía.
En 1992 comezou a traballar na empresa privada, para o grupo Sargadelos, ata que en 1996 pasou a dar clase de Historia medieval na Universidade da Coruña. En 1998 accedeu a un posto administrativo no Grupo Compostela de universidades, onde permaneceu ata 2003, ano en que foi fichada pola consellería de Familia da Xunta de Galicia para ocuparse da dirección xeral de Igualdade. Coa perda das eleccións de 2005 regresou á empresa privada, para traballar como consultora, ata que coa vitoria do Partido Popular naseleccións de 2009 volveu á administración autonómica, co mesmo posto que tivera antes, Secretaria xeral de Igualdade.
Abandonou ese cargo a finais de 2011 para concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións dese novembro ao Congreso dos Deputados como número dous nas listas da Provincia da Coruña, por onde foi elixida. Nas eleccións municipais de 2011 concorreu na candidatura do Partido Popular ao concello de Santiago de Compostela, en postos simbólicos. Porén, as sucesivas dimisións de concelleiros populares nesa lexislatura santiaguesa levou a que entrase en 2014 no pleno municipal, sen abandonar o seu escano no Congreso dos Deputados. Nos comicios locais de 2015 volveu figurar na candidatura popular, aínda que penúltima posición, polo que non repetiu como concelleira. Meses despois, o seu nome volveu estar na candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña, de novo de número dous, por detrás de Miguel Lorenzo Torres, para ser elixida tanto en 2015 coma en 2016.
O 27 de xullo de 2018 integrouse na nova executiva do PP, liderada por Pablo Casado, como vicesecretaria xeral de Comunicación.[1]
Encabezou a candidatura do partido pola Coruña nas eleccións xerais de abril e de novembro de 2019.[2][3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Las mujeres de la Edad Media y el Camino de Santiago (2000).
- El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media.
- Inés de Castro (2003).
- La emperatriz Berenguela.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada, ten unha filla e vive en Brión.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Casado «integra» a los derrotados pero deja fuera a los pilares de Santamaría". ABC (en castelán). 2018-07-26. Consultado o 2019-03-16.
- ↑ "Marta González encabezará la lista del PP por A Coruña en las generales". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 16/3/2019.
- ↑ García, COPE Ferrol-Javier (2019-10-07). "Juan Juncal y Verónica Casal repiten como candidatos del PP al Senado". COPE (en castelán). Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "González Vázquez, Marta". Grupo Parlamentario Popular (en castelán). Consultado o 2019-11-13.[Ligazón morta]
- ↑ "InfoBrion.com". www.infobrion.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta González Vázquez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados Arquivado 21 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Nados en Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade da Coruña
- Concelleiros de Santiago de Compostela
- Historiadores de Galicia
- Nados en 1965
- Medievalistas
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)