Martín Conde Gómez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de marzo de 2003 Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
Martín Conde Gómez, nado en Ourense o 25 de marzo de 2003, tamén coñecido como Tincho, é un futbolista galego. Na tempada 2024-25 xoga como lateral esquerdo no Celta Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Martín Conde comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos, cando o seu pai o inscribiu nas filas da Escola Pavillón de Ourense[1][2]. Con once anos, no seu segundo ano na categoría de alevíns, recalou nas categorías inferiores do Celta.
Após de pasar por todas as categorías inferiores do Celta, debutou co Celta Fortuna o 28 de agosto de 2022 á idade de 19 anos na terceira categoría do fútbol español, a Primeira Federación, nunha derrota por 1 a 2 fronte á UD Sanse[3].
Clubs
[editar | editar a fonte]
Actualizado co último partido disputado o 11 de xaneiro de 2025 .
| Club | País | Ano | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| Celta Fortuna | 2022-act. | 66 | 6 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo, Pablo. "Así es Tincho Conde, el lateral juvenil del Celta que marca como loco". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ Verdeal, Pablo. "Os sete futbolsitas novos nados en Ourense que apuntan á elite.". La Región. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Tincho Conde: «O míster dinos que a xuventude non é escusa e estou de acordo».". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Tincho, lateral do Celta B en Celta Media, a canle celtista en Youtube.