Saltar ao contido

Mariner 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariner 1
Lanzamento de Mariner 1.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualDestruída.[1][2][3]
Data de lanzamento22 de xullo de 1962, 9:21 GMT[1][4]
Foguete portadorAtlas Agena B[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 12[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[1][2]
Masa202,8 kg[1]

Mariner 1 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 22 de xullo de 1962 mediante un foguete Atlas Agena B desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Venus. Non chegou a alcanzar órbita.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Mariner 1 pertencía ó programa Mariner da NASA e foi a primeira do seu tipo. Era idéntica á posteriormente exitosa Mariner 2 e a súa misión era facer un sobrevoo de Venus para facer medicións e observacións científicas, pero o foguete que a debía poñer en órbita foi destruído durante o lanzamento por cuestións de seguridade aos 293 segundos de voo: nun momento dado o foguete comezou a desviarse da súa traxectoria, ameazando con estrelarse, polo que para evitar a súa caída en zonas habitadas enviouse o comando de destrución ao foguete.[1][2][3]

O fallo do foguete tivo lugar pola combinación de dous factores: o mal funcionamento da baliza do foguete implicou varias perdas de sinal entre este e o control de terra, coa tardía detección do problema de desvío da traxectoria, e un erro de programación (a ausencia dun guión no código do programa) que permitiu que o foguete aceptara ordes de guiado incorrectas. Durante as perdas de contacto con terra o foguete usou o programa e certos sinais que non debería ter aceptado para facer correccións de curso innecesarias, levandoo fora da traxectoria establecida.[1][2][3]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (1 de xullo de 2013). "Mariner 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2022. Consultado o 26 de xullo de 2013.
  2. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2011). "Mariner 1-2" (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2013.
  3. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mariner 1, 2" (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2013.
  4. Claude Lafleur (2010). "Mariner 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]