Mark Rutte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Rutte
Primeiro ministro dos Países Baixos
Período14 de outubro de 2010 - actualidade
AntecesorJan Peter Balkenende
Datos persoais
Nacemento14 de febreiro de 1967
 A Haia, Países Baixos
OrganizaciónVolkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD
Alma máterUniversidade de Leiden e IMD Business School
Profesiónhistoriador e político
RelixiónIgreja Protestante na Holanda
Na rede
IMDB: nm2265302 Facebook: markrutte Twitter: markrutte Instagram: markopinsta LinkedIn: mark-rutte Youtube: UCz7YL5iM1BEAC3gwvxDvXlQ Musicbrainz: 58b5875c-ce12-4a1e-b78f-354dc9d22591 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mark Rutte, nado na Haia o 14 de febreiro de 1967, historiador e político, é o actual primeiro-ministro dos Países Baixos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mark Rutte naceu na Haia o 14 de febreiro de 1967 no seo dunha familia fiel á igrexa reformada neerlandesa. Eles militaban no Partido Anti Revolucionario e logo na Chamada Democristiana.

Ruttegraduouse en Historia dos Países Baixos na Universidade de Leiden en 1992. Mentres estudaba na universidade, el formou parte da Xunta Directiva da organización xuvenil do Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (VVD polas súas siglas en neerlandés), un partido liberal de centro-dereita; sendo presidente desa rama xuvenil entre 1988 e 1991.

O mesmo ano da súa graduación na universidade, 1992, Rutte entrou a traballar na empresa multinacional de capital británico e neerlandés Unilever; ocupándose da formación e capacitación do persoal, e participando en varias reorganizacións, ata o 1997 cando foi ascendido a xefe de persoal ao servizo de Van den Bergh Netherlands. No 2000 Rutte foi designado para o Grupo Corporativo de Recursos Humanos. No 2002 el foi nomeado Director de Recursos Humanos de IGLOMora Groep BV, unha subsidiaria de Unilever.

Paralelamente Rutte proseguía coa súa carreira política como membro da Xunta Directiva do VVD entre 1993 e 1997; e no 2002 foi membro do comité do partido encargado dos nomeamentos para as eleccións parlamentarias dese ano.

O 22 de xullo do 2002 Rutte foi nomeado Secretario de Estado (cargo equivalente a viceministro na estrutura constitucional neerlandesa) de Asuntos Sociais e Emprego; permaneceu nese cargo ata o 16 de xuño do 2004. Entre o 16 de xuño do 2004 e o 27 de xuño do 2006 foi Secretario de Estado de Educación, Cultura e Ciencia. O 2010 tornouse o primeiro liberal elixido primeiro ministro en 92 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Primeiro ministro dos Países Baixos

Segue a:
Jan Peter Balkenende
Mark Rutte
(2010-presente)

Precede a:
en funcións
'Volkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD