Marisa Vidal Collazo
(2022) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1966 Corme Porto |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Pontificia Comillas |
| Actividade | |
| Ocupación | mestra, activista polos dereitos das mulleres, escritora, teóloga |
María Luísa Vidal Collazo, máis coñecida como Marisa Vidal Collazo, nada en Corme en 1966,[1] é unha profesora, escritora, teóloga e feminista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no IES Rosalía de Castro de Santiago, licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Ciencias Relixiosas na Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE.
É profesora de Relixión Católica e Física e Química en educación Secundaria. Foi coordenadora da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e participante na Rede Galega en apoio a Persoas refuxiadas, na Red Miriam ou na Asociación de Teólogas Españolas.[2]
Foi secretaria da mesa de redacción da revista Encrucillada na que escribiu sobre relixión, galeguismo e femininismo.[3] Tamén colaborou en Irimia, Andaina e Nós Diario.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martín, Irene (2021-03-15). "Marisa Vidal: «As mulleres queremos formar parte da toma de decisións na Igrexa»". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Evento: Mujeres líderes: diálogos en linea por un futuro igualitario- Marisa Vidal Collazo Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Marisa Vidal Collazo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-04-19.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Eu son Exeria. lectura feminista dunha viaxe no século IV". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ Nicolás, Ramón (2022-04-30). "Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Fallo do XVI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas” Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia". copgalicia.gal. Consultado o 2024-12-10.[Ligazón morta]