Saltar ao contido

Mario González Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario González Gutiérrez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Villarreal Club de Fútbol
2022– Oud-Heverlee Leuven

UEFA: 250058045 Editar o valor en Wikidata

Mario González Gutiérrez, nado en Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja (provincia de Burgos) o 25 de febreiro de 1996, é un futbolista español que xoga no Burgos, da Segunda División. Xoga principalmente de dianteiro, pero tamén pode xogar de extremo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Burgos, o Atlético de Madrid e o Villarreal. Pasou polo Villarreal C e o Villarreal B, e o 17 de agosto de 2016 debutou co primeiro equipo na Liga de Campións, substituíndo a Rafael Santos Borré contra o Monaco.[1] O seu primeiro partido na Primeira División disputouno tres días despois ante o Granada, saltando ao campo no lugar de Alexandre Pato.

En xullo de 2019 asinou un contrato dun ano co Clermont Foot, da Ligue 2.[2] Un ano despois, tras exercer unha opción no seu contrato, volveu ao Villarreal cun contrato de dous anos e foi cedido ao Tondela portugués, co que anotou 15 goles na súa única campaña alí.[3]

O 1 de xullo de 2021 fichou polo SC Braga do mesmo país, por un importe estimado de 1,5 millóns de euros.[4][5] O 31 de xaneiro seguinte foi cedido ao Tenerife e na seguinte campaña xogou cedido no Oud-Heverlee Leuven, equipo da Liga Profesional Belga, onde marcou 15 goles en 24 partidos.[6]

O 22 de xullo de 2023 foi traspasado ao Los Angeles FC, da Major League Soccer por uns 2,3 millóns de euros.[7] Nos seguintes anos xogou cedido no Sporting de Gijón, o Famalicão e o Lech Poznań (co que se proclamou campión da Ekstraklasa).

O 13 de agosto de 2025 regresou a España e asinou un contrato dun ano co Burgos CF.[8]

  1. "Monaco grab advantage with victory at Villarreal" (en inglés). 17 de agosto de 2016. Consultado o 28 de abril de 2026.
  2. "Mercato : l'attaquant espagnol Mario González (Villarreal) 8e recrue du Clermont Foot" (en italiano). 16 de xullo de 2019. Consultado o 28 de abril de 2026.
  3. "El Villarreal repesca al delantero Mario González del Clermont francés". El Periódico Mediterráneo (en castelán). 5 de xullo de 2020. Consultado o 28 de abril de 2026.
  4. "Mario González oficializado no Braga e com contrato de quatro épocas". O Jogo (en portugués). 1 de xullo de 2021. Consultado o 28 de abril de 2026.
  5. "Mario González assina por quatro épocas pelo Sp. Braga". Público (en portugués). 1 de xullo de 2021. Consultado o 28 de abril de 2026.
  6. "Mario González cedido ao OH Leuven" (en portugués). Consultado o 28 de abril de 2026.
  7. "Mario González sai do Braga e vai jogar na MLS". O Jogo (en portugués). 22 de xullo de 2023. Consultado o 28 de abril de 2026.
  8. "‘El pistolero’, Mario González, regresa al Burgos CF" (en castelán). 13 de agosto de 2025. Consultado o 28 de abril de 2026.