Markoosie Patsauq
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de maio de 1941 Inukjuak |
| Morte | 8 de marzo de 2020 Inukjuak |
| Grupo étnico | Inuit |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura e novela |
| Ocupación | escritor, novelista, aviador |
Markoosie Patsauq (en inuktitut: ᒫᑯᓯ ᐸᑦᓴᐅᖅ), nado en Inukjuak (Nunavik, Quebec)[1][2] o 24 de maio de 1941 e finado ibídem o 8 de marzo de 2020, foi un escritor inuk. É coñecido por ser o autor de Harpoon of the Hunter (en inuktitut: ᐊᖑᓇᓱᑦᑎᐅᑉ ᓇᐅᒃᑯᑎᖓ), a primeira novela publicada en lingua inuktitut novel; a novela foi escrita máis tarde, pero publicada antes (1970), que Sanaaq de Mitiarjuk Nappaaluk.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu preto de Inukjuak, no Quebec,[4] a súa foi unha das familias trasladadas á forza a Resolute, Territorios do Noroeste, durante a relocalización do Alto Ártico de 1953.[5] Máis tarde asistiu ao instituto en Yellowknife.[6]
Patsauq escribiu a historia de "Harpoon of the Hunter" en 1969 cando traballaba como piloto (sendo o primeiro piloto inuk no Canadá), usando material que escoitara de membros da súa familia.[7] Publicouse serializado na revista inuit "Inuttituut" antes de ser publicado nunha tradución ao inglés en 1970.[6] En ucraíno, a historia publicouse por primeira vez en 1974 pola editorial Veselka (Arco da Vella). Publicouse unha tradución ao francés en 2013, e as traducións ao hindi e ao marathi seguiron en 2015.[8][9]Tamén escribiu relatos e non ficción, aínda que ningunha das súas outras obras foi tan recoñecida como "Harpoon of the Hunter".[4]
En 2016, Valerie Henitiuk estaba a estudar como puido cambiar o significado da historia orixinal escrita en inuktitut cando foi traducida ao inglés; as traducións posteriores baseáronse nesa tradución ao inglés.[10] Xunto con Marc-Antoine Mahieu (afiliado ao NALCO) e en colaboración con Patsauq, Henitiuk realizou en 2021 a primeira edición crítica completa de "Umarjursiutik unaatuinnamut" de Patsauq de 1969-70 publicada como "Hunter with Harpoon/Chasseur au Harpon".[11]
Faleceu en marzo de 2020 na súa casa en Inukjuak.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Patsauq, Markoosie | Inuit Literatures ᐃᓄᐃᑦ ᐊᓪᓚᒍᓯᖏᑦ Littératures inuites". inuit.uqam.ca. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Markoosie". Oxford Reference.
- ↑ Martin, Keavy (17 de xaneiro de 2014). "Southern readers finally get a chance to read Mitiarjuk Nappaaluk, the accidental Inuit novelist". The Globe and Mail. Consultado o 18 de outubro de 2014.
- 1 2 3 "Markoosie Patsauq, first Inuit novelist, lived the history of his people". CBC North, 20 de abril de 2020.
- ↑ "Markoosie Patsauq – His Story". Iqqaumavara (dir. Marquise Lepage), 2013.
- 1 2 "MARKOOSIE, 1942-: LMS-0017". Collections Canada.
- ↑ "Edmonton researcher studying versions of first Inuit novel | Globalnews.ca". globalnews.ca (en inglés). 2016-11-13. Consultado o 2019-08-13.
- ↑ "Harpoon of the hunter in Hindi | Inuit Literatures ᐃᓄᐃᑦ ᐊᓪᓚᒍᓯᖏᑦ Littératures inuites". inuit.uqam.ca. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Harpoon of the hunter in Marathi | Inuit Literatures ᐃᓄᐃᑦ ᐊᓪᓚᒍᓯᖏᑦ Littératures inuites". inuit.uqam.ca. Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Edmonton researcher studying versions of first Inuit novel". Global News (en inglés). 13 de novembro de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2019.
- ↑ Patsauq, Markoosie (2021). Uumajursiutik unaatuinnamut / Hunter with Harpoon / Chasseur au harpon (en inglés). McGill-Queen's Press - MQUP. ISBN 978-0-2280-0503-2.