Maroxo, Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maroxo
Igrexa de Santa María de Maroxo.
ConcelloArzúa[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′15″N 8°08′50″O / 42.88759932, -8.14734685Coordenadas: 42°53′15″N 8°08′50″O / 42.88759932, -8.14734685
Área4,4 km²
Poboación74 hab. (2018)
Densidade16,82 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Maroxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 74 habitantes (43 homes e 31 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe toponímica é dubidosa, se ben se aceptan como posibles varias teorías, entre as máis destacadas están o antropónimo "Maro" de orixe celta e a súa posterior latinización como "Marogium", que rematou desembocando en "Maroxo". Outra orixe podería ser "Marouço", que vén do portugués, significando "monte empedrado preparado para o cultivo".[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa parroquial de Santa María de Maroxo (pertencente á diocese de Santiago de Compostela) é un templo que data do século XIX, de estilo románico, que consta dunha soa nave e tellado a dúas augas. Está rodeada por un atrio-cementerio pechado por un muro de mampostería e unha cancela de ferro. O edificio está construído con mampostería, con elementos de granito en marqueados e esquinas das paredes. Ten unha sancristía acaroada á ábsida no lado esquerdo, e un retablo que data do tamén século XIX, así coma un arco de medio punto que apuntala e estreita a parte do prebisterio do resto da nave. Consta tamén de forxados, tribuna e teitume de cemento armado.[3]
  • Casa grande de Maroxo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Maroxo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Maroxo no concello coruñés de Arzúa

A Cal | Castrillón | Cima de Vila | O Escalleiro | Fondevila | Fonte da Vila | Fontelas | A Igrexa | Maroxo de Abaixo | Maroxo de Arriba | Masusao | O Outeiro | A Pena | O Penedo | O Pumar | San Miguel | San Migueliño | O Vilar | A Xunqueira

Parroquias de Arzúa[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa

Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]