Saltar ao contido

Marina Vargas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarina Vargas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, escultora, pintora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4687684

Marina Rodríguez Vargas, nada en Granada o 28 de outubro de 1980, coñecida como Marina Vargas, é unha artista multidisciplinar española. A súa linguaxe artística céntrase na iconografía clásica, o sacro, a mitoloxía, creando unhas réplicas realizadas en formatos monumentais baixo unha mirada comprometida feminista, a cal impregna toda a súa obra.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Granada no ano 2003, posteriormente nesta mesma universidade realizou un mestrado en Produción e Investigación en Arte no ano 2011. Xa desde o ano 2001, antes da súa licenciatura, comezou a súa carreira profesional expondo en diferentes espazos obras experimentais.

A realización dos seus proxectos vai precedida de longos períodos de estudo, de investigación sobre os temas da historia que aborda, de lecturas especializadas, inviste moitas horas previas á realización de cada unha das súas esculturas. O traballo desta artista inserido no neobarroco, realízao cunha coidada posta en escena. Nas súas obras prodúcense diálogos constantes ao redor das ideas das idolatrías xudeocristiás relixiosas de Occidente, a sexualidade, a feminidade, a violencia, o amor e o desexo, unha obra cargada de dramatismo, de brutalidade e beleza combinada; son obras nas que reina o simbolismo revisionista das identidades contemporáneas, crea un novo modelo de beleza híbrido e monstruoso que esqueceu por completo o silencio do canon clásico.[2][3]

Nadie es inmune evidencia a ironía coa que afronta cada obra ao crear situacións controvertidas que non seguen o canon académico ao que a iconografía histórica pertencen. Esta serie preséntaa na súa primeira exposición individual nun museo en España, no Centro Atlántico de Arte Moderna (CAAM) de Las Palmas de Gran Canaria no ano 2013. Nadie es inmune, reúne pezas de escultura, pintura e fotografía, ademais dunha obra de pintura mural creada in situ nunha das salas de arte do centro.[4] A súa obra sobre as cinco Piedades, ou as doce esculturas monumentais do seu proxecto Ni animal ni tampoco ángel represéntanse en formatos colosais, formando parte de numerosas mostras colectivas.

A obra La Piedad invertida o la Madre Muerta é unha recreación da Piedade de Miguel Anxo cuxo orixinal está no Museo do Vaticano, exposta en Nuevo León, Baja California, México no ano 2017, posteriormente exhibiuse en numerosas institucións e galerías de arte, a autora descríbea como:[5]

É unha obra a escala humana, é branca e está percorrida por unha armazón de liñas douradas ás que chamo familiarmente entrañas, a modo de pregues hipnóticos ou curvas de nivel que crean un mapa interno do corpo. Liñas que asocio ao pregamento barroco deleuziano. O que non se ve á vista queda.

No ano 2015 nunha extensa exposición individual no Museo Arte Contemporánea o CAC de Málaga presenta a exposición titulada Destripando el canon, consistente en 12 esculturas realizadas en po de vidro e pintadas en monocolor. A disposición das obras nas salas é presentada a modo de exposición clásica de esculturas, unhas, en peañas, e outras tiradas no chan.[6] Nun diálogo mantido sobre a exposición pola autora coa comisaria e teórica Susana Blas pódese ler sobre os conceptos e procesos na creación desta exposición, esta entrevista é publicada en Masdearte, nela segundo as súas palabras: Odio a liña recta. A liña curva é orgánica, méteme para dentro. A esta forma de debuxar empecei a chamarlle entrañas. Noutra cita da autora sobre a disposición no espazo das súas obras di que: Faise evidente que o deambular entre pezas non se pretende sinxelo e afábel, senón reflexivo.[7]

No ano 2017 presentou no Museo ABC de Madrid a exposición Las líneas del destino, ao ser seleccionada no programa Conexiones patrocinado pola Fundación Banco Santander en colaboración co museo especializado en debuxo e obra sobre papel, o Museo ABC, a liña expositiva deste museo permite achegarse ao debuxo contemporáneo. O programa Conexiones comisariado por Óscar Alonso Molina, no seu programa anual, convida a creadores a realizar un traballo inédito partindo de dúas obras escollidas dos fondos de ambas as institucións, do Museo ABC e da Fundación Banco Santander.[8][9][10][11]

A súa obra presentouse en varias feiras internacionais de arte contemporánea como Arco España, Zona Maco (México DF), Cosmoscow Art fair ou Artinternational Istambul, a Feira Internacional Arte Santander, entre outras.[12][13][14][15]

Asociación Intravenus

[editar | editar a fonte]
Presentación da asociación Intra-Venus. Xornadas de MAV "Siguiendo con el problema" en 2022. (Madrid)

Tras da diagnose dun cancro de mama no ano 2019, durante a pandemia mundial da covid-19, Vargas tivo que asumir unha nova realidade dentro dun contexto complexo. Para ela, o cáncer levouna a un novo intra-relato onde a súa valía como suxeita política era cuestionada, pasando a ser percibida aínda máis como dende o pasivo. Como consecuencia da súa experiencia e recollendo as palabras de Susan Sontag na obra La enfermedad y sus metáforas, busca superar a visión reducida e estigmatizada de parte da sociedades ás mulleres diagnosticadas con cáncer, especialmente de mama.[16]

Deste xeito, no ano 2022 fundou Intravenus, unha asociación sen ánimo de lucro e co obxectivo de axudar a mulleres en procesos de cancro activo ou non e crear unha rede colaborativa no marco dunha plataforma social. O nome da asociación é unha homenaxe a Hannah Wilke, artista feminista referente e loitadora contra a discriminación das mulleres na arte e pioneira nos procesos de reapropiación do corpo diagnosticado de cancro, e o nome da súa derradeira obra.[16] A obra escultórica de Vargas Intra-Venus, símbolo da asociación, mostra o seu corpo despois de pasar o proceso de cáncer, sen un peito e cos efectos da quimioterapia.[17]

Este é o meu corpo, que foi a miña armadura. Agora xa non hai nada que protexer, agora son canle. Intravenus é o meu novo corpo, un ciborg lonxe da ciencia ficción.[18]

Obra en coleccións públicas

[editar | editar a fonte]
  • ARTIUM Centro - Museo Vasco de Arte Contemporáneo, Vitoria – Gasteiz[19]
  • CAAC - Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, Sevilla. Colección Iniciarte, Xunta de Andalucía
  • CAAM - Centro Atlántico de Arte Moderno, Las Palmas de Gran Canaria
  • CAC Málaga - Centro de Arte Contemporáneo de Málaga
  • Caja de Extremadura
  • Caja de Granada
  • Centre d'Art Contemporain Essaouira, Ifitry, Marrocos
  • Fundación Antonio Gala, Córdoba
  • Fundación Focus Abengoa, Sevilla
  • IAJ - Instituto Andaluz de la Juventud, Deputación de Málaga
  • Museo - Fundación Gregorio Prieto, Ciudad Real

Bolsas e residencias

[editar | editar a fonte]
  • 2012: Centre d’Art Contemporain Essaouira, Ifitry, Marrocos, La mujer en las industrias culturales y creativas del área africano - mediterránea, Foro Casablanca, II edición; dirixido por Víctor del Campo Yllera de la Mora
  • 2011: I Encontro de artistas novos, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela; dirixido por Rafael Doctor
  • 2009: Bolsa Iniciarte para a produción do proxecto ‘La Vigilia del Agotamiento’
  • Bolsa de Creación IAJ ‘08, Málaga - Nova York (estudio do artista Ray Smith)
  • Bolsa Iniciarte para a produción do proxecto ‘Idolatrías’
  • 2007 X Convocatoria Manuel Rivera, Granada - Caracas. Centro José Guerreiro, Deputación de Granada
  • 2006 Encontro Internacional de Arte, Receiving Institution, Instytut Wzornistwa, Varsovia
  • 2005 Bolsa para Jóvenes Creadores, Fundación Antonio Gala, Córdoba
  • 2001: Bolsa para Estudiantes de Arte Al Raso 2001, Valle de Lecrín, Granada[20]

Exposicións individuais

[editar | editar a fonte]
  • 2018 L’estetica della vertigine, Constantini Art Gallery, Milán; XXS aperto al contemporaneo, Palermo
  • 2016 Ni animal ni tampoco ángel, GE Galería - VOLTA NY, Nova York. Las líneas del destino, Museo ABC de Dibujo e Ilustración, Madrid;
  • 2015 Ni animal ni tampoco ángel, CAC Málaga - Centro de Arte Contemporáneo, Málaga.[7]
  • 2013 La muerte por las manos, Galería Javier López, Madrid
  • 2012 Nadie es inmune, CAAM - Centro Atlántico de Arte Moderno, Las Palmas de Gran Canaria; comisariada por Omar - Pascual Castillo
  • 2011 El Culto a Diana, GE Galería, Monterrey, México. El Culto a Diana, Galería May Moré, Madrid. Raw War, Galería Sandunga, Granada. Homeless Cosmogony, Galería May Moré, project room xunto a Diego Fajardo, ArtMadrid. Prótesis, Saja Caja Sur, Bienal de Fotografía de Jaén
  • 2010 Materia Prima, Opening Studio de Ray Smith, Brooklyn, Nova York. Tiro de Gracia, Galería Sandunga, Granada. Thinking about my body (prótese), La Nave Spacial, Sevilla.
  • 2009 Idolatrías (emblemas de fuerza), Galleria Il Torchio, Milán. Idolatrías (a flor de piel), Galería Mito, Barcelona. Armas (Project - room), Art Jaén ’09, Ifeja, Jaén
  • 2008 Jardín de suplicio, Galería May Moré, Madrid. Noli me tangere, Galería May Moré, project room na feria Estampa, Madrid. Noli me tangere, La Noche en Blanco, Córdoba; comisariada por Miguel Moreno Carretero
  • 2006 Psicoideos, Palacio de los Condes de Gabia, Centro José Guerrero, Granada. The Honey Games, Studio Abierto, Granada.
  • 2003 Sacrificio, Carmen de la Victoria, Granada.
  • 2025: Premios WAS (Woman Action Sustainability) da Cultura, pola súa contribución a sustentabilidade e equidade.[21]
  • 2023: levou o primeiro premio de fotografía Fundación ENAIRE, pola súa obra Romper el canon. [22]
  • 2022: Premio Nebrija CREA, na categoría Artes Visuales, polo seu compromiso educativo, por achegar novas perspectivas e reflexións sobre as belas artes e a coherencia do seu proxecto Intravenus. [18]
  • 2021: Premio a Mellor Artista da asociación Blanco, Negro y Magenta.[23]
  • 2020: recibiu o premio de Artes Plásticas na XIII edición do Concurso de Artes Plásticas “La Rural”, organizado pola Fundación Caja Rural de Jaén.[24]
  • 2008: Primeiro premio Injuve de Artes Visuales, Madrid[25]
  • 2008: I Accésit en Premio Internacional de Pintura Focus Abengoa, Sevilla[26][27]
  • 2002 e 2004: Accésit III Concurso de Pintura, Galería Rprsntación, Granada[28]
  • 2º Premio V Concurso de Pintura, Galería Rprsntación, Granada
  • 2º Premio XV Certame de Debuxo Gregorio Prieto, Caja Madrid
  • Premio Instituto Andaluz de la Juventud, Málaga
  1. "Marina Vargas: Subvertir modelos heredados a través de lo simbólico" (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 11 de maio de 2020.
  2. Calzada, por Mirna (8 de marzo de 2019). "Marina Vargas. Mujer con Cuerpo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
  3. "bienal | Bienal de Arte Contemporáneo". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 11 de maio de 2020.
  4. "Marina Vargas Nadie es inmune: Centro Atlántico de Arte Moderno - CAAM : Exposiciones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
  5. "Arte informado".
  6. "LAS ENTRAÑAS DE MARINA VARGAS" (en castelán). 12 de novembro de 2015. Consultado o 11 de maio de 2020.
  7. 1 2 "Marina Vargas CAC Málaga" (en castelán). 29 de outubro de 2015. Consultado o 11 de maio de 2020.
  8. "MARINA VARGAS" (en castelán). 7 de xuño de 2016. Consultado o 11 de maio de 2020.
  9. "Marina Vargas y las líneas del destino en el Museo ABC" (en castelán). 13 de xuño de 2016. Consultado o 11 de maio de 2020.
  10. "La baraja de Marina Vargas" (en castelán). 5 de setembro de 2016. Consultado o 11 de maio de 2020.
  11. Santander, Fundación Banco. "Conexiones 11. Marina Vargas. Las líneas del destino" (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2020.[Ligazón morta]
  12. "Conferencia de la artista Marina Vargas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
  13. "El arte desde dentro de la ciudad" (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 11 de maio de 2020.
  14. "Marina Vargas | Javier López & Fer Francés" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
  15. "Las líneas del destino de Marina Vargas". Consultado o 11 de maio de 2020.
  16. 1 2 Quiroga, Ana (2022-04-11). "SEGUIR CON EL PROBLEMA: MARINA VARGAS - M-Arte y Cultura Visual". M-Arte y Cultura Visual - (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  17. Público ,EFE (2022-02-02). "Nace la Asociación Intra-Venus, una red de creadoras para dar visibilidad y apoyo a mujeres con cáncer". www.publico.es (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  18. 1 2 jpicos (2022-04-27). "Alberto Mielgo, Pepa Pedroche, Cristina Jul y Marina Vargas, Premios Nebrija CREA". Actualidad Nebrija (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  19. "Anunciación . EMSIME". Consultado o 11 de maio de 2020.
  20. "Javier Lopez & Fer Frances - Marina Vargas". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2016. Consultado o 11 de maio de 2020.
  21. Rubio, Lucía (2025-03-17). "Marina Vargas, premio WAS por compromiso con la mujer". EFEMINISTA (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  22. "Marina Vargas galardonada con el Premio de Fotografía Fundación ENAIRE 2023 por su obra Romper el canon". ENAIRE (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  23. Socias. "Premios Blanco, Negro y Magenta 2020-2021". Blanco Negro y Magenta (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  24. "XIII PREMIO DE ARTES PLÁSTICAS LA RURAL | Fundación Caja Rural de Jaén" (en castelán). 8 de maio de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020.
  25. Metrópolis (14 de decembro de 2008). "Muestra de Artes Visuales INJUVE 2008" (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2020.
  26. "Premio de Pintura Focus 2008 – Hospital de los Venerables Sacerdotes" (en castelán). Consultado o 2025-04-13.
  27. "La Fundación Focus-Abengoa inaugura la exposición de las obras seleccionadas en el Premio de Pintura Focus-Abengoa 2008" (PDF). Consultado o 13 de abril de 2025.
  28. "Marina Rodríguez Vargas - Fundación Antonio Gala" (en castelán). 2025-04-11. Consultado o 2025-04-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]