Marko Todorović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marko Todorovic")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marko Todorović
Real Madrid-FC Barcelona mayo 2013CropedtodorovicP1070757.jpg
Divina Seguros Joventut  – No. 11
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 19 de abril de 1992 (27 anos)
RFS Iugoslavia Podgorica, Iugoslavia
Nacionalidade Montenegro Montenegro
Altura 2,10 m (6 ft 10.75 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por Portland Trail Blazers
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Joventut Badalona (2010–2012)
Prat Joventut (2010–2012)
FC Barcelona (2012–2015)
Bilbao Basket (2014–2015)
Khimki (2015–2018)
Joventut Badalona (2018–presente)
Premios e galardóns
Campión ACB (2014)
Campión Copa do Rei (2013)

Marko Todorović, nado o 19 de abril de 1992 en Podgorica, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga para o Divina Seguros Joventut da Liga ACB. Cunha estatura de 2,10 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Todorović xogou nas categorías inferiores do KK Joker montenegrino, e do Joventut Badalona español. De 2010 a 2012, xogou no segundo equipo do Joventut, o CB Prat. De 2011 a 2012 xogou tamén na Liga ACB co primeiro equipo. Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ó FC Barcelona.[1]

O 27 de xuño de 2013, Todorović foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Portland Trail Blazers. O 10 de xullo de 2013, os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos ós Houston Rockets coma parte do traspaso por Thomas Robinson.[2]

Para a tempada 2014-15, Todorović foi cedido ó Bilbao Basket.[3] O 31 de marzo de 2015, foi elixido Xogador do Mes da Liga ACB do mes de marzo.[4]

O 14 de xullo de 2015, asinou un contrato de tres anos co BC Khimki ruso.[5]

O 28 de setembro de 2018, anunciouse o seu regreso ó Joventut Badalona tras asinar por unha tempada.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Euroleague.net FC Barcelona Regal gets young prospect Todorovic.
  2. "TRAIL BLAZERS ACQUIRE THOMAS ROBINSON FROM HOUSTON". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  3. Marko Todorovic, cedido al Bilbao Basket
  4. "Marko Todorovic, MVP del mes de marzo". acb.com. 31 de marzo de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015. 
  5. "Khimki inks center Todorovic". Euroleague.net. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  6. Marko Todorovic vuelve a la Penya: ficha hasta final de temporada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]