Mario Kart Wii
| Mario Kart Wii | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Mario Kart Wii é un videoxogo de carreiras desenvolvido por Nintendo. Anunciado na E3 2007 para a consola Wii, foi lanzado en abril de 2008.[1][2] É o sexto xogo da franquía Mario Kart.
Tal como nas edicións anteriores, Mario Kart Wii incorpora personaxes xogábeis da serie Mario que participan en carreiras de karts en 32 pistas diferentes utilizando power-ups para prexudicar os adversarios ou gañar vantaxes.
O xogo recibiu críticas positivas após o lanzamento, con eloxios ao modo online, aos personaxes, á xogabilidade, as pistas e aos karts, aínda que houbese críticas á súa IA e dificultade. Posúe varios modos dun xogador e multixogador, incluíndo unha pantalla dividida para catro persoas. O multixogador online vía Nintendo Wi-Fi Connection estaba dispoñíbel no lanzamento. Mario Kart Wii inclúe un novo accesorio para a Wii, o Wii Wheel, semellante a un volante dun automóbil. Este accesorio permite un control máis intuitivo e convencional na hora de xogar.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Mario Kart Wii é un xogo de karts con modos dun xogador e multixogador. Os xogadores controlan unha das varias personaxes seleccionábeis da franquía Mario e participan en carreiras ou batallas utilizando karts ou motocicletas en percorridos temáticos baseados en niveis e fases da franquía Mario. Durante o xogo, o xogador ve a acción nunha perspectiva de terceira persoa. O xogador pode realizar manobras ao conducir que producen impulsos de velocidade, como derrapaxes.[3]
Durante a condución, o xogador recolle power-ups de caixas de ítems colocadas en varios puntos da pista. Estes power-ups permiten ao xogador atacar os adversarios, facendo que estes desaceleren ou perdan o control da dirección; que se defendan contra os ataques, ou gañen impulsos en velocidade.
Modos de xogo
[editar | editar a fonte]- Grand Prix (Gran Premio): O xogador compite nunha copa contra 11 xogadores, podendo utilizar ítems para bater un ou todos os xogadores, co propósito de chegar en primeiro e ser o campión da copa. Ao final, o xogador recibe unha puntuación polo seu desempeño que é utilizada para poder desbloquear novos karts e personaxes.
- Time Trial (Contra o reloxo): Modo onde o xogador corre contra o reloxo nunha pista completamente baleira. A pesar de poder aparecer pantasmas correndo pola pista, son, na verdade, as marcas, sexan doutros xogadores (descargados pola Internet) sexa polo propio equipo de Nintendo (staff ghost) que xa correron pola pista, estas pantasmas serven para incentivar o xogador a bater a marca da pista.
- Battle (Batalla): Os xogadores son divididos en dous equipos para competiren entre si un tempo límite, os ítems afectan o equipo rival e non o propio.
- Competition (Competición): O xogador compite nunha competición en liña que envolve misións con obxectivos específicos.
O xogo tiña un modo online a través do servizo Nintendo Wi-Fi Connection. Neste modo o xogador podía xogar a carreiras contra outros xogadores en todo o mundo, engadir amigos, xogar modos de batalla ou recibir pantasmas para o modo Time Trial.[4] A función foi descontinuada en maio de 2014, xuntamente con outros xogos da Wii e Nintendo DS que soportaban o xogo online.[5]
Pistas
[editar | editar a fonte]O xogo conta con 32 circuítos e 10 arenas de batalla.[6]
Circuítos
[editar | editar a fonte]| Copa | Nome inglés oficial | Tradución galega
(* = adaptación do portugués) |
|---|---|---|
| Mushroom
(Cogomelo) |
Luigi Circuit | Circuíto do Luigi* |
| Moo Moo Meadows | Prado Mu Mu* | |
| Mushroom Gorge | Barranco Cogomelo* | |
| Toad's Factory | Fábrica do Toad* | |
| Flower
(Flor) |
Mario Circuit | Circuíto do Mario* |
| Coconut Mall | Centro Comercial Coco* | |
| DK's Snowboard Cross | Pico DK* | |
| Wario's Gold Mine | Mina de Ouro do Wario* | |
| Star
(Estrela) |
Daisy Circuit | Circuíto da Daisy* |
| Koopa Cape | Cabo Koopa* | |
| Maple Treeway | Pista de Árbores* | |
| Grumble Volcano | Volcán Roñón* | |
| Special
(Especial) |
Dry Dry Ruins | Ruínas Desertas* |
| Moonview Highway | Autoestrada ao Luar* | |
| Bowser's Castle | Castelo do Bowser* | |
| Rainbow Road | Estrada Arco Iris* | |
| Shell
(Carapa) |
GCN Peach Beach | GCN Praia Peach* |
| DS Yoshi Falls | DS Cataratas do Yoshi | |
| SNES Ghost Valley 2 | SNES Vale Pantasma* | |
| N64 Mario Raceway | N64 Pista do Mario* | |
| Banana
(Banana) |
N64 Sherbet Land | N64 Circuíto Xeado* |
| GBA Shy Guy Beach | GBA Praia Masquito | |
| DS Delfino Square | DS Praza Delfino | |
| GCN Waluigi Stadium | GCN Estadio Waluigi* | |
| Leaf
(Folla) |
DS Desert Hills | DS Outeiros Desérticos* |
| GBA Bowser Castle 3 | GBA Castelo do Bowser 3* | |
| N64 DK's Jungle Parkway | N64 Parque da Selva do DK | |
| GCN Mario Circuit | GCN Circuíto do Mario* | |
| Lightning
(Lóstrego) |
SNES Mario Circuit 3 | SNES Circuíto do Mario 3* |
| DS Peach Gardens | DS Xardín da Peach* | |
| GCN DK Mountain | GCN Montaña DK* | |
| N64 Bowser's Castle | N64 Castelo do Bowser* |
Arenas
[editar | editar a fonte]| Arenas | Nome inglés oficial | Tradución galega
(* = adaptación do portugués) |
|---|---|---|
| Wii | Block Plaza | Praza dos Bloques |
| Delfino Pier | Embarcadoiro Delfino | |
| Funky Stadium | Estadio Funky | |
| Chain Chomp Roulette | Ruleta Corrente Dentada | |
| Thwomp Desert | Deserto do Granitón | |
| Retro | SNES Battle Course 4 | SNES Batalla 4* |
| GBA Battle Course 3 | GBA Batalla 3* | |
| N64 Skyscraper | N64 Rañaceos | |
| GCN Cookie Land | GCN Biscoitolandia* | |
| DS Twilight House | DS Casa Crepuscular* |
Recepción
[editar | editar a fonte]O xogo recibiu críticas positivas, cunha media de 82 no Metacritic.[7] A Eurogamer deulle unha puntuación de 8/10 eloxiando a Wii Wheel como «ergonómicamente brillante» a pesar de ser inútil.[8] A IGN deulle unha puntuación de 8,5/10 dicindo que a pesar de non ser o mellor Mario Kart, era excelente no que toca ao online.[9] A Nintendo Life deulle unha puntuación de 9/10.[10] Mario Kart Wii vendeu 37,38 millóns de copias, sendo o segundo xogo máis vendido da Wii, despois do Wii Sports, e o xogo de Mario máis vendido da Wii.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mario Kart Wii details". Eurogamer.net (en inglés). 2007-12-17. Consultado o 2025-06-12.
- ↑ "マリオカートWii". www.nintendo.co.jp. Consultado o 2025-06-12.
- ↑ Casamassina, Matt (2008-03-11). "More Mario Kart Wii Impressions". IGN (en inglés). Consultado o 2025-06-12.
- ↑ "Mario Kart Wii - GameVicio". www.gamevicio.com (en portugués). 2020-04-01. Consultado o 2025-06-12.
- ↑ Editor, Notícias por Jorge Loureiro (2014-02-27). "Nintendo acaba com o serviço online da Wii e DS". Eurogamer.pt (en portugués). Consultado o 2025-06-12.
- ↑ SuperCheats.com Unofficial Mario Kart Wii Guide (PDF). SuperCheats.
- ↑ "Mario Kart Wii Reviews". Metacritic (en inglés). Consultado o 2025-06-12.
- ↑ "Mario Kart Wii review". Eurogamer.net (en inglés). 2008-03-20. p. 3. Consultado o 2025-06-12.
- ↑ Bozon (2008-04-20). "Mario Kart Wii Review". IGN (en inglés). Consultado o 2025-06-12.
- ↑ "Review: Mario Kart Wii (Wii)". Nintendo Life (en inglés). 14-04-2008.
- ↑ "IR Information : Financial Data - Top Selling Title Sales Units - Wii Software". Nintendo Co., Ltd. (en inglés). Consultado o 2025-06-12.
- ↑ "Nintendo software and hardware sales data from 1983 to present". Install Base (en inglés). 2021-10-23. Consultado o 2025-06-12.