Mark Ronson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mark Ronson
Mark Ronson and Jennifer Su, 2011 (cropped).jpg
Ronson en 2011
Nome completoMark Daniel Ronson
Data nacemento4 de setembro de 1975 (47 anos)
Nado enNotting Hill
CónxuxeJoséphine de La Baume e Grace Gummer
IrmánsCharlotte Ronson e Samantha Ronson
Ocupaciónmúsico, DJ, compositor, produtor musical
Relacionado conAmy Winehouse, Adele, Bruno Mars, Daniel Merriweather, Diplo, Duran Duran, Kevin Parker, Lady Gaga, Lily Allen, Robbie Williams, Miley Cyrus, Wale
Tempo en activo1993 - presente
Na rede
markronson.co.uk
IMDB: nm1053148 Facebook: markronson Twitter: MarkRonson Instagram: iammarkronson MySpace: markronson Youtube: UCSY5V7BJSrxNvvBF0Drslow TikTok: markronson TED: mark_ronson Souncloud: markronson Spotify: 3hv9jJF3adDNsBSIQDqcjp iTunes: 14400049 Last fm: Mark+Ronson Musicbrainz: c3c82bdc-d9e7-4836-9746-c24ead47ca19 Songkick: 296466 Discogs: 151634 Allmusic: mn0000237773 Deezer: 13204 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mark Daniel Ronson, nado o 4 de setembro de 1975, é un músico, DJ, compositor e produtor musical británico.[2] Ronson é coñecido sobre todo polas súas colaboracións con artistas como Amy Winehouse, Lady Gaga, Adele, Lily Allen, Robbie Williams, Miley Cyrus, Queens of the Stone Age e Bruno Mars. Ronson recibiu sete premios Grammy, incluído o premio ao produtor do ano polo seu traballo co álbum de Amy Winehouse Back to Black, e dous premios á gravación do ano polos sinxelos "Rehab" e "Uptown Funk".[1] Tamén gañou un Óscar, un Golden Globe Award e un Grammy por co-escribir a canción "Shallow" para o filme A Star is Born (2018).[1][2]

Ronson naceu en Londres e medrou en Nova York. O seu padrastro é o guitarrista de Foreigner Mick Jones, que axudou a que durante a súa infancia vivise rodeado pola música. Mentres estudaba na Universidade de Nova York, Ronson converteuse nun popular DJ na escena hip hop. O seu álbum de estrea, Here Comes the Fuzz (2003), non chegou a entrar nas listas. En 2006 foi aclamado por producir álbums para Lily Allen, Christina Aguilera e Amy Winehouse. En 2007 Ronson publicou o seu segundo disco, Version. Desta vez o álbum chegou ao número 2 no Reino Unido, entrando tres dos seus sinxelos no top 10 e gañando o Brit Award ao mellor artista británico masculino.[3] Posteriormente lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Record Collection, que tamén chegou ao número 2 do Reino Unido.[3]

En 2014 Ronson publicou o seu sinxelo "Uptown Funk" con voces de Bruno Mars. O sinxelo pasou 14 semanas seguidas no número 1 da lista Billboard Hot 100, sete non consecutivas no número 1 da lista británica de sinxelos e converteuse nun dos sinxelos máis vendidos de todos os tempos.[3] O seu cuarto álbum de estudio, Uptown Special, converteuse no seu disco máis exitoso ata a data. En 2018 fundou o seu propio selo, Zelig Records (filial de Columbia Records), e fundou o dúo Silk City co produtor Diplo, co cal recibiu o Grammy Award á mellor gravación de dance pola canción "Electricity".[1]

Ademais do seu traballo no mundo do entretemento Ronson usa a súa influencia creativa para axudar aos demais. En 2015 converteuse en patrocinador da Amy Winehouse Foundation, que axuda a mozos marxinados a través da música.[4] Tamén traballou coa campaña End the Silence para conseguir cartos para a asociación benéfica Hope and Homes for Children e recentemente converteuse en artista mentor no Turnaround Arts, un programa nacional do John F. Kennedy Center para as artes escénicas, que axuda a escolas de baixo rendemento a través da educación en artes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Mark Ronson". GRAMMY.com (en inglés). 2020-05-19. Consultado o 2020-07-07. 
  2. "Mark Ronson". IMDb. Consultado o 2020-07-07. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Mark Ronson | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com. Consultado o 2020-07-07. 
  4. "Mark Ronson and Nas are now patrons for the Amy Winehouse Foundation". Metro (en inglés). 2015-10-15. Consultado o 2020-07-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]