Mariola Sampedro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1988 |
| 13 de outubro de 2025 – ← Luís Pérez Barral | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade San Pablo CEU |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
María José Sampedro Fernández, chamada Mariola Sampedro, nada cara a 1988[1], é unha política galega conservadora, alcaldesa de Ribeira desde 2025 polo PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xornalismo na Universidade San Pablo CEU de Madrid (privada, católica), e obtivo un mestrado en Dirección de Comunicación, Relacións Públicas e Protocolo[1]. Viviu en Madrid varios anos, onde estivo afiliada ao PP[1], e onde traballou en prácticas para o medio dixital de dereita e ultradereita Intereconomía[2]. Regresou a Ribeira en 2014 para facerse cargo da xefatura de gabinete do alcalde, Ruiz Rivas.
Deu o salto á política na parte pública logo das eleccións municipais de 2019, cando foi unha das novidades da candidatura de Ruiz Rivas. O PPdeG gañou as eleccións e Sampedro ocupou a primeira tenza de alcaldía. Logo das eleccións municipais de 2023 o PPdeG de Sampedro pasou á oposición, mais recuperou a alcaldía en outubro de 2025[3] logo dunha moción de censura contra o alcalde nacionalista Luís Pérez Barral, apoiada polos votos do PPdeG e dalgúns concelleiros do partido conservador local PBBI.[4][5]
| Predecesor: Luís Pérez Barral |
Alcaldesa de Ribeira 2025 - |
Sucesor: no cargo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Ten colaborado coa Asociación Española Contra el Cáncer[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ramón Doval y Mariola Sampedro serán dos de los baluartes en la candidatura de Ruiz a la reelección". Diario de Arousa (en castelán). 30 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "María José Sampedro Fernández". Linkedin.
- ↑ Manteiga Outeiro, Marcos (2025-10-13). "Los independientes entregan al PP la alcaldía de Ribeira tras salir adelante la moción de censura". El Correo Gallego (en castelán).
- ↑ Uxía Vidal (9 de outubro de 2025). "Tania Redondo abandona o PBBI e confirma as presións do seu grupo para apoiar a moción de censura". Canal Rías Baixas.
- ↑ Uxía Vidal (13 de outubro de 2025). "Prospera a moción de censura contra Luís Pérez Barral". Canal Rías Baixas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]