Perez Hilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mario Armando Lavandeira»)
Infotaula de personaPerez Hilton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlocutor , escritor , actor , blogueiro , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPerez Hilton Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webperezhilton.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0491768 Allocine: 215850 Allmovie: p524546
Facebook: PerezHilton Twitter: PerezHilton Instagram: perezhilton Musicbrainz: 280566b5-1f9b-4890-8ad8-004bd0d3cfd8 Songkick: 569643 Discogs: 1791435 Editar o valor em Wikidata

Mario Armando Lavandeira Jr.[1] nado en Miami (Florida) o 23 de marzo de 1978,[2] é un xornalista blogueiro estadounidense, especializado en novas rosas e ruxerruxes. O seu pseudónimo é Perez Hilton, imitando o nome da actriz Paris Hilton. É neto de galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de comezar coa súa carreira de blogueiro, foi axudante de comunicación na GLAAD, unha asociación que loita contra a homofobia nos medios de comunicación e traballou e dirixiu diversas revistas gais. A finais de 2004 abre o seu primeiro blog, chamado PageSixSixSix, que se converte nunha referencia da prensa rosa na costa oeste estadounidense, e que en só seis meses recibe o cualificativo da web máis odiada de Hollywood. En 2006 pecha ese blog e abre PerezHilton, co título do seu pseudónimo, o blog co que se fixo mundialmente famoso. El mesmo[3] sinala que tiña en xullo de 2007 case nove millóns de páxinas vistas nun só día. En setembro de 2007 iniciou a súa primeira experiencia televisiva como condutor da serie de seis episodios O que larga Pérez (What Perez Sez) na canle VH1[4].

A súa carreira profesional céntrase en ruxerruxes da vida persoal de actores e cantantes, o que lle provocou numerosas críticas. Ademais dos seus acertos, tamén ten cometido grandes erros, como cando o 17 de agosto de 2007 Lavandeira anunciou a morte de Fidel Castro. Tamén é coñecido pola súa posición anti-homofóbica, denunciando no seu blog comentarios ou actitudes en contra da homosexualidade, así como polo coming-out (desvelar publicamente a homosexualidade) de políticos que votaron contra leis que favorecían a gais e lesbianas, pero tamén de coñecidos cantantes, actores ou xornalistas.

O seu estilo é ácido e informal, e abonda en montaxes fotográficas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Os seus pais son cubanos emigrados a Miami, pero de procedencia galega[5]. Na actualidade vive nos Ánxeles.

Recoñécese amigo da actriz Paris Hilton.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarro, Mireya (29 de xullo de 2007). "Love Him or (He Prefers) Hate Him". The New York Times. Consultado o 22 de decembro de 2015. 
  2. "Perez's Mad Hatter 34th Birthday Bash!". PerezHilton.com. 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2013. 
  3. http://perezhilton.com/?p=2601
  4. http://www.variety.com/article/VR1117968491.html?categoryId=14&cs=1
  5. http://www.vieiros.com/nova/60597/un-neto-de-galegos-axita-a-bloguesfera-do-corazon

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]