Marina Núñez del Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Núñez del Prado
Nacemento17 de outubro de 1908
Lugar de nacementoA Paz
Falecemento9 de setembro de 1995
Lugar de falecementoLima
SoterradaCementerio General de La Paz
NacionalidadeBolivia
Ocupaciónescultora e pintora
CónxuxeJorge Falcón Gárfias
PremiosGran Cruz da Orde El Sol do Perú
editar datos en Wikidata ]

Marina Núñez del Prado Vizcarra, nada na Paz o 17 de outubro de 1908 [1][2][3][4] e finada en Lima o 9 de setembro de 1995,[5] foi unha escultora boliviana.[6] A súa obra estivo influenciada pola cultura precolombiana e en especial pola cultura aimara.[7] A súa traxectoria é de especial relevancia polo diálogo que establece entre a escultura boliviana e as correntes da escultura da súa época, dende os seus comezos, cunha maior relación co movemento indixenista, ata á fin da súa dilatada carreira, cunha evolución cara a formas máis abstractas, froito do seu contacto coas vangardas fóra de Bolivia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no barrio de Caja Agua na Paz, de ascendencia española, neta de enxeñeiro e filla de xeneral, formou parte da elite local.[2] A vocación pola arte é herdada: encontrou a inspiración en José Núñez del Prado, o seu bisavó, que foi arquitecto graduado pola Escola de Enxeñaría de Bolivia.[8][9][10] Segundo indica nas súas memorias, o pai de Marina Núñez tamén desenvolveu facetas artísticas no deseño a pintura e a música.[11] Dende moi nova estivo en contacto con diversas ramas da arte, como a pintura, escultura ou a música a través de clases particulares na casa.[12] O apoio da familia foi fundamental na traxectoria desta escultora, xa que foi animada a realizar os estudos artísticos e tamén contou cun soporte económico, como indica a creación dun obradoiro propio nos baixos da casa familiar.[13] A irmá de Marina, Nilda, tamén contou con este apoio na súa carreira artística.[14]

Entre 1927 e 1929 estudou no Conservatorio Nacional de Música e na Escola Nacional de Belas Artes da Paz.[15] Nesta última ingresa con 19 anos[2][11] e gradúase no ano 1930.[15] Pouco despois converteuse na primeira muller en acceder mediante concurso ao posto de docente na Escola Nacional de Belas Artes da Paz, onde impartiu clases de Escultura e Anatomía artística.[15][16][10] Como cita nas súas memorias, presentouse á praza animada por Cecilio Guzmán de Rojas malia non sentirse preparada para a docencia.[17]

Cecilio Guzmán de Rojas, pintor e figura destacada do indixenismo boliviano, xogou un papel importante no achegamento desta institución ao movemento indixenista.[2][18] Coa súa chegada á Dirección Xeral de Belas Artes en 1930, por convite do presidente Hernando Siles, cesou a gran parte do profesorado da Academia e convocou novos concursos, nunha estratexia deseñada para formar un equipo con maior afinidade política e para impulsar unha renovación das artes plásticas. Nesta renovación a posta en valor dos temas autóctonos foi o eixo central en contraposición aos motivos clásicos que dominaban nos círculos da Academia do momento.[2][19] Unha serie de artistas seguiron as pautas estéticas de Guzmán de Rojas, imitando o estilo dos ritmos voluptuosos na escultura e na pintura, entre eles: Yolanda Bedregal, Hugo Almaráz, Félix Rojas Ulloa, Arcadio Ortiz, Edmundo de Bejar, Félix Edmundo Valdez, Rebeca de la Barra, Germán Villazón e a propia Marina Núñez del Prado.[20] Na denominada Xeración do Chaco a produción de Marina Núñez de Prado ocupa un lugar significativo.[19]

Nestes primeiros anos, ata a metade dos anos 1940, a produción escultórica de Núñez del Prado alíñase coas convencións do indixenismo andino.[21] Porén, os estudos da figura de Núñez del Prado non constatan un compromiso político directo e militante na súa traxectoria profesional e vital máis aló das escollas temáticas das súas obras.[22]

Deixou o seu traballo na universidade e a súa cidade natal, a Paz, en 1938 para viaxar polo Perú, o Uruguai e a Arxentina. Nesta última pasou dous anos.[2] Viaxou tamén a outros países fóra de Suramérica, incluíndo partes de Europa[Cómpre referencia] e Estados Unidos.[23] Estudou durante oito anos en Nova York cunha bolsa outorgada en 1940 pola Asociación Americana de Mulleres Universitarias (American Association of University Women, AAUW), que obtivo tras ser rexeitada a súa primeira solicitude en 1939.[24] A bolsa permitiulle profundar na arte dos artistas estadounidenses así como nas vangardas do momento e realizar un intercambio cultural que trasladou a Bolivia.[4][10][24][25]

Marina Nuñez en 1963
Marina Núñez en 1963

Durante a súa estancia en Nova York gañou a Medalla de Ouro na exposición da AAUW pola escultura Mineiros en Rebelión.[2] Esta obra centrábase nos traballadores da rexión boliviana de Potosí. Pouco despois, en 1948, regresou á Paz, onde continuou realizando traballos inspirados polos pobos indíxenas de Suramérica. [Cómpre referencia]

En 1954 abre un espazo expositivo na casa familiar da Paz ao que co tempo foi sumando as obras de ourivaría da súa irmá Nilda e a colección particular da familia. En 1969 as dúas irmás e os tres irmáns Núñez del Prado acordan convertela en casa museo a través da creación dunha fundación.[26]

Posteriormente, en 1972, trasladouse ao Perú co seu home Jorge Falcón Gárfias,[10] escritor peruano, debido da silicose que adquirira pola inhalación do po do granito. A enfermidade obligouna a adoptar un método diferente para tallar a súa obra.[27] Morreu no Perú o 8 de setembro de 1995.[27][28][29][16] Os seus restos mortais descansan nun nicho do Cemiterio Xeral da Paz.[30]

Obra[editar | editar a fonte]

Traballou cunha diversidade de materiais, entre os que destaca unha temperá preferencia polas madeiras tropicais procedentes da Amazonía, que deu paso a pedras como o granito, a andesita, o basalto, o ónix e o mármore. Nos anos setenta experimenta co cobre puído[10] e nas súas últimas etapas artísticas tamén adoitou usar o bronce.[31] Ademais de ter unha relación moi intensa co deseño, como mostran os debuxos realizados entre as décadas de 1930 e 1960,[2] o seu método de traballo previo empregaba a modelaxe en arxila a pequena escala, para posteriormente desenvolver a idea en xeso nun formato máis grande que transfería a outros materiais.[31]

A temática da súa obra centrouse en cuestións da súa contorna, en especial na representación da muller campesiña aimara, e na paisaxe e a cultura de Bolivia. Segundo a estudosa da súa obra, Mazza, pódense sinalar tres liñas temáticas na obra de Núñez del Prado en torno á muller: a primeira sería muller e a maternidade, con obras como Madre Índia, (1934) en granito de Comanche, e Abrazo (1950)[10][4] A segunda, a asociación entre a muller e a natureza, e por último a relación entre a muller e a sexualidade. [10] Nas súas esculturas vense representadas culturas ancestrais como a de tiwanaku ou a cultura e tradición incas.[27][4][10][4]

Durante os oito anos que pasou nos Estados Unidos a súa obra modernizouse e internacionalizouse mostrando a herdanza cultural boliviana. As esculturas nesta época caracterizáronse polas súas liñas curvas e o traballo en granito negro e ónix branco.[Cómpre referencia]

Exposicións e bienais[editar | editar a fonte]

Mostrou a súa obra en numerosas exposicións internacionais[32]: dende países de América como Bolivia, o Perú, Arxentina, o Uruguai, México, Cuba, o Brasil, Venezuela, Colombia e os Estados Unidos; en Europa como Alemaña, Francia, Italia ou España; en Asia en países como o Xapón e Corea.[16]

  • Primeira exposición individual, A Paz, Bolivia (20 de outubro de 1930)[33]
  • Galería Witcomb, Bos Aires, Arxentina. (1936) p.59 MAzza
  • MoMA Nova York, The Latin American Collection The Museum of Modern Art (31 de marzo ao 6 de xuño de 1943).[34][35]
  • Museo Petit Palais, París, Francia (1953)[2]
  • Biblioteca Luis Ángel Arango, banco da República de Colombia en Bogotá (1961)[36]
  • Presentou as súas obras no Parque Mundial da Escultura, parte do coñecido Parque Olímpico de Séul. (1988) [27]
  • Marina Núñez del Prado: andina e universal. Galería John Harriman, Lima, o Perú. (Póstuma, 2009)[37]

Bienais[editar | editar a fonte]

Períodos[editar | editar a fonte]

Raúl Botelho Gosalvez en La Escultura Telúrica de Marina Núñez del Prado, sostén que o seu traballo está marcado por dúas características principais: a graza e a forza. A forza vese a través das súas paisaxes andinas e a súa graza é recoñecible na xeometría harmoniosa das súas obras. Botelho afirmou que as obras de Núñez del Prado están vinculadas de xeito constante ao «genius loci», e que aí reside a súa forza e orixinalidade.[42] Este autor distingue catro períodos na súa obra:

  • Un primeiro período caracterizado pola temática da danza no seu traballo, poñendo en relación os ritmos musicais e os plásticos no que amosa unha preferencia polo emprego da madeira.[43]
  • Un segundo período caracterizado polo uso da escultura bidimensional e unha temática que se achega ó tema social boliviano, pero sen que se poida denominar "arte comprometida", segundo Botelho.[44]
  • Un terceiro período caracterizado pola escultura en pedra tridimensional. Botelho Gosalvez denomínao «período maternal» debido ás representacións de madonas aimarás e outras de mulleres indíxenas.[45]
  • Por último, o cuarto período é o neo-abstracto que foi influenciado pola súa amizade con artistas como Picasso, Archipenko e Milles e o contacto coa obra de Constantin Brancusi –pioneiro da arte moderna–, Henry Moore[10] e Arpa.[46]

Porén, a propia artista a través da súa autobiografía, Eternidad en los Andes, na que analiza a súa traxectoria profesional e profundiza os temas da súa obra, retoma estes catro períodos, pero renoméaos como Musical, Social, Maternal e Andino.[10][47] No período musical o material preferente é a madeira na que dará forma a figuras bidimensionais con motivos como chamas, cholas, indíxenas e bailarinas. Obras características deste período son Danza de Cóndores, Danza de Cholas e Danza de Waka-Tokoris.[48]. Segundo afirma a propia artista neste período rompeu totalmente coas liñas da Academia. O último dos períodos, renomeado como Andino no canto de neo-abstracto inspírase na cordilleira dos Andes e introduce ángulos e liñas rectas que se suman ás curvas características da escultura de Núñez del Prado.[49]

Mulleres ao vento, escultura deseñada por Marina Núñez, na Plaza de la Mujer en Seguencoma, A Paz

Crítica[editar | editar a fonte]

Tivo detractores como Fausto Renalga, o chamado pai do indianismo, que a acusa de apropiación cultural e de non esculpir as súas obras, tarefa que realizaría o seu axudante, de orixe indíxena, Agustín Callisaya.[50][b] Estes argumentos de Renalga foron amplificados polo goberno da Bolivia do momento.[8] Na súa autobiografía Núñez del Prado relata como en 1930, cando era profesora na Academia de Belas Artes, lle foi denegada unha axuda solicitada ao Ministerio de Facenda. A xustificación alegada foi escasa proxección que a súa escultura significaba para o país.p 43 mazza146[8]

Por outra banda contou coa aceptación da crítica estadounidense, como a de Eleanor Roosevelt, a quen a artista coñeceu persoalmente durante unha das súas exposicións nos Estados Unidos.[24] A obra de Marina Núñez del Prado inspirou a poetas como Rafael Alberti, quen lle dedicou uns versos en homenaxe á súa obra[51] ou Gabriela Mistral, próxima á artista, que lle dedicou un capítulo do seu libro Grandeza de los oficios.[2]

Héctor Herazo Rojas en Una escultora de América para el mundo. Marina Núñez del Prado sostén que as súas obras se caracterizan pola súa forza, graza e monumentalidade.[36] Tamén sinala que as súas obras xiran ao redor da temática da súa propia raza, o mito e a tradición. As esculturas de figuras indíxenas maternas e animais mitolóxicos son unha mostra.[36] Pedro Querejazu coincide con Herazo Rojas sobre a súa carreira temática e suxire que as esculturas de Núñez del Prado se orixinaron dentro do movemento do realismo «nativo».[31]

Outros críticos revisaron as súas obras, como foi o caso de Eduardo Mendoza Varela, que fixo unha análise con motivo da exposición de esculturas da biblioteca Luis Ángel Arango, situada no banco da República de Colombia en Bogotá. Este autor define a escultura de Núñez del Prado como "expresión plástica profundamente americana", salientando o compoñente figurativo das dúas obras e ensalzando a solidez da súa traxectoria artística contrapoñéndoa ás derivas do movemento abstracto. Mendoza Varela valora especialmente o "aforro absoluto da materia" e a mestría no emprego do volume e o espazo.[33] Guillermo Nino de Guzmán na súa crítica da serie Mulleres ao Vento xustifica a posición desta artista na arte universal en base ao seu "xenio creativo" e pola «forza e apuxón constante que animou a súa enerxía creativa" na súa crítica da serie Mulleres ao Vento.[52]

No 2011, coa apertura dunha sala permanente dedicada á escultora no Museo Nacional de Arte de Bolivia, unha reportaxe do diario Página Siete refírese a ela como a "maior artista plástica boliviana da historia, e unha das máis recoñecidas de Latinoamérica".[53] Isto contrasta coa pouca aceptación da que gozara a artista nos anos 50 dentro do seu propio país. A literatura que recupera esta figura e pon en valor a súa obra dentro do panorama artístico de Bolivia comezou a aparecer nos anos 80, impulsada pola publicación da autobiografía de Núñez del Prado en 1973 e a apertura da Casa Museo na Paz.[54] Segundo a investigadora Mazza, Núñez del Prado, de manera consciente, investiu un esforzo considerable na construción dun discurso en torno á súa propia traxectoria artística e na preservación do seu legado, que se ve reflectido na publicación da súa autobiografía, creación das dúas fundacións e os esforzos de compilación dos seus documentos persoais.[2]

"O meu desexo foi poder falar na miña linguaxe escultórica da excelencia que atesoura Bolivia en materia e espírito. Tentei interpretar a forte e antiga mensaxe das nosas montañas e, pola forza da observación, tentei entrar no sumidoiro da mina, na alma hermética e antiga do boliviano."[55]

Legado[editar | editar a fonte]

A maioría da súa obra está repartida entre dúas fundacións: a Fundación Marina Núñez del Prado y Falcón, creada en Lima por Marina Núñez e Jorge Falcón Gárfias no ano 1993 e a Fundación Núñez del Prado, na Paz, creada en 1984 logo da morte dos pais da escultora. A obra escultórica de Marina Núñez atópase exposta en dezanove museos e coleccións ao longo de todo o mundo.[56]

No Centro Georges Pompidou (París) exhíbese Cóndor (1964), unha escultura realizada en basalto andino.[57] No Museo Bolivariano Quinta de San Pedro Alejandrino en Santa Marta, Colombia, exhíbese no Xardín das esculturas, de forma permanente, outra das pezas da escultora, Cóndor, xunto a obras de Joaquín de Mier e Benítez e Elma Pignalosa.[58][59] A colección de Arte Contemporánea dos Museos Vaticanos conta con outra escultura de Marina Núñez exposta de forma permanente na Sala 26, dedicada á arte de América do Sur.[60] A oficina nacional da AAUW situada en Washington D.C., alberga unha escultura que con motivo do centenario da creación da AAUW Núñez del Prado doou á entidade. Trátase da obra Mai e fillo.[24]

Algúns dos bosquexos e debuxos da artista móstranse no Museo Nacional de Belas Artes (Arxentina) xunto a outros doutros autores como Fernando Renes ou Marcel Dzama.[61]

Se ben a páxina da fundación Núñez del Prado indica varios museos que albergarían a obra da escultora,[62] presumiblemente tomados da listaxe realizada pola artista ao final da súa autobiografía, do ano 1973, unha tese de mestrado realizada por Mazza no ano 2018 non logrou localizar ningunha destas obras agás Madona da Ternura, do Museo de Arte Moderna de Sao Paulo, actualmente en posesión do Museo Contemporáneo da Arte da SUP, e varias obras no Museo Nacional da Arte da Paz e na IBM's art Collection. Igualmente foron localizadas unha obra no Museo de Brooklyn (Nova York) e outra na colección Joseph Hirshson, probablemente a obra The Dove (a Pomba, 1958) do Hirshhorn Museum (Washington), escultura realizada en ónix,[63] ningunha delas exposta.[64][62]

Moitas destas pezas proveñen de coleccións particulares. Un exemplo disto foron as infrutuosas negociacións entre Gabriela Mistral e o MOMA de Nova York para a cesión da obra "Ternura", procedente da colección persoal da escritora.[2]

Casa Museo Marina Núñez del Prado (Bolivia)[editar | editar a fonte]

Esta casa museo recolle o legado da familia de Núñez del Prado. Foi inaugurado en 1984, xestionado pola Fundación Núñez del Prado.[65] O edificio do museo permaneceu pechado e esquecido dende 1994,[66] de xeito que a Fundación Núñez del Prado veu prestando os seus sevizos de acceso ao repositorio noutras dependencias. O peche debeuse a unha ruptura na súa infraestrutura durante a construción inicial do túnel estadounidense.[66] A Fundación Marina Núñez decidiu transferir a título gratuíto en 2016 o edificio da casa museo e os seus fondos, ambos xestionados por ela.[67]

En setembro de 2019 o edificio Casa Museo “Marina Núñez del Prado”, situada na Avenida Ecuador N° 2034 do municipio da Paz, conseguiu a declaración de Patrimonio Cultural Material Inmoble do Estado Plurinacional de Bolivia, mentres que a colección de pinturas, esculturas, pratería, artesanía e outros bens da casa museo adquiriron o status de Patrimonio Cultural Material Moble. Por un decreto da Presidencia de Bolivia estes dous bens culturais pasaron a ser xestionados pola Fundación Cultural del Banco Central de Bolivia (FCBCB).[68] A nova apertura de portas da casa museo programouse para o ano 2020.[67]

Casa Museo Marina Núñez del Prado (Perú)[editar | editar a fonte]

O Museo Marina Núñez del Prado está xestionado pola Fundación Núñez del Prado y Falcón[c],-organización creada pola escultora e o seu esposo Jorge Falcón co fin de preservar a obra de ambos- e a municipalidade de San Isidro. O museo alberga diferentes pezas artesás bolivianas procedentes da colección persoal da artista, entre as que destacan as cerámicas de Mamerto Sánchez.[69] Nos anos 70 Marina Núñez del Prado establecera a súa residencia e estudo de arte no edificio que ocupa agora a casa museo, situado no centro do Bosque de El Olivar.[70] Este edificio de estilo neocolonial foi o primeiro edificio da zona en acadar o status de Monumento Cultural Nacional.[70] O museo celebrou a súa inauguración o 16 de abril de 2015.[71]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos premios e recoñecementos[72] atópanse:

  • Medalla de Ouro, Primeiro Premio "Extranjera", no VI Salón Exposición de Mujeres Argentinas en Bos Aires. (1936)[72][33]
  • Medalla de Ouro na exhibición de Nova York da National Association of Women Artists of New York pola obra Mineiros en Rebelión, (1946)[73]
  • Premio Presidente Trujillo para Escultura outorgado pola República Dominicana, na Bienal Hispanoamericana de Arte en Madrid (1951).[19]
  • Gran Premio Internacional de Escultura da II Bienal Interamericana de Arte de México (1960)[d]
  • 1986 Gran Cruz da Orde de El Sol do Perú, Lima[74]
  • 1990 Premio Extraordinario de Cultura de Bolivia.[75]

No ano 2006 o día do seu aniversario, o 17 de outubro, foi declarado na súa honra o Día das Artes Plásticas en Bolivia.[2][76]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A novena edición da Bienal de Tokio celebrouse en 1967 e non no 1977 como indica Flores Urizacari, David. "Biografía". Bolivian.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. . Ver Yamashita, Kohei (2018). "Reconsidering "The Japan International Art Exhibition" (Tokyo Biennale)". Aesthetics (22): 70–86. 
  2. Nun relato persoal publicado por Callisaya en 2006 este axudante acusaba a escultora de delegar os traballos máis importantes da realización escultórica aos axudantes por falta de aptitudes para a escultura. Buechler, Hans C. (2006). Entre la Pachamama y la galería de arte : vidas y propuestas de artistas paceños de origen aymara y quechua (1. ed ed.). La Paz: Plural Editores. ISBN 978-99954-1-003-2. OCLC 85787553.  Citado en : Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 99. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. Nós fizemos muitos trabalhos em escultura com a Marinha. Eu me adaptei. A mão se acostumou a trabalhar. Ela absolutamente não tocava na pedra. Nunca a vi trabalhar a pedra.(...)Ela deixava um modelo: "Aqui tenho um modelo de argila", que me fazia, preparava assim neste tamanho, ou menor, e nós tínhamos que produzir no tamanho que a agradava 
  3. Tamén citada como Fundación Núñez del Prado de Falcón segundo consta na páxina do propio museo.
  4. Segundo Cristina VeraVera, Cristina. "Homenaje a la escultora Marina Núñez de Prado en el primer aniversario de su muerte". dialogo.ugr.es. Consultado o 21 de agosto de 2020.  recibiría este premio en 1950, unha data que non concorda coa segunda edición da Bienal. Nesta nova tamén indica que alí coñecería a Frida Khalo e Diego Ribera, feito que non parece plausible xa que Frida Kahlo estivo ingresada durante o ano 1950 e morreu no 1954.
Referencias
  1. Exposición homenaje a Marina Núñez del Prado en el centenario de su nacimiento 1908-2008 . La Paz: Museo de Arte de La Paz, 2008.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 54. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  3. "Cien años de Marina Nuñez del Prado". www.bolivia.com. Consultado o 2020-08-28. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Pentimalli, Michela (2009). Bolivia, los caminos de la escultura. La Paz, Bolivia: Fundación Simón I. Patiño. p. 32. ISBN 978-99954-0-667-7. OCLC 658218012. 
  5. Presidencia de la República (27 de setembro de 1995). "DECRETO SUPREMO N° 24116". Gaceta Oficial del Estado Plurinacional de Bolivia. ARTÍCULO ÚNICO. Declárase DUELO NACIONAL el día 13 de septiembre de 1995, sin suspensión de actividades públicas ni privadas por el fallecimiento de la ilustre ciudadana Doña MARINA NUÑEZ DEL PRADO. 
  6. "Marina Núñez del Prado". Enciclopedia Microsoft® Encarta® (en castelán). Microsoft. 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2007. 
  7. Gutiérrez Viñuales, Rodrigo; Gutiérrez Dacosta, Ramón (1997). "Un siglo de escultura en Iberoamérica. 1840-1940". Pintura, escultura y fotografía en Iberoamérica, siglos XIX y XX (PDF). Madrid: Cátedra. p. 34. ISBN 84-376-1579-8. OCLC 733744997. 
  8. 8,0 8,1 8,2 freddy_zarate (9 de decembro de 2018). "Eternidad en los Andes: Memorias de Marina Núñez del Prado". Opinión Bolivia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  9. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. 
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-06-30). "Representações da mulher na obra de Marina Núñez del Prado (1908-1995)". História e Cultura (en portugués) 7 (1): 75. ISSN 2238-6270. doi:10.18223/hiscult.v7i1.2287. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  11. 11,0 11,1 Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 2.  Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 79. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  12. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 2.  Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 16. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  13. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 2.  Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 80. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  14. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. pp. 60 e 80. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Kirstein, Lincoln (1943). "Bolivia". En Museo de Arte Moderno. The Latin-American collection of the Museum of Modern Art (PDF) (en inglés). Nova York. p. 33. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Flores Urizacari, David. "Biografía". Bolivian.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  17. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 35.  Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 38. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  18. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. pp. 37–38. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Cabañas Bravo, Miguel (1991). La Primera Bienal Hispanoamericana de Arte: Arte, política y polémica en un certamen internacional de los años cincuenta. Universidad Complutense de Madrid. p. 873. ISBN 978-84-8466-014-9. 
  20. Zárate, Freddy (00/2017). "CECILIO GUZMÁN DE ROJAS: EL ANDE VISTO CON SENTIMIENTO ESTÉTICO". Punto Cero (en castelán) 22 (34): 24–30. ISSN 1815-0276. 
  21. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 19. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. .
  22. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 50. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  23. Villarroel Claure, Rigoberto (1952). Arte contemporáneo pintores, escultores y grabadores bolivianos; desarrollo de las artes y la estética; de la caricatura, Academia Nacional. (en castelán). La Paz, Bolivia. p. 19. OCLC 948496877. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Shildneck, Elyssa (22 de febreiro de 2012). "Meet Marina Núñez del Prado: Famed Bolivian Artist". AAUW Dialog (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  25. Núñez del Prado, Marina (en inglés). Oxford University Press. 2011-10-31. doi:10.1093/benz/9780199773787.article.b00131814. (require subscrición (?)). 
  26. Mazza, op. cit. 153-154
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 "Perú: lanzan un libro sobre Marina Núñez del Prado". Perú: lanzan un libro sobre Marina Núñez del Prado. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  28. FDS. "Núñez del Prado, Marina (1910-1995)". mcnbiografias. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  29. "Museo Marina Núñez del Prado" (en castelán). Perú. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  30. "Son nueve la tumbas más visitadas en el Cementerio General de La Paz". Radio Fides (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  31. 31,0 31,1 31,2 Querejazu, Pedro; Olivares, Omar (2003). Núñez del Prado, Marina [extract] (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-1-884446-05-4. doi:10.1093/gao/9781884446054.article.t063023. (require subscrición (?)). 
  32. p.20, tomado da autobiografía
  33. 33,0 33,1 33,2 Varela, Eduardo M (1961). "Exposiciones. Esculturas De Marina Núñez Del Prado". Boletin Cultural y Bibliográfico (en castelán) 4 (5): 431–432. 
  34. "Marina Núñez del Prado | MoMA". Moma (en inglés). Nova York. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  35. Kirstein, Lincoln. The latin-American collection of the Museum of Modern Art (PDF) (en inglés). Nova York. p. 90. 
  36. 36,0 36,1 36,2 Rojas Herazo, Héctor (1962). "Una Escultora De América Para El Mundo. Marina Núñez del Prado". Boletín Cultural y Bibliográfico (en castelán) 5 (6): 751. donde la fuerza cumple una función de levedad, donde la tensión y la monumentalidad se transforman en gracia, donde la anécdota se funde en lo arquetípico 
  37. López, Miguel (jueves, marzo 26, 2009). "Algunas exposiciones en LIma". arte nuevo. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  38. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 17. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  39. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 17. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  40. "Segunda bienal interamericana de México : Palacio de Bellas Artes, Mexico, D.F.". Smithsonian Institution (en inglés). Consultado o 2020-08-28. 
  41. "Biographie de Marina Nunez del Prado". Art Net (en francés). Francia. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  42. Botelho Gosalvez, Raúl (1961). "La Escultura Telúrica De Marina Núñez Del Prado". Cuadernos Americanos 20 (114): 267. ISSN 0185-156X. 
  43. Botelho Gosalvez, Raúl (1961). "La Escultura Telúrica De Marina Núñez Del Prado". Cuadernos Americanos (en castelán) 20 (114): 269. ISSN 0185-156X. La primera corresponde a un ciclo en que la preocupación de la Danza se halla sostenida en forma constante; en ella compone sus obras relacionando los ritmos musicales con los ritmos plásticos. La materia predilecta en que trabaja en esta época es la madera 
  44. Botelho Gosalvez, Raúl (1961). "La Escultura Telúrica De Marina Núñez Del Prado". Cuadernos Americanos 20 (114): 269. ISSN 0185-156X. La segunda época es Social, y como en la primera, continúa con la experiencia de la escultura plana, bidimensional, utilizando la madera; pero su temática avanza hacia la interpretación dinámica del tema social boliviano, aguzado por profundos conflictos que la sensibilidad de la artista capta, sin hacer con ello nada que pudiera llamarse "arte comprometido" 
  45. Botelho Gosalvez, Raúl (1961). "La Escultura Telúrica De Marina Núñez Del Prado". Cuadernos Americanos 20 (114): 269. ISSN 0185-156X. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. A este período que podríamos denominar maternal 
  46. Botelho Gosalvez, Raúl (1961). "La Escultura Telúrica De Marina Núñez Del Prado". Cuadernos Americanos 20 (114): 267. ISSN 0185-156X. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. su cordial amistad con Picasso, Archipenko y Milles, sus confrontaciones con el abstractismo de Brancusi, Moore y Arpa, principalmente, la inclinan a despojar de anécdota a sus esculturas e ir hacia la esencia de las formas 
  47. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 41. Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. pp. 168–19. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  48. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 53. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  49. Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 41. Citado en: Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 169. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  50. Renalga, Fausto. Manifiesto del Partido Indio de Bolivia(PIB). p. 71. 
  51. Concretamente na obra Abierto a todas horas. Citado en: Guerrero Ruiz, Pedro (1991). Rafael Alberti : arte y poesía de vanguardia. [Murcia]: Universidad de Murcia. p. 83. ISBN 978-84-7684-908-8. OCLC 24930365. 
  52. Zelaya, Marco (3 de agosto de 2014). "Marina Núñez Del Prado, La Escultora Que Captó El Espíritu Andino.". Diario Pagina Siete (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  53. "Abren sala permanente para la obra de Núñez del Prado". Abren sala permanente para la obra de Núñez del Prado. 2011-05-14. Consultado o 2020-08-27. 
  54. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 183. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  55. En Nuñez del Prado, Marina (1973). Eternidad en los Andes. Memorias de Marina Núñez del Prado. Santiago de Chile: Editorial Lord Cochrane. p. 88. . Citado por Gómez-Martínez, Jose Luis. "LA GENERACIÓN DEL CHACO Y LA TOMA DE CONCIENCIA DE LA REALIDAD BOLIVIANA". www.ensayistas.org. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  56. Morán Ramos, Luis Daniel (2019). De los Andes a la eternidad : Marina Núñez de Prado y su legado artistico en el Perú, 1971-1995 (en castelán). Lima (Perú). p. 7. ISBN 978-612-00-4106-2. OCLC 1119603090. 
  57. "Condor-Centre Pompidou" (en francés). París. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  58. "Salas de Exhibición" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  59. "Colección Permamente". Museo Boliviano (en castelán). Colombia. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  60. "Sala 26. Sudamérica" (en castelán). O Vaticano. Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  61. "Huespéd-Colección Music en el MNBA" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2020. 
  62. 62,0 62,1 Flores Urizacari, David (2001). "Museos". Marina Núñez del Prado (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  63. "Search Result Details". Hirshhorn Museum and Sculpture Garden Smithsonian (en inglés). Consultado o 201 de agosto de 2020. 
  64. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. pp. 138–140. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. .
  65. Mazza p.154
  66. 66,0 66,1 "Museo Núñez del Prado lleva 10 años cerrado y en el olvido". www.paginasiete.bo (en castelán). 16 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  67. 67,0 67,1 "Casa Núñez del Prado pasará a la Fundación Cultural del BCB". www.paginasiete.bo (en castelán). 22 de agosto de 2019. Consultado o 28 de agosto de 22020. 
  68. Ministerio de la Presidencia (18 de setembro de 2019). "LEY N° 1231.LEY DE 18 DE SEPTIEMBRE DE 2019". Gaceta Oficial del Estado Plurinacional de Bolivia (23 de setembro de 2019). 
  69. "Museo Marina Núñez del Prado". Municipalidad de San Isidro (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-28. 
  70. 70,0 70,1 "Museo Marina Núñez do Prado" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  71. "Inauguración de la Casa museo Marina Núñez Del Prado". Lima Gris (en castelán). Perú. 14 de abril de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  72. 72,0 72,1 Flores Urizacari, David (14 de novembro de 2001). "Marina Núñez del Prado-Distinciones". Bolivian (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  73. Mazza, Giovanna Pezzuol (2018-10-03). Esculpindo a mulher indígena: produção artística e autobiográfica de Marina Núñez del Prado (1908-1995) (Tese) (en portugués). São Paulo: Universidade de São Paulo. p. 30. doi:10.11606/d.8.2018.tde-03102018-163648. 
  74. Ministerio de Relacións Exteriores do Perú. "Condecorados: Orden del Sol de Perú" (PDF). Consultado o 28 de agosto de 2020. [Ligazón morta]
  75. "Bipticos; Recortes de periódico; Catálogos; Invitación". Espacio Simón I. Patiño Koha . Búsqueda de autoridades. Consultado o 2020-08-28. 
  76. "Declaran el 17 de octubre Día de las Artes Plásticas". www.bolivia.com. Consultado o 21 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]