Marqués de La Fayette
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Marqués de La Fayette | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marie-Joseph Paul Yves Roch Gilbert du Motier |
Alcume | Marqués de La Fayette |
Nacemento | 6 de setembro de 1757 |
Lugar de nacemento | Chavaniac-Lafayette |
Falecemento | 20 de maio de 1834 e 19 de maio de 1834 |
Lugar de falecemento | former 1st arrondissement of Paris |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Picpus Cemetery |
Nacionalidade | Francia e Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de París, Lycée Louis-le-Grand e College Duplessis |
Ocupación | oficial, político, aristócrata e army officer |
Pai | Michel du Motier, Marquis de La Fayette |
Nai | Marie Louise Jolie de La Rivière |
Cónxuxe | Adrienne de La Fayette |
Fillos | Georges Washington de La Fayette, Henriette du Motier de Lafayette, Anastasie du Motier de Lafayette e Virginie du Motier de Lafayette |
Premios | Knight of the Royal and Military Order of Saint Louis, Nomes inscritos no Arco do Triunfo, honorary citizen of the United States, Godfather promotion of Special Military School of Saint-Cyr e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marie-Joseph Paul Yves Roch Gilbert du Motier, Marqués de La Fayette, tamén coñecido como Marqués de La Fayette, nado no Castelo de Chavaniac o 6 de setembro de 1757 e finado en París o 20 de maio de 1834, foi un oficial francés que participou nas revolucións francesa e americana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]
Marie-Joseph Paul du Motier procedía dunha familia nobre. O seu pai morreu en Minden (Alemaña) en 1759, e a súa nai, como tamén o seu avó, en 1770. Á idade de 13 anos, atopouse orfo e cunha gran fortuna. Con 16 anos, casou con Marie Adrienne Francoise de Noailles (? - 1807), filla do duque de Ayen e neta do duque de Noailles, unha das familias máis influentes do reino. La Fayette elixiu entón seguir unha carreira militar como o seu pai.
Independencia dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]
La Fayette ingresou nas filas do exército real en 1772, tiña 19 anos o novo capitán de dragóns cando as colonias inglesas de Norteamérica declaran a súa independencia. En abril de 1777, facendo fronte á prohibición do rei, embarcouse cara a América. Logo dunha viaxe de dez meses, recala en Filadelfia, sede do goberno colonial.
Incorporouse non sen dificultade ao exército dos Estados Unidos co grao de xeneral maior. O seu rol militar interrompeuse por un lapso de 6 meses porque George Washington lle encomendou a misión de convencer ao rei de Francia para que enviara un continxente militar numeroso.
Acollido calorosamente, recoñéceselle o título de coronel de cabalería. De volta aos Estados Unidos en 1780 a bordo de "L'Hermione", Wáshington déixao como comandante das tropas de Virxinia. Participou en 1781 na decisiva batalla de Yorktown, que conduciu á capitulación de Cornwallis.
Retorno a Francia[editar | editar a fonte]
Retorna a Francia en 1782, co grao de Mariscal de Campo. En 1789 foi elixido deputado polo brazo nobiliario para os Estados Xerais dos que xurdiu a Revolución. Adherido desde o comezo á causa revolucionaria, o seu prestixio como defensor da liberdade na pasada guerra contra Gran Bretaña fixo que fose nomeado presidente da Asemblea Nacional e comandante da Garda Nacional.
Durante os primeiros anos da Revolución o «heroe de dous mundos» foi moi popular, ao encarnar á nobreza liberal e o brazo armado do novo réxime; pero tivo tamén un papel de moderador, defendendo o mantemento da monarquía constitucional e impedindo os ataques contra a familia real. En 1791 foi el quen trouxo a París ao rei, sorprendido en Varennes cando intentaba fuxir de Francia; pero, dise, do cal non hai certeza, que foi el quen ordenou disparar sobre as masas de manifestantes que, como consecuencia, pedían o seu destronamento (matanza do Campo de Marte).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Marqués de La Fayette |