Marko Luković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marko Luković
Río Breogán  – No. 17
Información persoal
Nacemento 26 de maio de 1992 (31 anos)
Belgrado, Serbia
Altura 2,07 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 92 kg (203 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: Non drafteado
Internacional Serbia Serbia
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Mega Vizura (2009–2014) KLS / ABA
TBB Trier (2014–2015) BBL
MZT Skopje (2015–2016) ABA
Krka Novo Mesto (2015–2016) 1. A / ABA
UCAM Murcia (2017–2018) ACB
ESSM Le Portel (2018) LNB Pro A
Bàsquet Manresa (2018–2019) ACB
Igokea (2019) ABA
Koper Primorska (2019–2020) 1. A / ABA
Split (2020–2021) HTPL / ABA
Río Breogán (2021− ) ACB

Marko Luković (en serbio: Марко Луковић), nado o 26 de maio de 1992 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Mega Vizura de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,07 m, xoga na posición de ala-pivote.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Belgrado, Serbia, Luković formouse nas categorías inferiores dun dos clubs máis prestixiosos da súa cidade natal, o KK Mega Leks. No club belgradino debutou como profesional en marzo de 2009. Alí xogaría outras sete temporadas, asinando en 2014 co TBB Trier da Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Após a finalización da temporada, asina polo KK MZT Skopje macedonio, onde xoga na Liga do Adriático alén de na competición local. Co MZT consegue ser campión de Liga e Copa, competición na que foi escollido como mellor xogador.[3]

Na temporada 2016−17 asina co KK Krka de Novo Mesto, Eslovenia, onde foi un dos mellores xogadores da Liga do Adriático, sendo o quinto máis valorado (17,3), o cuarto máis anotador (16,8) e o terceiro máis reboteador (7,3). A boa temporada fai que chame a atención do UCAM Murcia da Liga ACB, porén a mala situación tanto do xogador como do equipo levano a rescindir o seu contrato co equipo e asinar polo ESSM Le Portel da LNB Pro A. Na seguinte temporada xoga para o Bàsquet Manresa, aínda que en xaneiro regresa á Liga ABA da man do Igokea, onde fai unha media de 12,6 puntos e 3,9 rebots por encontro. Nas dúas seguintes temporadas non se move da liga adriática, xogando para o Koper Primorska e para o Split, onde fai unha media de 15,3 puntos, 4,6 rebotes e 3,0 asistencias por encontro. O 28 de xullo de 2021 regresa á Liga ACB asinando polo Río Breogán da Liga ACB.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Luković ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Marko Lukovic, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 28 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Marko Lukovic, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  3. Miljanić, Đorđe (22 de febreiro de 2016). "MZT-u Kup, Luković MVP". mvp.rs (en serbio). Consultado o 30 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]