Mark Wheelis
Mark Wheelis | |
---|---|
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | microbiólogo |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Mark Wheelis é un microbiólogo estadounidense que actualmente traballa na Universidade de California, en Davis.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de California, Berkeley. En 1965 graduouse en ciencias biolóxicas. En 1967 fixo un máster en microbioloxía. En 1969 conseguiu o seu doutoramento en bacterioloxía.
Xuntamente con Carl Woese e Otto Kandler, foi un dos descritores do terceiro dominio da vida, o das arqueas (ou arqueobacterias).
Tamén é un experto en armas biolóxicas.
Os seus especiais intereses en investigación son:
- A historia da guerra biolóxica.
- O control das armas biolóxicas, e
- a filoxenia dos microorganismos.
Referencia[editar | editar a fonte]
- Páxina web do doutor Mark Wheelis (en inglés) Consultada o 6 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Prokaryotic Small RNA Biology en Max Planck Institute for Terrestrial Microbiology. (en inglés) Consultada o 6 de agosto de 2014.
![]() |
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |