Marta González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marta González Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1965, é unha historiadora e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia en 1987 na Universidade de Santiago, onde tamén se doutorou na especialidade de Historia Medieval en 1994. Tamén é licenciada en Arquivística e biblioteconomía.

En 1992 comezou a traballar na empresa privada, para o grupo Sargadelos, ata que en 1996 pasou a dar clase de Historia medieval na Universidade da Coruña. En 1998 accedeu a un posto administrativo no Grupo Compostela de universidades, onde permaneceu ata 2003, ando en que foi fichada pola consellería de Familia da Xunta de Galicia para ocuparse da dirección xeral de Igualdade. Coa perda das eleccións de 2005 regresou ao mundo da empresa privada, para traballar como consultora, ata que grazas ás eleccións de 2009 volveu á administración autonómica, ao mesmo posto que tiña antes, Secretaria xeral de Igualdade.

Abadonou ese posto a finais de 2011 para concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións dese novembro ao Congreso dos Deputados como número dous nas listas da provincia da Coruña, por onde foi elixida. Nas eleccións municipais de 2011 concorreu na candidatura do Partido Popular ao concello de Santiago, en postos simbólicos. Porén, as sucesivas dimisións de concelleiros populares nesa lexislatura santiaguesa levou a que entrase en 2014 no pleno municipal, sen abandonar o seu escano no Congreso dos Deputados. Nos comicios locais de 2015 volveu a figurar na candidatura popular, en penúltima posición e loxicamente non repetiu como concelleira. Meses despois o seu nome volveu estar na candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña, neste caso de número dous, por detrás de Miguel Lorenzo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las mujeres de la Edad Media y el Camino de Santiago (2000)
  • El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media
  • Inés de Castro (2003).
  • La emperatriz Berenguela

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive en Brión[1].

Notas[editar | editar a fonte]