Marta Domínguez
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Marta Domínguez Azpeleta 3 de novembro de 1975 Palencia |
| 20 de novembro de 2011 – 26 de outubro de 2015 Circunscrición electoral: provincia de Palencia | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Palencia |
| Altura | 163 cm |
| Peso | 52 kg |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | política, atleta, garda de seguridade |
| Partido político | Partido Popular |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | carreira de longa distancia corrida de meia-distância (pt) |
| Participou en | |
| 2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
| agosto de 2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
| 2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
| 1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
| Familia | |
| Irmáns | Nuria Domínguez Azpeleta |
| Premios | |
Marta Domínguez Azpeleta, nada en Palencia o 3 de novembro de 1975, é unha exatleta española, que competiu nas especialidades de medio fondo e fondo (1 500, 2 000, 3 000, 5 000 e campo a través) e foi dúas veces campioa de Europa de 5 000 metros en Múnic 2002 e Gotemburgo 2006.
Como consecuencia dunha serie de irregularidades no seu pasaporte biolóxico, o Tribunal de Arbitraxe Deportivo (TAS) sancionouna en novembro de 2015 con tres anos de inactividade deportiva oficial e retiroulle os resultados obtivos entre o 5 de agosto de 2009 e o 8 de xullo de 2013. En consecuencia, foille revocado o seu título de campioa do mundo de 3000 metros obstáculos conseguido no Mundial de Berlín 2009 e o subcampionato do Europeo de 2010.[1][2]
Formou parte do grupo municipal do Partido Popular no concello de Palencia entre 2003 e 2007. En novembro de 2011, foi elixida senadora do Partido Popular por Palencia, pasando a ser a voceira popular de Educación e Deporte na cámara alta entre 2011 e 2015.
No ano 2016 opositou ao corpo nacional de policía. Tanto na súa escala básica como na executiva, obtendo unha puntuación de 9,33 nas probas físicas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Marta Domínguez, plata en 3.000 obstáculos», 30-7-2010, elmundo.es
- ↑ «El TAS sanciona tres años por dopaje a Marta Domínguez», elmundo.es, 19-11-2015.
- ↑ "Marta Domínguez saca un 9 en el examen para ser Policía Nacional". El Español. Arquivado dende o orixinal o 28/09/2020. Consultado o 14/10/2016.