Marroquina
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Concello | Madrid | ||||
| Distrito | Moratalaz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 27.422 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1,789256 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
Marroquina é un barrio administrativo de Madrid (España), situado no distrito de Moratalaz, ao leste do municipio. Ten unha superficie de 1,79 km² e un perímetro aproximado de 6747 metros.
Zona predominantemente residencial, conta con zonas verdes como o parque da Cuña Verde de O'Donnell (que separa as vivendas do barrio da M-23), o de Moratalaz ou os xardíns de Dionisio Ridruejo. En xaneiro de 2022 contaba cunha poboación de 26.402 habitantes. Limita ao oeste co barrio de Media Legua, ao leste con Horcajo e ao sur con Vinateros.
Marroquina, ao parecer un pequeno arroio que desembocaba no arroio da Media Legua, aparece sinalado como lugar no mapa do Instituto Xeográfico Nacional de 1862. A urbanización do barrio remóntase á década de 1960.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marroquina |
