Mariia Spiridonova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Мари́я Спиридо́нова
Mariia Spiridonova
MarijaSpiridonova.jpg
Mariia Spiridonova cara a 1906.
Nome completoMariia Aleksandrovna Spiridonova
Мари́я Алекса́ндровна Спиридо́нова
Nacemento16 outubro de 1884 [a][1]
 Flag of Russia.svg Tambov, Imperio Ruso
Falecemento11 de setembro de 1941 (56 anos)
 Flag of the Soviet Union.svg Oriol, Unión Soviética
CausaFusilamento
Nacionalidaderusa
OcupaciónRevolucionaria
editar datos en Wikidata ]

Mariia Aleksandrovna Spiridonova (en ruso Мари́я Алекса́ндровна Спиридо́нова), nada en Tambov (Rusia) o 16 de outubroxul./ 28 de outubro de 1884greg. e finada no bosque Medvedevsk preto de Oriol o 11 de setembro de 1941, foi unha revolucionaria rusa de principios do século XX, destacada dirixente do Partido Socialrevolucionario de Esquerda (PSRE).[2] Paradigma por excelencia de terrorista revolucionaria do último período tsarista, foi a candidata gobernamental a presidir a Asemblea Constituínte logo da Revolución de Outubro.[3] Logo de organizar o asasinato do embaixador alemán no verán de 1918, os bolxeviques detivérona.[3] Pasou o resto da súa vida no exilio interior e en diversas prisións e campos de traballo.[3] Durante as Purgas de Stalin, foi arrestada xunto con outros doce antigos membros do PSRE en Ufa, onde vivían no exilio (8 de febreiro de 1937).[4]

Naceu no seo dunha familia nobre na provincia de Tambov en 1884 e formouse en enfermaría, mais en 1905 abandonou os estudos e entregouse á actividade revolucionaria como membro do Partido Social-Revolucionario (PSR).[5] Condenada a morte polo asasinato de Gavriil Nikolaevich Luzhenovski, responsable policial dun distrito da provincia de Tambov, a presión popular obrigou a conmutar a pena por cadea perpetua.[6] O seu maltrato durante o seu período de encarceramento converteuna nun mito entre o campesiñado e a súa popularidade foi empregada posteriormente polo partido.[6] Pasou os dez anos seguintes en prisión en Siberia.[7] Continuamente enferma e con períodos de depresión, apenas participou nas actividades organizadas polas súas compañeiras de cativerio.[8]

Foi liberada cando estalou a Revolución de Febreiro de 1917.[9] Converteuse axiña nunha das principais representantes da corrente máis esquerdistas do PSR.[10] Icona revolucionaria da esquerda do PSR, foi o paladín dos que se opuñan a continuar a guerra mundial e desexaban acabar con calquera vestixio da autocracia tsarista.[11] Máis consumada axitadora e símbolo moral que hábil política, inspiraba e convencía polo seu exemplo persoal e a súa firme fe case relixiosa na capacidade do individuo para levar a cabo unha profunda reforma moral e social.[12] A pesar de non pertencer á dirección nacional do PSR, participou intensamente nas actividades tanto da sección do partido na capital —dominada xa polos socialrevolucionarios de esquerda— como no campo.[13] Mentres a dirección moderada do partido avogaba por manter a revolución limitada á política e por non emprender mudanzas sociais, Spiridonova, do mesmo xeito que a corrente máis esquerdistas dos socialrevolucionarios, propugnaba unha gran transformación social.[14] Logo da fracasada tentativa do xeneral Kornilov de tomar o poder, comezou a vituperar máis intensamente o Goberno e a dirección do partido, personificada en Chernov.[15][16] Hábil oradora, converteuse axiña na alma da corrente esquerdista do partido que pronto se escindiría do PSR.[12]

Acudiu á capital para asistir ao II Congreso dos Soviets, simultáneo á Revolución de Outubro.[17] Membro da presidencia do congreso, participou na abolición da pena de morte aos desertores.[18] Inicialmente, Spiridonova avogou pola formación dun Goberno socialista de coalición mais,[12][19] cando isto resultou imposible, defendeu con ardor a coalición entre o Partido Socialrevolucionario de Esquerda (PSRE) e os bolxeviques.[13] Converteuse nunha das personalidades máis destacadas do PSRE.[20] A finais de 1917 e principios de 1918, tomou o control total da organización de consellos campesiños, ata aquela en mans do PSR.[21] Logo da unión dos soviets de soldados e obreiros cos de campesiños, mantívose unha sección campesiña separada, presidida por Spiridonova, que foi a principal responsable da extensión do sistema de soviets no campo, o fomento do apoio ao goberno soviético, a preparación da reforma agraria e a defensa dos intereses campesiños en xeral.[22] Permaneceu á fronte desta sección do CEC entre o segundo e o quinto congreso soviético.[23]

Decidida partidaria do Goberno bolxevique durante os primeiros meses deste, en xuño de 1918 pasou á oposición.[24] Defensora de retomar o terrorismo contra os representantes alemáns en Rusia para anular o Tratado de Brest-Litovsk, aprobou o asasinato do embaixador alemán en xullo durante o «alzamento socialrevolucionario».[25] Arrestada entón, pasou o resto da súa vida entre a clandestinidade e as prisións e exilios interiores.[25] Logo de varias detencións, foi liberada finalmente o 18 de novembro de 1921, coa condición de que abandonase toda actividade política, limitación que cumpriu.[26]

Pasou catorce anos exiliada: en Kaluga entre 1923 e 1925, en Samarcanda entre 1925 e 1928 e en Tashkent entre 1928 e 1930.[27] En 1931 foi enviada a Ufa, onde traballou como planificadora económica experta nun banco agrícola, actividade que consideraba a súa pequena contribución ao establecemento do socialismo.[27] O 8 de febreiro de 1937, foi detida xunto cos seus compañeiros de piso: non volveu recuperar a liberdade.[28] Encarcerada en diversas prisións, finalmente na de Oriol xunto ao seu marido, foi fusilada en 1941, días antes de que a cidade caese en mans dos alemáns durante a Operación Barbarossa.[29] En 1992, anuláronse os cargos polos que fora exiliada en 1918 e foi completamente rehabilitada.[30]

Inicios[editar | editar a fonte]

Spiridonova nunha fotografía sen datar anterior ao atentado de 1906. Filla dun funcionario ennobrecido polos seus servizos ao Estado, abandonou os seus estudos e converteuse en socialrevolucionaria en 1905.

Naceu en Tambov o 16 de outubro de 1884,[3][24][31] no seo dunha familia da baixa nobreza rural.[2] Seu pai, un antigo funcionario,[24] recibira un título aristocrático non hereditario polos seus servizos ao Estado.[3][32][33] Traballaba como contable nun banco.[31] Mariya tiña outros catro irmáns,[34] tres mulleres e un home.[31] A familia posuía unha vivenda na propia cidade de Tambov, unha dacha no campo e chegou a ser dona dunha fábrica de entarimados.[31]

Tendo sido educada con esmero na casa, ingresou no segundo ano de escola secundaria en 1895.[35] Boa estudante,[35] abandonou os estudos secundarios no ximnasio en 1902 —o oitavo e último ano—, probablemente tanto pola mala situación económica familiar á morte de seu pai como por problemas de saúde —sufría ataques de tuberculose dende a adolescencia—.[36][35] Abandonado o ximnasio e aínda sen interese polas actividades revolucionarias, partiu a Moscova, onde contaba con familiares, a formarse como dentista.[36][37] En 1903, de volta na súa provincia natal, comezou traballar para a asemblea aristocrática rexional,[38] probablemente para paliar a penuria familiar.[36] Foi entón cando comezou a interesarse polas actividades subversivas; en novembro de 1904, o seu piso foi rexistrado pola policía en busca de prensa ilegal.[36][38] En marzo de 1905, participou en manifestacións estudantís polas que foi encarcerada durante tres semanas.[36][39] Neste primeiro e breve encarceramento, xa amosou a mala saúde que a acompañou durante todos os seus períodos en prisión e tivo que ser atendida polo médico da cadea.[40] En setembro do mesmo ano, tratou de ingresar sen éxito na escola local de auxiliares médicos; foi rexeitada pola súa actividade política.[36][41] O seu mentor como revolucionaria foi un mozo dirixente socialrevolucionario local, que se converteu no seu amante.[42][b] Uniuse ao Partido Socialista Revolucionario en 1905.[2][24] Ao ter sido educada nun ambiente rural, a proximidade ao campesiñado máis que ao novo proletariado urbano e a súa preferencia polo que consideraba socialismo moral dos socialrevolucionarios fronte ao economicismo impersoal dos socialdemócratas marxistas fixérona unirse aos primeiros.[44]

Terrorista e heroína popular[editar | editar a fonte]

O 15 de xaneiroxul./ 28 de xaneiro de 1906greg. e por orde do partido,[45][46] Spiridonova asasinou o inspector xeral da Policía Gavriil Nikolaevich Luzhenovskii,[5] quen tería ordenado a brutal represión policial do levantamento campesiño local durante a revolución de 1905.[2][13][47][44][48] A vítima era un oficial da Okhrana destinado en Tambov.[13] Terratenente provincial, membro da Unión do Pobo Ruso, teríaselle encargado o esmagamento das revoltas campesiñas nun dos distritos máis conflitivos da provincia.[49][50][51][c] Spiridonova, membro xa daquela dunha célula terrorista do partido, presentouse voluntaria[53] para a misión.[13] Logo de seguir o tren de Luzhenovskii durante varios días, logrou achegarse a el disfrazada[51] de alumna de escola secundaria mentres descendía á plataforma en Borisoglebsk e inflixirlle cinco feridas de bala,[54] dúas no estómago, outras tantas no peito e unha no brazo, feríndoo de morte —faleceu case un mes máis tarde, o 10 de febreiro—.[55][56] O atentado foi un dos case douscentos cometidos polos socialrevolucionarios durante os dous anos da revolución de 1905 e pasou inicialmente relativamente desapercibido.[32]

Spiridonova, no centro en segunda fila, con quevedos, xunto con outras dúas presas e os seus gardas, camiño da súa prisión siberiana no verán de 1906.

Logo do asasinato e tralo seu arresto, foi obxecto de terribles torturas,[2] tanto físicas como sexuais, por parte da policía e o persoal do cárcere.[13][57][51][7][d] O atentado e o maltrato de Spiridonova saíron á luz por primeira vez nas páxinas dun diario liberal da capital, que publicou unha carta súa na que se detallaban os abusos cometidos por cosacos e policías durante o seu arresto e encarceramento.[59][46] O partido fomentou a publicidade do caso, co visto e prace da propia Spiridonova, como instrumento de propaganda política.[60] Aireado o maltrato na prensa —en ocasións de xeito inexacto ou exaxerado—,[59][e] unha parte da sociedade reaccionou indignada polo cruel trato.[2][13][7][62] O ministro de Xustiza ordenou unha investigación oficial do caso ao fiscal provincial, lista a finais de febreiro pero non publicada en espera da investigación militar sobre o comportamento dos militares.[63] Este atraso interpretouse como renuencia gobernamental a xulgar os funcionarios, o que aumentou o descontento popular.[64] Ao mesmo tempo, o diario que destapara o caso enviara o seu xornalista máis renomeado a realizar unha indagación paralela, que se plasmou nunha serie de artigos publicados entre o 7 de marzo e o 5 de abril.[35] O contido destes, frecuentemente sensacionalista, non coincidía nalgúns aspectos nin cos resultados da investigación oficial nin cos datos incluídos na correspondencia persoal de Spiridonova.[35] A pesar diso, grazas a estes artigos forxouse a imaxe idealizada de Spiridonova como nobre, gallarda, intelixente, bela e virxinal.[65] A reticencia das autoridades locais a divulgar a súa relación co seu correlixionario de partido —tamén arrestado— e o desexo da propia Spiridonova de mantela oculta favoreceu a súa imaxe de virxe ultraxada.[66][f]

O mesmo tribunal que o 11 de marzo a condenara a aforcamento[44] solicitou a conmutación da pena de morte pola de exilio interior.[68][69] Grazas ao apoio e admiración popular, conmutóuselle a sentenza de morte pola de cadea perpetua no exilio siberiano.[2][13][7][62] O gobernador militar de Moscova aprobou a petición do tribunal o 20 do mesmo mes.[68][70] O seu caso atraera a atención nacional e internacional.[2][51][7][58] A indignación popular, o seu sexo e a súa mala saúde permitiron que salvara a vida.[62] Os artigos escritos polo reporteiro enviado polo diario liberal que publicara a carta de Spiridonova dende prisión, frecuentemente incorrectos, publicáronse axiña como libro, en abril.[51][71] Spiridonova converteuse así no modelo dos terroristas revolucionarios.[44]

O 19 de maio, aínda moi feble e vomitando sangue, foi trasladada de Tambov á prisión de Butyrka, en Moscova.[72] Alí coñeceu outras cinco terroristas coas que pasou os longos anos de exilio en Siberia e coas que compartía parcialmente orixes.[72][g]

Exilio siberiano[editar | editar a fonte]

Permaneceu internada no remoto cárcere de mulleres de Maltsev e no de Akatui, no distrito mineiro de Nerchinski Zavod (krai de Zabaikalie), en Siberia oriental, preto da fronteira chinesa, ata 1917.[2][13][59][44] Estas prisións pertencían ao complexo carcerario de Nerchinsk.[73] Chegou a Nérchinsk dende o cárcere moscovita de Butyrka[44] no verán de 1906 logo dun percorrido triunfal[58] en ferrocarril —as presas partiron o 21 de xuño e tardaron un mes en chegaren ao seu destino—,[74] acompañada por outras cinco terroristas socialrevolucionarias.[75] Durante este período, o partido presentouna como unha mártir sacrificada polo campesiñado, que a consideraba unha especie de santa.[13][59] Converteuse no exemplo por excelencia de heroína e mártir revolucionaria, terrorista oposta ao que os socialrevolucionarios e os seus partidarios consideraban a opresión tiránica do sistema tsarista.[76]

Spiridonova —á esquerda—, xunto con outras famosas terroristas durante a súa prisión siberiana.

O maltrato e o encarceramento previos á súa condena deixáronlle secuelas de por vida: perdeu parte da audición e o seu estado mental e físico mantívose delicado.[26] Sufriu ademais periódicos ataques de tuberculose, herpes, disentería, histeria e depresión.[26] A tuberculose, que puido ter contraído durante o seu primeiro período en prisión ou quizais mesmo antes, acentuou a súa inclinación ao sacrificio revolucionario.[77] Os períodos de maior gravidade da enfermidade —que sufría en grao avanzado xa en 1906 e se manifestaba en febres, delirios, tose sanguinolenta e delgadeza— coincidiron cos de menor liberdade, especialmente aqueles nos que estivo aprisionada.[78]

Ao comezo, as presas foron encerradas na prisión de Akatui, onde se encontraban destacados membros do partido como Grigori Gershuni.[79] En febreiro de 1907, as autoridades decidiron trasladalas a Máltsev, outro dos cárceres do complexo.[80][h] Na remota prisión de Máltsev, as presas —unhas setenta—[82] non tiñan que realizar traballos forzados senón simplemente aguantar o continuo illamento e falta de acontecementos do lugar.[83] Este cárcere foi onde as autoridades encerraron todas as mulleres deportadas a Siberia entre 1907 e 1911, a maioría socialrevolucionarias.[81] Spiridonova formou xunto con outras mozas terroristas deportadas unha comuna[82][84] na que compartían tanto as tarefas diarias como as posesións, adicábanse a formarse na teoría socialista e a instruírse[83] en xeral.[85][81] A maioría delas uníuse logo da súa liberación en 1917 á corrente esquerdista do Partido Social-Revolucionario (PSR).[86]

Pasou catro anos nesta prisión onde o Goberno confinaba as terroristas.[44] Trasladada axiña ao edificio da prisión reservado ás presas con problemas de saúde —o cárcere non estaba ben illado, o que prexudicaba as que caían enfermas—, pasou neste toda a súa condena, con escaso contacto coas novas presas.[87] Continuamente enferma e con períodos de depresión, apenas participou nas actividades organizadas polas súas compañeiras de cativerio.[8] O 27 de abril de 1911, foi trasladada xunto co resto de presas políticas de novo a Akatúi, por decisión do novo alcaide do complexo, decidido a extremar a seguridade ante os continuos plans de fuga.[88] En Akatúi Spiridonova seguiu vivindo nunha cela separada do resto de presas debido á súa mala saúde, atendida por Aleksandra Izmailovich.[89]

Ao estalar a primeira guerra mundial en 1914, adoptou unha posición internacionalista, oposta á contenda.[90]

O período interrevolucionario[editar | editar a fonte]

Encontrábase aínda en Siberia cando estalou a Revolución de Febreiro de 1917.[9] O novo ministro de Xustiza do Goberno provisional, Aleksandr Kerenskii, proclamou a amnistía dos presos políticos; a medida coñeceuse en Akatúi a tarde do 3 de marzoxul./ 16 de marzo de 1917greg..[91] Dous días máis tarde, as dez presas que aínda quedaban na prisión recibiron permiso para trasladarse á capital de Transbaikalia, Chitá.[92] Spiridonova foi liberada e rumoreouse, erroneamente,[93] que volvera á prisión de Chitá.[10] Tamén que fora nomeada alcaldesa da cidade logo da amnistía que a liberara da súa condena —na cidade predominaban os socialdemócratas, non os socialrevolucionarios—.[2][94] Nesta localidade pasou algunhas semanas durante a primavera antes de regresar ao oeste.[90] En Chitá participou na formación dun comité socialrevolucionario local e axudou os presos liberados que acudían á cidade dende as distintas cadeas da rexión.[95] Regresou á Rusia europea tres meses despois da caída da monarquía, en maio.[96]

Converteuse axiña nun dos principais representantes da corrente máis esquerdista[86] do Partido Social-Revolucionario (PSR),[13] xunto con Mark Natansón,[97] Borís Kamkov, Prosh Proshian ou Andrei Kolegaiev.[10] Dentro desta sección do partido, representaba os exiliados de Siberia, cuxo extremismo non se moderara durante as súas condenas.[10][86][90] Icona revolucionaria da esquerda do PSR como Catalina Breshko-Breshkovskaia o era da dereita do mesmo,[12] aínda que máis popular, foi o paladín dos que se opuñan a continuar a guerra mundial e desexaban acabar con calquera vestixio da autocracia tsarista.[11] Era considerada unha persoa intelixente e valente, mais xa durante o período revolucionario amosaba signos de esgotamento e escasa habilidade para escoller colaboradores.[11] O seu pasado revolucionario, as torturas sufridas e o seu pasado terrorista protexérona, con todo, das críticas dos seus adversarios.[11] Máis consumada axitadora e símbolo moral que hábil política, inspiraba e convencía polo seu exemplo persoal e a súa firme fe case relixiosa na capacidade da persoa para levar a cabo unha profunda reforma moral e social.[12]

Chegou a Moscova logo de tres semanas de viaxe, cando se estaban a celebrar as últimas sesións do terceiro congreso do partido.[98] No III Congreso do PSR celebrado en maio e xuño en Moscova, representou a corrente de esquerda do partido.[2][13][90] O congreso recibiu as deportadas, que chegaron a Moscova o 31 de maioxul./ 13 de xuño de 1917greg., cunha grande ovación.[99] Intensamente dividido entre esquerdistas e dereitistas, resultou un fracaso: non estableceu como debía organizarse o partido —que medrara enormemente— nin revisou o programa, aprobado en 1906.[98] Dada a debilidade da fracción esquerdista da formación, non logrou que a elixiran para o comité central.[13][97]

Ao clausurarse o congreso, partiu a Petrogrado, onde ingresou na dirección local do partido.[100] A pesar de non pertencer á dirección nacional, participou intensamente nas actividades tanto da sección do partido na capital —dominada xa polos socialrevolucionarios de esquerda— como no campo.[13] Era unha das editoras do principal diario do comité do PSR en Petrogrado, Znamya trudá («O Estandarte do Traballo»).[2] Era ademais membro do Soviet de Petrogrado[12] e do comité executivo dos consellos de campesiños.[2] A pesar de pertencer claramente á fracción esquerdista do partido, as outras fraccións favoreceron a súa elección ao comité executivo dos soviets de campesiños, dado o seu prestixio entre a poboación; o organismo, con todo, estaba controlado pola corrente conservadora.[101] A pesar da súa probable oposición á actitude progobernamental do comité, o 23 de xuñoxul./ 6 de xullo de 1917greg. foi elixida para formar parte da presidencia colexiada deste.[102] Durante as Xornadas de Xullo, participou nas sesións do congreso soviético, opoñéndose a secundar sen máis ao Goberno.[103] A continuación, marchou recibir á delegación armada da base naval de Kronstadt, que acababa de chegar á cidade para apoiar o traspaso do poder aos consellos.[104] Nas reunións dos comités executivos centrais, avogou sen éxito pola asunción do goberno polos soviets.[105]

Opúxose con gran vehemencia á restauración da pena de morte para os soldados (12 de xulloxul./ 25 de xullo de 1917greg.), aprobada polo Goberno provisional.[106][86][107] A súa severa crítica da medida reflectiuse en diversos artigos publicados no xornal Nas Put (O noso camiño), do que era a redactora e que expresaba as posicións da corrente esquerdista do PSR.[108] Considérase que a época das súas protestas contra esta medida gobernamental data o comezo do traspaso das simpatías da maioría dos soldados do PSR ao futuro Partido Socialrevolucionario de Esquerda (PSRE) e ao Partido Bolxevique.[109][110] Nesta época, comezou a criticar publicamente a coalición gobernamental que agrupaba socialistas e liberais e que incluía ministros socialrevolucionarios como Víctor Chernov.[111] Mentres a dirección moderada do partido avogaba por manter a revolución limitada á política e por non emprender mudanzas sociais, Spiridonova, do mesmo xeito que a corrente máis esquerdista dos socialrevolucionarios, propugnaba unha gran transformación social.[14] A este fin adicou as acendidas arengas que pronunciou frecuentemente durante o período revolucionario e que tiveron grande importancia na radicalización da poboación na capital.[14]

Durante a Conferencia Democrática, celebrada logo do fracasado golpe de Kornílov, representou de novo a á esquerda do PSR, oposta rotundamente á continuación dos Gobernos de coalición coa burguesía,[112] a diferenza do centro e a dereita da formación, que lograron que Kerenskii puidese pactar un novo gabinete co Partido Constitucional Democrático.[113][114] Trala fracasada tentativa do xeneral Kornílov de tomar o poder, comezou a vituperar máis intensamente o Goberno e a dirección do partido, personificada en Chernov.[15][16] Hábil oradora, converteuse axiña na alma da corrente esquerdista do partido, que pronto se escindiría do PSR.[12] Xunto con Borís Kamkov, converteuse en vicepresidenta do comité socialrevolucionario de Petrogrado, controlado polos esquerdistas do partido.[16] A pesar do seu rexeitamento ás conclusións da Conferencia Democrática, foi unha das delegadas dos socialrevolucionarios de esquerda no Preparlamento, a cuxas sesións asistiu como representante dos soviets de campesiños.[115]

No Partido Socialrevolucionario de Esquerdas[editar | editar a fonte]

A Revolución de Outubro, a coalición de goberno e a Asemblea constituínte[editar | editar a fonte]

Mariya Spiridonova durante o período revolucionario.

A Revolución de Outubro forzou a escisión de parte da á esquerda do PSR, formada polos expulsados por non retirarse do II Congreso dos Soviets, simultáneo coa toma do poder polos bolxeviques, e por aquilo considerados polo comité central do PSR como colaboradores do golpe de Estado.[116] Spiridonova, como a maioría da corrente esquerdista do partido, aprobou[13] as accións dos bolxeviques.[2][23][117] Á ruptura seguiuna unha dura rivalidade entre ambas as formacións, que incluíu unha campaña de difamación do PSR cara ás principais figuras do PSRE,[118] facilitada polo descubrimento de que Peter Dekonski, un protexido de Spiridonova, fora un antigo membro da Okhrana.[119] O escándalo pola colaboración de Dekonski coa policía tsarista limitou a intervención política de Spiridonova nas semanas previas á toma do poder polos bolxeviques.[120] Spiridonova, nomeada polo partido para investigar as acusacións, tratara de favorecelo, a pesar dos documentos que as probaban.[121] Pasou un mes no sur de Rusia, visitando diversas localidades nas que residira Dekonski e acudiu á capital unicamente para asistir ao II Congreso dos Soviets, simultáneo coa Revolución de Outubro.[17] Membro da presidencia do congreso, participou na abolición da pena de morte aos desertores, restaurada antes por Kerenskii, unha das mocións aprobadas nas sesións.[18] Clausurado o congreso, regresou ao sur.[122]

Inicialmente, Spiridonova avogou pola formación dun Goberno socialista de coalición mais,[12][19] cando isto se mostrou imposible, defendeu con ardor a coalición entre o PSRE e os bolxeviques.[13][123] Nesta época, mantivo numerosas reunións con Lenin, quen tratou de convencela para que outorgase o seu influente apoio ao novo Goberno, frecuentemente con éxito.[19] Foi a principal representante do partido nas negociacións cos bolxeviques que culminaron coa formación dun Goberno de coalición entre as dúas formacións.[124]

Spiridonova converteuse nun dos dirixentes máis destacados do Partido Socialrevolucionario de Esquerda (PSRE) en 1917.[20][125] Nas eleccións do comité central, foi a segunda candidata con máis votos favorables xunto con Boris Kamkov, superada soamente por Mark Natanson.[126] O PSRE en teoría compartía o programa bolxevique da ditadura do proletariado, mais era moi remiso a seguir as brutais tácticas dos bolxeviques.[125] Os seus membros non se opuñan, con todo, á aplicación de medidas represivas e compartían con aqueles a convicción de que era necesario un período de ditadura durante a transición ao socialismo.[29] Spiridonova, como outros dirixentes do partido, avogaba por unha ditadura democrática, exercida pola maioría da poboación a través dos soviets elixidos democraticamente.[127] Contrarios a compartir o poder coa burguesía, consideraban innecesaria a reunión da Asemblea constituínte, cuxas tarefas crían xa realizadas polo Sovnarkom.[128] Proclamaban ser o partido do campesiñado ruso.[129] Un asunto no que disentían cos seus socios de goberno era o da propiedade da terra: os bolxeviques desexaban outorgar a súa posesión ao Estado e establecer unha economía centralizada, que favorecese o proletariado urbano; os socialrevolucionarios preferían que as comunidades rurais fosen as donas da terra confiscada polo decreto do Segundo Congreso dos Soviets.[130] En opinión dos bolxeviques, esta formulación era pequenoburguesa, pero aceptárono para non se enfrontaren ao groso do campesiñado ruso.[131]

Spiridonova, rodeada de delegados campesiños da conferencia previa ao II Congreso de Consellos Campesiños, a finais de 1917.

Foi nomeada presidenta da conferencia previa ao II Congreso de Consellos Campesiños,[132] que comezou o 10 de novembroxul./ 23 de novembro de 1917greg. na capital.[133][134] A conferencia e o posterior congreso serviron de escenario para o enfrontamento do PSR e o PSRE polo control dos consellos campesiños e do campesiñado en xeral.[135] O obxectivo da conferencia, que pronto se converteu en congreso extraordinario,[136] era arrebatar o control do CEC campesiño ao PSR, que o controlaba dende a primavera.[137] A loita personalizouse na oposición entre Spiridonova, candidata á presidencia do Congreso polo PSRI, e o seu antigo mentor político, o socialrevolucionario da corrente de centroesquerda Víctor Chernov.[138][137] Spiridonova resultou primeiro elixida por escasa marxe e a continuación derrotada.[135] O Congreso resultou extremadamente tumultuoso: o PSRE recibiu en xeral o apoio dos soldados de orixe campesiña e o PSR o dos delegados provenientes do campo.[139][140] O 4 de decembroxul./ 17 de decembro de 1917greg., dividiuse finalmente en dúas asembleas rivais.[139][141] Spiridonova presidiu a parte apoiada polo PSRE e os bolxeviques.[142][143] Os seus intentos de unir os delegados en favor do PSRE fracasaron.[144] A pesar da súa eminencia, non obtivo cargo ningún no Goberno e as súas intervencións no CEC foron escasas; a súa relevancia debíase máis á inspiración que causaba que a que dirixira de xeito efectiva o novo partido.[145]

O 15 de novembroxul./ 28 de novembro de 1917greg., foi a primeira oradora que no Instituto Smolny deu a benvida aos delegados campesiños que acudían a celebrar a unión do CEC campesiño co de obreiros e soldados, acabada de acordar por bolxeviques e socialrevolucionarios e á que se mostrara favorable.[146] O 17 de novembroxul./ 30 de novembro de 1917greg., tras criticar duramente os bolxeviques por teren disolta a Duma municipal da capital sen o consentimento do Comité Executivo Central Panruso (CEC ou VTsIK en ruso),[147] anunciou a disposición do seu partido a entrar no Goberno.[125] Foi elixida como presidenta honoraria do primeiro congreso do PSRE, que comezou o 19 de novembroxul./ 2 de decembro de 1917greg. Enfrascada nas sesións, primeiro do congreso extraordinario campesiño, e despois no ordinario que comezou inmediatamente despois da clausura do anterior, apenas asistiu aos debates do congreso do partido.[148]

Trala entrada do PSRE no Goberno e o nomeamento de Isaac Steinberg, membro do partido, como comisario de Xustiza, Spiridonova exixiu a voladura da Fortaleza de Pedro e Paulo en Petrogrado, sen éxito.[149][150] Unha vez no Goberno, o 11 de decembroxul./ 24 de decembro de 1917greg. decidiu acabar coa dualidade nos consellos de campesiños que, dende a división do II Congreso, contaban con dous comités executivos rivais.[21] Aproveitando o final do congreso formado polos partidarios do PSR, ordenou a disolución do seu comité pola forza e tomou o control total da organización de consellos campesiños.[21] Negouse a pactar un acordo entre os dous partidos que permitiran resolver os desacordos entre ambos nun novo congreso.[21] A pesar de debilitar o PSR, estas manobras non lograron conseguir completamente para o PSRR o apoio perdido por aquel.[21]

Durante a única sesión da Asemblea Constituínte Rusa foi presentada como candidata da esquerda, mais foi derrotada por Víctor Chernov,[151] candidato dos deputados máis conservadores.[152][13][153][154] Os bolxeviques confiaran en van en que a súa popularidade entre os delegados campesiños servise para compensar a maioría de que disfrutaba o PSR.[13] Opositora denodada da súa antiga formación política, requisou os fondos do comité executivo dos consellos de campesiños partidario do PSR, desbaratou a súa defensa da asemblea constituínte cando esta foi disolta en xaneiro de 1918 e, en xeral, enfrontouse con dureza ao seu antigo partido, controlado pola corrente de dereita.[155] Logo da unión dos soviets de soldados e obreiros cos de campesiños, mantívose unha sección campesiña separada, presidida por Spiridonova,[23][156] que foi a principal responsable da extensión do sistema de soviets no campo, o fomento do apoio ao goberno soviético, a preparación da reforma agraria e a defensa dos intereses campesiños en xeral.[22] Permaneceu á fronte desta sección do CEC entre o segundo e o quinto congreso soviético.[23] O 13 de xaneiroxul./ 26 de xaneiro de 1918greg. conduciu os delegados campesiños do terceiro congreso ao Palacio Táuride, onde tres días antes comezara o terceiro congreso dos soviets de soldados e obreiros, consumando así a unión entre os dous congresos.[157][i] Durante o congreso, defendeu con ardor a aprobación da socialización da terra, que finalmente logrou.[158]

Ruptura e enfrontamento cos bolxeviques[editar | editar a fonte]

A pesar de ter defendido orixinalmente a colaboración cos bolxeviques e a entrada do partido no Goberno,[159] foi, xunto cos seus compañeiros Steinberg, o ministro de Xustiza, e Karelin, unha das críticas máis severas da represión arbitraria dos bolxeviques.[160] Partidaria da represión da oposición política a pesar da súa denuncia anterior de medidas similares do Goberno provisional como lle recriminaron os seus antigos correlixionarios socialrevolucionarios, opúxose ao terror.[161]

O PSRE opúxose ao Tratado de Brest-Litovsk e Spiridonova e o partido romperon cos bolxeviques por este asunto, a pesar da oposición inicial de aquela á separación.[142][162] En efecto, Spiridonova fora unha das escasas figuras do partido en defender a posición de Lenin de firmar unha paz inmediata cos Imperios Centrais.[163][164][165][166] Coñecedora da fartura campesiña pola contenda, coincidía con Lenin en que a sinatura da paz era necesaria.[167] Elixida polo partido para formar parte da presidencia colexiada do cuarto congreso soviético no que se debateu a conveniencia de aceptar o tratado cos imperios, non desempeñou nel papel relevante ningún; as principais intervencións foron as dos dirixentes contrarios a aceptaren o tratado.[168] Non obstante, nas votacións do CEC mostrouse en contra do tratado para manter a unidade do partido: ningún dos representantes do PSRE votou a favor do documento.[169] Opúxose a que os representantes do partido abandonasen os seus postos gobernamentais, sen éxito: o segundo congreso do partido, celebrado a finais de abril de 1918, aprobou a retirada do Goberno, aínda que non do Comité Executivo Central Panruso (CEC ou VTsIK en ruso).[164][170] Segundo Spiridonova, a retirada do Goberno fora un erro ao poñer en perigo a aplicación da socialización da terra, aínda por aplicar a pesar de ter sido aprobada formalmente.[171] Para contrarrestar os posibles efectos perniciosos do tratado para a revolución, chamou á formación de destacamentos armados nas zonas rurais para vixiar as actividades dos capitalistas e dos alemáns.[172] Formou parte da minoría que avogou por regresar ao Goberno e apoiar o tratado de paz no segundo congreso do partido, celebrado en abril, onde esta posición foi de novo derrotada.[173] Aínda así, defendeu ata maio a coalición cos bolxeviques, como o resto de dirixentes da minoría.[173] Membro da presidencia do VTsIK xurdido do Congreso dos Soviets, apenas participou nas sesións ás que asistiu, aínda que foi a dirixente do PSRE que acudiu a un maior número delas.[174]

A tolerancia cara ás actividades dos socialrevolucionarios de esquerda no campo, segundo Spiridonova, acabou a mediados de marzo de 1918, coincidindo coa dimisión dos comisarios do PSRE do Goberno soviético.[22] A partir de entón, os bolxeviques trataron de estrangular financeiramente a sección dirixida[163] por Spiridonova.[175][176] En parte isto debeuse ás actividades subversivas levadas a cabo polo PSRE a través da sección campesiña do CEC en contra do Tratado de paz, admitidas pola propia Spiridonova.[175][177] Esta abstívose de criticar as medidas gobernamentais contra o control obreiro da industria ou o sometemento ás esixencias alemás, ao contrario que outros dirixentes do partido e dos comunistas de esquerda.[178] A súa actitude mudou en xuño, cando os bolxeviques comezaron a alterar a política agraria; a ruptura cos antigos aliados non foi doada para Spiridonova.[179]

O comezo das requisicións de alimentos (prodrazviorstka) no campo por parte das brigadas enviadas dende as cidades para paliar a grave escaseza de alimentos debida ás concesións aos Imperios Centrais,[180][j] que empezaron a principios de xuño, levaron ao empeoramento[25] das relacións entre os dous partidos e á queixa de Spiridonova ante o CEC polas brutalidades cometidas polos destacamentos cos campesiños.[175] O 18 de xuño, criticou abertamente o Tratado de paz, as cesións territoriais que conlevara e chamou a un alzamento nacional contra os ocupantes, abandonando así a súa posición anterior e adoptando a da corrente moderada do PSRE.[181]

A pesar do desexo de separación dos soviets de algúns membros da formación, Spiridonova e a dirección optaron por reclamar no seu lugar a convocatoria dun novo congreso conxunto, o quinto, para tratar de obrigar o Goberno a abandonar os seus excesos no campo e cambiar a súa política exterior.[182] A relación entre Spiridonova e Lenin, relativamente boa nos meses que seguiran á revolución, empeorou notablemente co agravamento da situación no agro, causado tanto polas requisicións gobernamentais como polas concesións aos Imperios Centrais.[163] Como presidenta da sección campesiña do CEC, Spiridonova coñecía ben a grave situación nas zonas rurais.[163]

No III Congreso do partido, celebrado entre o 28 de xuño e o 1 de xullo, Spiridonova admitiu que tres cuartos dos delegados bolxeviques elixidos para o Soviet de Petrogrado o foran irregularmente, feito ao que non se opuxo e non denunciou para non favorecer a contrarrevolución.[183] A pesar da crecente deterioración das relacións entre bolxeviques e socialrevolucionarios de esquerda durante a primavera, Spiridonova seguía presidindo a sección campesiña do CEC, antigo comité executivo dos consellos de campesiños.[22][163] Na apertura do congreso do PSRE, que levou a cabo, criticou con dureza o Goberno, en especial pola restauración da pena de morte, aplicada poucos días antes ao almirante Alekséi Shchastny a pesar dos esforzos do partido por lograr o seu perdón.[184] Mantivo en segredo, con todo, a decisión do comité central do 24 de xuño de comezar unha campaña terrorista, e non a anunciou ao congreso.[185]

Novamente por métodos fraudulentos,[186][163] o partido de Lenin asegurouse unha ampla maioría no V Congreso dos Soviets, que se desenvolveu con gran tensión: Trotski ameazou indirectamente o PSRE pola súa oposición á paz con Alemaña, mentres o propio Lenin animaba os socialrevolucionarios a abandonar o congreso.[187] Frustrado o obxectivo do PSRE de acadar a maioría no congreso e utilizalo para modificar as políticas gobernamentais —a formación crecera en apoios durante a primavera polo descontento popular cos bolxeviques—, o partido optou por tratar de facelo mediante o terrorismo,[163][179] método con gran tradición entre os socialrevolucionarios, asasinando o embaixador alemán.[188] Spiridonova presidiu a reunión do comité central do 24 de xuño que aprobou os atentados contra os principais funcionarios alemáns co fin de acabar co Tratado de paz.[163][189][190] Segundo os socialrevolucionarios de esquerda, os atentados debían poñer fin á paz entre Rusia e Alemaña e favorecer o estalido da revolución mundial; non era un intento de derrocar os bolxeviques, senón de forzalos a cambiar de política.[189][25] Confirmado a fraude bolxevique na elección de delegados ao congreso na súa apertura o 4 de xullo, que impedía poñer fin ás medidas que o PSRE rexeitaba no campo, Spiridonova e o resto da dirección da formación decidiu aplicar as medidas aprobadas días antes na reunión do comité central.[191] Na súa intervención do 5 de xullo, vituperou acerbamente o Goberno e a súa política agraria que, afirmou, afastaría o campesiñado do modelo soviético.[192]

Spiridonova apoiou o asasinato do embaixador alemán Mirbach durante o denominado «alzamento socialrevolucionario»,[193] levado a cabo co propósito non de arrebatar o poder ao partido de Lenin, senón de forzar o Goberno a retomar os combates contra Alemaña.[142] As esperanzas do PSRE de desencadear un ataque alemán, conseguir o apoio dos comunistas de esquerda e de provocar o estalido da revolución en Europa resultaron equivocadas.[191] Lenin conseguiu calmar os alemáns, os comunistas de esquerda mantivéronse fieis ao partido e non se desatou revolución algunha en Europa occidental.[191] Polo contrario, o Goberno empregou o incidente para desbaratar o poder crecente do PSRE, presentando o atentado como un ataque ao sistema soviético de goberno.[191]

Achábase na sede da Cheka de Moscova co comité central cando Feliks Dzerzhinskii acudiu a arrestar os asasinos do embaixador e foi á súa vez detido polos soldados partidarios do PSRE.[194][195] Detida o mesmo día en que acudía ao Teatro Bolshoi a explicar a actuación do comité central do PSRE aos delegados do partido ao V Congreso dos Soviets e a presentar unha carta pública xustificando a acción ao comité central bolxevique,[196][191][197] foi confinada no Kremlin de Moscova[25] ata finais de novembro.[198] Foi unha dos únicos tres delegados do congreso soviético que pasaron máis de tres días en prisión logo do arresto da delegación o 6 de xullo.[199] Cun xesto moi propio, asumiu toda a responsabilidade polo asasinato do embaixador alemán.[200] A sección campesiña do CEC quedou disolta.[191] Xulgada en segredo a finais de novembro, a pesar da súa esperanza de poder empregar un xuízo público para defender as súas accións,[191] foi condenada a un ano de prisión,[142][201] mais foi amnistiada[161] ao día seguinte (2 de novembro)[202] a petición da presidencia do CEC.[203][191] Nunca volveu desfrutar, non obstante, da liberdade da que gozara entre marzo de 1917 e xullo de 1918.[204]

Hostigamento e arrestos[editar | editar a fonte]

Durante uns meses trala súa liberación a finais de novembro de 1918, volveu á axitación política, unha das escasas figuras do partido opostas[205] decididamente a calquera cooperación cos comunistas.[191][206] A diferenza dela, a maioría dos dirixentes máis radicais do partido, entre os que se contara durante a primavera, acabaron ingresando no partido de Lenin.[207] Vixiada pola Cheka, os informes desta testemuñan a veneración da súa figura nos círculos do partido, convertida en símbolo da opresión bolxevique.[191] Nos seus numerosos discursos durante estes meses, atacou con vehemencia as medidas internas e externas gobernamentais, que tachou de traizón á revolución.[208] Convencida de que os comunistas non poderían manterse no poder por moito tempo, rexeitou,[205] con todo, o terrorismo da corrente máis esquerdista do partido e continuou defendendo o sistema soviético de goberno.[208] En decembro, os restos do partido aprobaron unha resolución que se considera inspirada na súa posición política: chamamento a un alzamento campesiño que acabase coa ditadura bolxevique, eliminación do Sovnarkom —substituído nos seus labores de goberno por un comité executivo central soviético democrático—, abolición da Cheka e dos comités de campesiños pobres e fin das requisicións no agro.[209]

As críticas de Spiridonova foron mal recibidas polo Goberno, enfrascado na guerra civil; a Cheka ficou encargada de vixiala estreitamente e Dzerzhinskii expresou as súas sospeitas de que puidese estar involucrada nun plan para asasinar a Lenin.[208] En febreiro de 1919, criticou duramente o Exército Vermello nun discurso nunha gran fábrica metalúrxica moscovita: o novo exército, na súa opinión, estaba dominado polos antigos oficiais tsaristas e outros contrarrevolucionarios e servía para someter ao pobo aos comunistas, a diferenza do ideal socialista baseado en milicias populares.[210] Arrestada de novo ese mesmo mes en Moscova,[204] foi xulgada o día 24.[191] Bujarin foi a única testemuña do xuízo, ao que non se permitiu asistir á acusada; declarada tola e culpable de actividades contrarrevolucionarias polas súas críticas ao Goberno, foi condenada a pasar un ano nun sanatorio.[26][203][204][k] En lugar disto, foi encerrada nunha estreita cela improvisada nuns cuarteis do Kremlin, onde a súa saúde se resentiu gravemente.[26][204] Dende a prisión escribiu ao IV Congreso do PSRE para admitir o grande erro que fora o asasinato do embaixador alemán, do que o comité central non prevera as consecuencias.[212] Logrou escapar o 2[202] de abril grazas á axuda dos seus propios gardiáns e do partido,[213] preocupado pola súa delicada saúde.[203][26] Os meses entre a súa fuga e o seu novo arresto o 26 de outubro de 1920 foron os últimos de relativa liberdade.[26] Viviu clandestinamente en Moscova con nome falso, Pelaguéia Semiónovna Onúfrieva, facéndose pasar por unha campesiña de provincias.[26][213] A pesar da súa mala saúde, participou en numerosas reunións do partido e adicouse á escritura.[26] Cando foi detida encontrábase prostrada na cama, enferma de tifo[214] e con problemas mentais.[26][215] Mantívoselle en arresto domiciliario durante un mes e a continuación foi trasladada a unha enfermaría dependente da Cheka, e máis tarde a unha cadea psiquiátrica, en xuño de 1921.[26] Temíase pola súa saúde mental.[26] En todo momento acompañouna o seu fiel Izmailóvich, que xa a atendera durante o seu exilio anterior á revolución.[215]

En xullo de 1921, o Goberno rexeitou poñela en liberdade ou deportala por temor ao seu prestixio,[216] a pesar das peticións de delegadas dun congreso feminino que se celebrou en Moscova.[26] Foi liberada finalmente o 18 de novembro, coa condición de que abandonase toda actividade política, limitación que cumpriu.[26][l] O PSRE encontrábase xa practicamente desbaratado en 1922 e desapareceu como organización de masas nos dous anos seguintes.[129]

Acompañada da súa estreita amiga Izmailóvich, foi trasladada baixo vixilancia a unha dacha nas aforas de Moscova.[218] O 16 de maio de 1923, foi detida de novo acusada falsamente de planear a súa fuga ao estranxeiro e foi condenada a tres anos de exilio interior.[27] Pasou catorce anos exiliada: en Kaluga entre 1923 e 1925, en Samarcanda entre 1925 e 1928 e en Tashkent entre 1928 e 1930.[27][142][219] En Samarcanda e Tashkent, traballou como economista.[219] Nesta última, volveu sufrir ataques de tifo, que xa tivera a comezos da década.[220] A comezos de 1930, marchou a Moscova a tratarse a enfermidade e máis tarde foi trasladada a un sanatorio para persoas enfermas de tifo en Crimea.[219] En agosto de 1930, de volta en Moscova, foi detida unha vez máis.[27][219] Acusóuselle de manter contactos[221] co estranxeiro e a súa condena de exilio interior estendeuse tres anos máis, sentenza que se prolongou máis tarde en dúas ocasións.[27] En xaneiro de 1931 foi enviada a Ufa, capital da República Autónoma Socialista Soviética de Baskiria.[27][221] Alí compartiu domicilio con outros tres antigos dirixentes socialrevolucionarios, entre eles Iliá Mariórov, agrónomo que casara con ela a finais[222] da década anterior.[27][221] Durante este período, traballou como planificadora económica experta nun banco agrícola, actividade que consideraba a súa pequena contribución ao establecemento do socialismo.[27][221] Sempre estreitamente vixiada, as súas relación limitáronse a un reducido círculo local de exiliados socialrevolucionarios.[27] En 1935, o seu antigo correlixionario Isaac Steinberg, exiliado dende principios da década anterior, publicou unha biografía sobre ela, de carácter xeralmente haxiográfico.[223]

Conscientes da intensificación das purgas estalinistas, os exiliados socialrevolucionarios crían equivocamente que só afectaban aos comunistas.[27] Polo contrario, Yezhov acusouna de dirixir desde Ufa unha conspiración contrarrevolucionaria.[27] O 8 de febreiro de 1937, todos os inquilinos do piso que compartían foron detidos por sorpresa por axentes da seguridade do Estado, a NKVD.[224] As autoridades acusáronos de tratar de unificar a todos os antigos grupos de oposición e atentar contra a dirección da república autónoma.[224][225] Esta detención resultou a definitiva: non volveu recobrar a liberdade.[28]

Encerrada en illamento durante seis meses nunha cadea local,[225] un axente da policía secreta coñecido polo seu sadismo tratou de que confesase.[224] Dos catro detidos, só o seu marido asinou unha confesión.[226] Tratando de salvar os seus compañeiros mediante o seu sacrificio persoal e a intercesión das principais autoridades, Spiridonova solicitou e obtivo o traslado a Moscova.[224] Durante os seguintes tres meses na capital, mudou sete veces de prisión.[224] Torturada de novo e tendo desesperado de poder entrevistarse con personaxes importantes para explicar o seu caso, en novembro encontrábase convencida da súa inminente execución.[224]

Morte[editar | editar a fonte]

En novembro dirixiu un escrito ao departamento do GPU encargado do seu caso no que rexeitaba os cargos que se lle fixeran.[227] Acusada de planear un levantamento campesiño entre outros cargos, Spiridonova foi condenada a vinte e cinco anos de prisión polo Colexio Militar da Corte Suprema da URSS o 7 de xaneiro de 1938 .[228][229][230] Na curta sesión a porta pechada, volveu rexeitar todos os cargos.[231] A sentenza incluía ademais a confiscación dos seus bens e a perda de dereitos políticos durante cinco anos a partir da fin da condena de prisión.[231] Nun principio, foi encarcerada en Yaroslavl e logo en Vladímir, pero máis tarde foi trasladada a Oriol.[231][232] Despois dunha folga de fame, foi mantida en illamento[231] na prisión de Oriol.[228] Para aquela xa estaba case completamente xorda.[233]

Xunto con outros 154 prisioneiros políticos (entre eles Christian Rakovski e Olga Kámeneva), Mariya Spiridonova foi executada nas aforas de Oriol o 11 de setembro de 1941, pouco antes da chegada das tropas nazis durante a Operación Barbarossa.[234][231][233][m] O día 5, cando as unidades alemás se encontraban xa preto da cidade, Lavrenti Beria ordenara a redacción dunha lista de prisioneiros políticos aos que axustizar antes da súa caída; a suxestión recibiu o apoio de Stalin ao día seguinte.[231][233] Mentres se evacuaba aos presos comúns entre o fogo alemán, os presos políticos foron reunidos nunha cela, léuselles a condena e foron trasladados ao próximo bosque de Medvédev.[231] Un grupo especial do NKVD fusilouno e replantáronse as árbores que se arrincaran para disimular as fosas co cadáveres.[231] A cidade caeu en mans dos alemáns pouco despois, o 3 de outubro.[231]

En 1958, unha antiga compañeira de actividade revolucionaria solicitou infrutuosamente a súa rehabilitación oficial.[30] En 1990 anuláronse os cargos polos que foran fusiladas as persoas presas en Oriol e erixiuse un monumento na súa memoria no bosque onde foran executadas, a pesar de que para entón o lugar do seu enterro xa se descoñecía.[30] En 1992, anuláronse os cargos polos que fora exiliada en 1918 e foi rehabilitada por completo.[30]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salvo que se indique o contrario as datas anteriores a 1918 seguen o calendario xuliano.
  2. Vladimir K. Volski, un dos socialrevolucionarios máis antigos da provincia, sete anos maior que Spiridonova e separado da súa muller dende 1902, aínda que non divorciado.[43]
  3. A publicación do Manifesto de Outubro desatou unha onda de disturbios nalgunhas zonas rurais, especialmente grave nas provincias do Volga. O campesiñado, convencido de que a proclama lle outorgaba unha liberdade case absoluta, comezou a tomar as terras dos terratenentes, incendiar as súas facendas, arrebatar o seu gran e negarse a pagar impostos. A comezos de novembro de 1905, o gobernador provincial solicitou ao Goberno que proclamase a lei marcial na provincia.[52]
  4. Segundo Stites, algúns dos abusos cometidos contra ela incluíron arrastrarlle a cara polos chanzos da estación, azoutala, queimarlle os peitos con cigarros ou arrincarlle cabelos. As torturas fixéronlle olvidar o francés.[58]
  5. Os artigos do diario liberal que informou sobre o seu caso e as propias declaracións de Spiridonova frecuentemente non concordaban nin cos resultados da tardía investigación oficial nin coas afirmacións de Spiridonova na súa correspondencia privada.[61]
  6. Os intentos posteriores das autoridades de corrixir algunhas das afirmacións da prensa foron recibidos con incredulidade e rexeitados debido ao descrédito que sufrían.[67]
  7. O grupo de seis terroristas, coñecidas logo como a shestiorka (ou shesterka, de shest seis en ruso), estaba formado por Reveka Fialka, Lidia Ezérskaya, Anastasiya Bitsenko, Mariya Shkólnik, Aleksandra Izmailóvich e a propia Spiridonova.[73]
  8. Boniece indica que en total a prisión chegou a encerrar sesenta e dúas presas por motivos políticos, máis da metade, socialrevolucionarias. A gran maioría contaba con menos de trinta anos e contaba con educación secundaria ou universitaria.[81]
  9. En realidade, só dos partidarios do PSRE e os bolxeviques, xa que os delegados campesiños favorables ao PSR celebraban un congreso rival por separado.[157]
  10. Alemaña ocupou Ucraína, tradicional fonte de cereal para o resto do país, en abril, o que agravou a falta de abastos das cidades.[179]
  11. Bujarin empregou na súa acusación as contradicións políticas que xa antes o PSR lle botara en cara para xustificar o seu desequilibrio mental: o seu cambio de postura sobre a represión política e o seu cambio de actitude redical sobre o Tratado de paz cos Imperios Centrais, que primeiro defendeu e logo condenou con vehemencia.[211]
  12. Boniece data a liberación de Spiridonova e Izmailóvich en setembro. A liberación foi condicional, xa que as dúas mulleres permanecían confinadas a arresto domiciliario e comprometíanse a abandonar a política.[217]
  13. Boniece indica un número lixeiramente maior: 161 fusilados.[233]
Referencias
  1. McNeal 1972, p. 13.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Jackson & Devlin 1989, p. 547.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 424.
  4. Conquest 2008, p. 373.
  5. 5,0 5,1 Knight 1979, p. 150.
  6. 6,0 6,1 Badcock 2001, p. 136.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Knight 1979, p. 151.
  8. 8,0 8,1 Boniece 1995, p. 164.
  9. 9,0 9,1 Radkey 1958, p. 138.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Radkey 1958, p. 192.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Radkey 1958, p. 132.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 Knight 1979, p. 159.
  13. 13,00 13,01 13,02 13,03 13,04 13,05 13,06 13,07 13,08 13,09 13,10 13,11 13,12 13,13 13,14 13,15 13,16 13,17 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 425.
  14. 14,0 14,1 14,2 Boniece 1995, p. 196.
  15. 15,0 15,1 Knight 1979, pp. 158-159.
  16. 16,0 16,1 16,2 Boniece 1995, p. 251.
  17. 17,0 17,1 Boniece 1995, pp. 261-262.
  18. 18,0 18,1 Boniece 1995, p. 279.
  19. 19,0 19,1 19,2 Boniece 1995, p. 282.
  20. 20,0 20,1 Radkey 1963, p. 132.
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Radkey 1963, p. 254.
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 Rabinowitch 2007, p. 284.
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 Boniece 1995, p. 4.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 Boniece 1995, p. 2.
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 Boniece 1995, p. 5.
  26. 26,00 26,01 26,02 26,03 26,04 26,05 26,06 26,07 26,08 26,09 26,10 26,11 26,12 26,13 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 429.
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 430.
  28. 28,0 28,1 Boniece 1995, p. 19.
  29. 29,0 29,1 Kowalski 1998, p. 11.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 446.
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 Boniece 1995, p. 49.
  32. 32,0 32,1 Boniece 2010, p. 128.
  33. Boniece 1995, p. 50.
  34. Boniece 2010, p. 143.
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Boniece 1995, p. 52.
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 36,5 Boniece 2010, p. 144.
  37. Boniece 1995, p. 56.
  38. 38,0 38,1 Boniece 1995, p. 57.
  39. Boniece 1995, pp. 57-58.
  40. Boniece 1995, p. 58.
  41. Boniece 1995, pp. 56-57.
  42. Boniece 2010, pp. 144-145.
  43. Boniece 1995, p. 55.
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 44,5 44,6 Lincoln 2007, p. 277.
  45. Boniece 2010, p. 136.
  46. 46,0 46,1 Boniece 1995, p. 24.
  47. Schenk 2010, p. 245.
  48. Boniece 1995, pp. 2, 27.
  49. Boniece 2010, p. 131.
  50. Schenk 2010, pp. 245-246.
  51. 51,0 51,1 51,2 51,3 51,4 Patyk 2010, p. 204.
  52. Boniece 1995, p. 26.
  53. Boniece 2010, p. 138.
  54. Schenk 2010, p. 246.
  55. Boniece 2010, pp. 128, 136.
  56. Boniece 1995, pp. 27-28.
  57. Boniece 2010, pp. 137-138.
  58. 58,0 58,1 58,2 Stites 1978, p. 272.
  59. 59,0 59,1 59,2 59,3 Boniece 2010, p. 129.
  60. Boniece 2010, pp. 139, 149-150.
  61. Boniece 1995, pp. 25-26.
  62. 62,0 62,1 62,2 Boniece 1995, p. 3.
  63. Boniece 1995, pp. 40-41.
  64. Boniece 1995, p. 41.
  65. Boniece 1995, p. 47.
  66. Boniece 1995, pp. 55-56.
  67. Boniece 1995, pp. 69-70.
  68. 68,0 68,1 Boniece 2010, p. 145.
  69. Boniece 1995, p. 61.
  70. Boniece 1995, p. 64.
  71. Boniece 1995, p. 65.
  72. 72,0 72,1 Boniece 1995, p. 80.
  73. 73,0 73,1 Boniece 1995, p. 81.
  74. Boniece 1995, p. 131.
  75. Boniece 2010, pp. 149-150.
  76. Boniece 2010, pp. 127-128.
  77. Boniece 1995, p. 8.
  78. Boniece 1995, pp. 8-9.
  79. Boniece 1995, p. 154.
  80. Boniece 1995, p. 156.
  81. 81,0 81,1 81,2 Boniece 1995, p. 161.
  82. 82,0 82,1 Stites 1978, p. 273.
  83. 83,0 83,1 Lincoln 2007, p. 278.
  84. Boniece 1995, p. 159.
  85. Knight 1979, p. 157.
  86. 86,0 86,1 86,2 86,3 Knight 1979, p. 158.
  87. Boniece 1995, pp. 161-162.
  88. Boniece 1995, pp. 184-186.
  89. Boniece 1995, p. 188.
  90. 90,0 90,1 90,2 90,3 Boniece 1995, p. 193.
  91. Boniece 1995, p. 203.
  92. Boniece 1995, p. 204.
  93. Boniece 1995, pp. 14-15.
  94. Boniece 1995, p. 15, 209.
  95. Boniece 1995, p. 207.
  96. Boniece 1995, pp. 3, 208.
  97. 97,0 97,1 Boniece 1995, p. 222.
  98. 98,0 98,1 Boniece 1995, p. 209.
  99. Boniece 1995, pp. 220-221.
  100. Boniece 1995, p. 223.
  101. Boniece 1995, pp. 230-231.
  102. Boniece 1995, p. 232.
  103. Boniece 1995, p. 234.
  104. Boniece 1995, p. 235.
  105. Boniece 1995, p. 236.
  106. Radkey 1958, p. 370.
  107. Boniece 1995, p. 240.
  108. Boniece 1995, p. 241.
  109. Radkey 1958, p. 371.
  110. Boniece 1995, p. 242.
  111. Boniece 1995, p. 194.
  112. Felstinsky 1988, p. 22.
  113. Radkey 1958, p. 418.
  114. Boniece 1995, pp. 252, 255.
  115. Boniece 1995, p. 255.
  116. Radkey 1963, p. 105.
  117. Boniece 1995, pp. 194, 264.
  118. Boniece 1995, pp. 258, 263.
  119. Radkey 1963, p. 133.
  120. Boniece 1995, p. 257.
  121. Boniece 1995, p. 259.
  122. Boniece 1995, p. 262.
  123. Boniece 1995, p. 266.
  124. Felstinsky 1988, p. 63.
  125. 125,0 125,1 125,2 Rabinowitch 2007, p. 52.
  126. Boniece 1995, p. 318.
  127. Kowalski 1998, p. 13.
  128. Kowalski 1998, p. 12.
  129. 129,0 129,1 Kowalski 1998, p. 10.
  130. Boniece 1995, p. 341.
  131. Boniece 1995, pp. 340-341.
  132. Radkey 1963, p. 210.
  133. Radkey 1963, p. 208.
  134. Felstinsky 1988, p. 65.
  135. 135,0 135,1 Radkey 1963, p. 229.
  136. Felstinsky 1988, p. 64.
  137. 137,0 137,1 Boniece 1995, p. 288.
  138. Radkey 1963, p. 228.
  139. 139,0 139,1 Radkey 1963, pp. 229, 237.
  140. Boniece 1995, p. 308.
  141. Boniece 1995, p. 316.
  142. 142,0 142,1 142,2 142,3 142,4 Jackson & Devlin 1989, p. 548.
  143. Boniece 1995, pp. 288, 317.
  144. Boniece 1995, pp. 315-317.
  145. Boniece 1995, p. 268.
  146. Boniece 1995, pp. 292-294.
  147. Boniece 1995, p. 297.
  148. Boniece 1995, p. 302.
  149. Radkey 1963, p. 153.
  150. Boniece 1995, p. 326.
  151. Rabinowitch 2007, p. 114.
  152. Radkey 1963, p. 391.
  153. Boniece 1995, pp. 332-333.
  154. Felstinsky 1988, p. 119.
  155. Radkey 1963, p. 444.
  156. Felstinsky 1988, p. 127.
  157. 157,0 157,1 Boniece 1995, p. 343.
  158. Boniece 1995, p. 344.
  159. Rabinowitch 2007, p. 51.
  160. Rabinowitch 2007, p. 77.
  161. 161,0 161,1 Boniece 1995, p. 361.
  162. Boniece 1995, pp. 4-5.
  163. 163,0 163,1 163,2 163,3 163,4 163,5 163,6 163,7 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 426.
  164. 164,0 164,1 Kowalski 1998, p. 6.
  165. Boniece 1995, pp. 5, 339.
  166. Felstinsky 1988, p. 136.
  167. Boniece 1995, p. 339.
  168. Boniece 1995, p. 398.
  169. Boniece 1995, p. 391.
  170. Felstinsky 1988, p. 179.
  171. Boniece 1995, p. 416.
  172. Boniece 1995, p. 393.
  173. 173,0 173,1 Boniece 1995, p. 405.
  174. Boniece 1995, p. 412.
  175. 175,0 175,1 175,2 Rabinowitch 2007, p. 285.
  176. Boniece 1995, p. 415.
  177. Stites 1978, p. 312.
  178. Boniece 1995, pp. 441-443.
  179. 179,0 179,1 179,2 Boniece 1995, p. 444.
  180. Boniece 1995, p. 406.
  181. Boniece 1995, p. 466.
  182. Rabinowitch 2007, p. 286.
  183. Rabinowitch 2007, p. 252.
  184. Boniece 1995, pp. 470-471.
  185. Boniece 1995, p. 471.
  186. Rabinowitch 2007, p. 288.
  187. Rabinowitch 2007, p. 289.
  188. Rabinowitch 2007, p. 290.
  189. 189,0 189,1 Kowalski 1998, p. 7.
  190. Boniece 1995, pp. 5, 468.
  191. 191,00 191,01 191,02 191,03 191,04 191,05 191,06 191,07 191,08 191,09 191,10 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 427.
  192. Boniece 1995, p. 481.
  193. Boniece 1995, p. 483.
  194. Rabinowitch 2007, p. 292.
  195. Boniece 1995, p. 493.
  196. Figes 1998, p. 634.
  197. Boniece 1995, pp. 486, 497-498.
  198. Rabinowitch 2007, p. 294.
  199. Boniece 1995, p. 502.
  200. Boniece 1995, pp. 5, 485.
  201. Boniece 1995, p. 504.
  202. 202,0 202,1 Felstinsky 1988, p. 216.
  203. 203,0 203,1 203,2 Figes 1998, p. 635.
  204. 204,0 204,1 204,2 204,3 Boniece 1995, p. 510.
  205. 205,0 205,1 Kowalski 1998, p. 8.
  206. Boniece 1995, p. 508.
  207. Boniece 1995, p. 407.
  208. 208,0 208,1 208,2 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 428.
  209. Kowalski 1998, pp. 8-9.
  210. Kowalski 1998, p. 15.
  211. Boniece 1995, pp. 361-363.
  212. Rabinowitch 2007, p. 308.
  213. 213,0 213,1 Boniece 1995, p. 511.
  214. Boniece 1995, p. 9.
  215. 215,0 215,1 Boniece 1995, p. 512.
  216. Stites 1978, p. 313.
  217. Boniece 1995, pp. 512-513.
  218. Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 429-430.
  219. 219,0 219,1 219,2 219,3 Boniece 1995, p. 513.
  220. Boniece 1995, p. 10.
  221. 221,0 221,1 221,2 221,3 Boniece 1995, p. 514.
  222. Boniece 1995, p. 21.
  223. Boniece 1995, pp. 13-14.
  224. 224,0 224,1 224,2 224,3 224,4 224,5 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 431.
  225. 225,0 225,1 Boniece 1995, p. 516.
  226. Boniece 1995, p. 515.
  227. Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 435.
  228. 228,0 228,1 Conquest 2008, p. 374.
  229. Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 444.
  230. Boniece 1995, pp. 516-517.
  231. 231,0 231,1 231,2 231,3 231,4 231,5 231,6 231,7 231,8 Rabinowitch & Spiridonova 1995, p. 445.
  232. Boniece 1995, pp. 517-518.
  233. 233,0 233,1 233,2 233,3 Boniece 1995, p. 518.
  234. Conquest 2008, p. 395.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]