Marilyn vos Savant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarilyn vos Savant
Biografía
Nacemento(en) Marilyn Mach Editar o valor em Wikidata
11 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Universidade Saint Louis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncolumnista , escritora , xornalista , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMarilyn vos Savant Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Jarvik (1987–) Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: VirtualMvS Discogs: 5741284 Editar o valor em Wikidata

Marilyn vos Savant (|ˌvɒs səˈvɑːnt|), nada como Marilyn Mach[1] en St. Louis o 11 de agosto de 1946,[2] é unha columnista, escritora, conferenciante e dramaturga estadounidense.[3] Foi considerada polo Guinness Book of Records como a persoa co maior cociente intelectual (CI) rexistrado, categoría que posteriormente a publicación retirou. Dende 1986 escribiu "Ask Marilyn", unha columna dominical na revista Parade en que resolve crebacabezas e contesta preguntas sobre diferentes temas. Entre eles destacou unha discusión sobre o problema de Monty Hall, ao que propuxo unha solución en 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marilyn vos Savant é filla de Joseph Mach e Marina vos Savant. Savant considera que se deben conservar os apelidos anteriores ao matrimonio, cos fillos adoptando os do pai e as fillas os da nai.[4][5] A palabra savant, que significa alguén que aprende, aparece dúas veces na súa familia: o apelido da súa avoa era Savant e o do seu avó vos Savant. É de ascendencia italiana, checoslovaca,[6] alemá,[7] e austríaca, sendo descendente do físico e filósofo Ernst Mach.[8]

De adolescente, Savant traballou na tenda do seu pai e escribiu para xornais locais con pseudónimo. Casou aos dezaseis anos e divorciouse dez anos despois. O seu segundo matrimonio rematou cando tiña 35 anos.

Asisitu ao Meramec Community College e estudou filosofía na Universidade de Washington en St. Louis, mais deixouna dous anos despois para axudar a súa familia nun negocio de investimentos. Savant mudouse a Nova York na década de 1980 para seguir unha carreira como escritora. Antes de comezar a columna "Ask Marilyn", escribiu Omni I.Q. Quiz Contest para a revista Omni, que incluía cuestionarios sobre o cociente intelectual e exposicións sobre a intelixencia e a súa medida.

Savant casou con Robert Jarvik (un dos desenvolvedores do corazón artificial Jarvik-7 o 23 de agosto de 1987,[9][10] e foi nomeada directora financeira de Jarvik Heart, Inc. Participou tamén na xunta directiva do National Council on Economic Education, na xunta de conselleiros da National Association for Gifted Children e no National Women's History Museum,[11] e como membro do Committee for Skeptical Inquiry.[12] Toastmasters International nomeouna unha das "Five Outstanding Speakers of 1999", e en 2003 recibiu un doutoramento en letras honorífico por The College of New Jersey.

Salto á fama e tests de intelixencia[editar | editar a fonte]

Savant foi incluída no Guinness Book of World Records como "Maior CI" entre 1985 e 1989[1] e entrou no Salón da Fama do Libro Guinness en 1988.[1][13] Guinness retirou a categoría en 1990 tras decidir que os tests de intelixencia eran demasiado pouco fiables para designar un único posuidor do récord.[1] A inclusión chamou a atención de todo o país.[14]

Guinness citou os resultados de vos Savant en dous tests de intelixencia, o Stanford-Binet e o Mega Test. Realizou o test Stanford-Binet, Second Revision de 1937 aos dez anos.[7] Afirmou que o seu primeiro test o realizou en setembro de 1956 e a medida da súa idade mental era de 22 anos e dez meses, obtendo unha puntuación de 228.[7] Este foi o número incluído no Guinness Book of World Records, aparece nas seccións biográficas dos seus libros e é o que dá nas entrevistas.

O segundo test mencionado por Guinnes foi o Mega Test de Hoeflin, que realizou a mediados da década de 1980. O Mega Test obtén unha puntuación do CI multiplicando a puntuación Z normalizada do suxeito, ou a rareza dos datos brutos pola desviación típica e engade o resultado a 100. Os datos brutos de Savant foron de 46 sobre 48, cunha puntuación Z de 5,4 e unha desviación de 16, chegando a un CI de 186. O Mega Test foi criticado por psicólogos profesionais como deseñado e puntuado de xeito impropio, "nada menos que a pulverización do número".[15]

Savant ve os tests de intelixencia como medidas dunha variedade de habilidades mentais e pensa que a intelixencia implica tantos factores que "intentar medilos é inútil".[16] Vos Savant é membro das sociedades de alto cociente intelectual Mensa International e Mega Society.[17]

"Ask Marilyn"[editar | editar a fonte]

Despois da súa inclusión no Guinness Book of World Records en 1986, a revista Parade publicou un perfil dela xunto cunha selección de preguntas dos lectores e as súas respostas. Parade continuou a recibir preguntas, polo que se creou a columna "Ask Marilyn". Empregouna para contestar cuestións sobre moitos temas académicos, resolver crebacabezas propostos polos lectores, dar consellos empregando a lóxica e dar probas e crebacabezas ideados por ela mesma. Ademais da columna impresa semanal, "Ask Marilyn" foi unha columna diaria en liña en que resolvía preguntas controvertidas, corrixía erros, ampliaba respostas, volvía publicar artigos e resolvía cuestións adicionais.

Tres dos seus libros (Ask Marilyn, More Marilyn e Of Course, I'm for Monogamy) son recompliacións de preguntas e respostas de "Ask Marilyn". The Power of Logical Thinking inclúe moitas preguntas e respostas da columna.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1985 – Omni I.Q. Quiz Contest
  • 1990 – Brain Building: Exercising Yourself Smarter (co-written with Leonore Fleischer)
  • 1992 – Ask Marilyn: Answers to America's Most Frequently Asked Questions
  • 1993 – The World's Most Famous Math Problem: The Proof of Fermat's Last Theorem and Other Mathematical Mysteries
  • 1994 – More Marilyn: Some Like It Bright!
  • 1994 – "I've Forgotten Everything I Learned in School!": A Refresher Course to Help You Reclaim Your Education
  • 1996 – Of Course I'm for Monogamy: I'm Also for Everlasting Peace and an End to Taxes
  • 1996 – The Power of Logical Thinking: Easy Lessons in the Art of Reasoning...and Hard Facts about Its Absence in Our Lives
  • 2000 – The Art of Spelling: The Madness and the Method
  • 2002 – Growing Up: A Classic American Childhood

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Knight, Sam (10 de abril de 2009). "Is a high IQ a burden as much as a blessing?". Financial Times (Financial Times Ltd). Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  2. "MILESTONES: August 11 birthdays for Viola Davis, Tomi Lahren, Joe Rogan". Brooklyn Eagle. 11 de agosto de 2020. Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  3. The Time Everyone "Corrected" the World's Smartest Woman". Priceonomics, 19 de febreiro de 2015
  4. vos Savant, Marilyn (25 de novembro de 2007). "Ask Marilyn". Parade. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2008. 
  5. vos Savant, Marilyn (23 de xaneiro de 2008). "Keeping It in the Family". Parade. 
  6. vos Savant, Marilyn (4 de maio de 2013). "Ask Marilyn: The 'First Sandwich Generation': True Trend or Marketing Invention?". Parade. Consultado o 2013-08-15. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Baumgold, Julie (6 de febreiro de 1989). "In the Kingdom of the Brain". New York Magazine (New York Media, LLC). 
  8. Vitez, Michael (12 de outubro de 1988). "Two of a Kind". The Chicago Tribune. 
  9. "Love Stories We Love". Parade (en inglés). 6 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  10. McCleary, Kathleen (11 de setembro de 2018). "Marilyn's Rules for a Happy Marriage". Parade (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2022. 
  11. "About – National Women's History Museum – NWHM". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  12. "CSI Fellows and Staff". Center for Inquiry. Consultado o 20 de xuño de 2012. 
  13. "Ask Marilyn Stream". Parade: Entertainment, Recipes, Health, Life, Holidays. 
  14. Knight, Sam (10 de abril de 2009). "Is a high IQ a burden as much as a blessing?". Financial Times (Financial Times Ltd.).  Castles, Elaine E. (6 de xuño de 2012). Inventing Intelligence. ABC-CLIO. p. 3. ISBN 978-1-4408-0338-3. Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  15. Carlson, Roger D. (1991). Keyser, Daniel J.; Sweetland, Richard C., eds. Test Critiques. Test Critique: The Mega Test (Volume VIII ed.) (PRO-ED). pp. 431–435. ISBN 0-89079-254-2. 
  16. vos Savant, Marilyn (17 de xullo de 2005). "Ask Marilyn: Are Men Smarter Than Women?". Parade. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2008-02-25. 
  17. Thompson, D. (5 de xullo de 1986). "Marilyn's Most Vital Statistic". The Courier-Mail. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]