Mariscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centola da ría

Unha mariscada é unha comida constituída fundamentalmente por marisco[1]. É típico da cociña costeira de Galiza.[2] A súa popularidade pode atoparse noutras zonas peninsulares e estranxeiras (especialmente Francia).[3] Aplícase tamén a denominación mariscada a aquelas comidas nas que o prato principal ou central do menú é o marisco (indiferentemente de cal for este), sen que inflúa o tipo de recipiente que se use para tal efecto, nin todo o marisco deba ir nesa bandexa. Quizais os máis comúns sexan a centola, a nécora, o percebe, o lagostino e a cigala.

A mariscada galega[editar | editar a fonte]

O marisco cocido adóitase servir enteiro ou partido en anacos. Porén existe un tipo común de mariscada na que si vén presentado todo na mesma bandexa, tamén coñecida en ocasións coma grellada de mariscos, que, como o seu nome indica, é un variado (variábel segundo a zona e o gusto dos cociñeiros e/ou comensais) de mariscos elaborados á grella. É un prato que non resulta económico, mais é de grande efectividade, resultando agradábel aos sentidos; sacia o apetito. Non se trata dunha preparación idónea nos meses de verán, malia ser moi consumida por mor da arribada de turismo ás costas galegas.[3] A tempada do marisco coincide co inverno. Non é común acompañar os mariscos tradicionalmente con mollos, agás as ostras que son adubadas con limón, as vieiras e as ameixas con diferentes mollos e os lagostinos e lagostas con maionesa. É común acompañar a mariscada de arroces caldosos e viños brancos diversos, coma o albariño.

Mariscos incluídos[editar | editar a fonte]

A mariscada consiste nunha gran bandexa con mariscos variados; unha mariscada pode contar, entre outros, con:

Fruits de mer[editar | editar a fonte]

Fruits de mer servidos en Etretat, Normandía.

Un plateau de fruits de mer («froitos do mar» en francés)[4] é o equivalente francés a unha mariscada, e consiste, ao igual que o galego, nun variado de mariscos crus ou cocidos presentados sobre unha fonte.

Os fruits de mer inclúen todos os mariscos dispoñíbeis en Francia, e case exclusivamente se serven en frío. Segundo autores anglosaxóns úsanse algúns mollos para acompañalo, polo xeral salsa cóctel ou salsa rosa, salsa mignonette e limón.[5] En Francia acompáñanse tradicionalmente de limón, maionesa e manteiga (doce ou salgada) untada en pan de centeo. Preséntanse nunha bandexa cun leito de xeo e algas. Adoitan ser bandexas moi enfeitadas e elaboradas, contendo múltiples fileiras. Isto é tanto polo efecto visual, como porque os mariscos normalmente sérvense na súa cuncha, ou sobre a metade desta, o que causa que ocupen un grande espazo e só conteñan un ou dous bocados de carne. Acompáñanse cun viño branco seco.

Mariscos incluídos[editar | editar a fonte]

Un prato de fruits de mer pode incluír algúns ou todos da listaxe a seguir, dependendo das preferencias e a preparación:[6]

Esta lista non é extensiva e varía ademais en función do marisco apañado ou pescado en cada rexión marítima. Un plateau de fruits de mer inclúe tamén frecuentemente:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Mariscada.
  2. Cunqueiro, Álvaro (2004). La Cocina de Galicia (en español) (primeira ed.). Galaxia. p. 70. ISBN 84-8288-706-8. 
  3. 3,0 3,1 Sueiro, Jorge Víctor (1981). "La mariscada". En Penthalon. Manual del Marisco (primeira ed.). Madrid. pp. 104–112. ISBN 9788485337491. 
  4. «fruits de mer» Epicurious (en inglés) Consultado 30 de decembro de 2009
  5. Flay, Bobby. «Plateau Fruits de Mer» Food Network (en inglés) Consultado 30 de decembro de 2009
  6. Allart, Sinead «Plateau de fruits de mer» Arquivado 26 de agosto de 2014 en Wayback Machine. greatfood.ie (en inglés) Consultado 30 de decembro de 2009