Mars M-71

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación dunha sonda Mars M-71.

Mars M-71 ou Mars M71 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar cara Marte no ano 1971 para obter datos e imaxes do planeta e que incluían un aterrizador. Das tres sondas deste modelo lanzadas, a primeira fallou por problemas co seu foguete lanzador (un Proton K/D), mentres que as outras dúas conseguiron chegar a Marte, pasando a ser nomeadas como Mars 2 e Mars 3.[1][2]

As sondas Mars M-71 estaban formadas por un orbitador e unha sonda de aterraxe. A masa total do conxunto era de 4650 kg, propelente incluído. Medían 4,1 m de altura, 5,9 m de envergadura e tiñan unha base cun diámetro de 2 m. A masa do orbitador solo era de 3440 kg, propelente incluído, mentres que a da sonda de aterraxe era de 1210 kg.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
10 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº1 Fallo O foguete puxo correctamente en órbita terrestre á sonda e á última etapa do foguete, que debía impulsala definitivamente a Marte, pero non chegou a acenderse de novo, co que reentrou na atmosfera dous días despois.
19 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº2 (Mars 2) Éxito A sonda chegou a Marte e o módulo orbital estivo recollendo datos durante meses, aínda que a sonda de aterraxe estrelouse contra o solo.
28 de maio de 1971 Cosmódromo de Baikonur Mars M-71 Nº3 (Mars 3) Éxito A sonda chegou a Marte e o módulo orbital estivo recollendo datos durante meses; a sonda de aterraxe chegou a pousarse no solo, pero deixou de transmitir aos 20 segundos da chegada á superficie.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "Mars M-71" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars 2, 3 (Mars M71 #1, #2, #3)" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]