Mariel Zagunis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariel Zagunis
Mariel Zagunis (2012).png
Nacemento3 de marzo de 1985
 Portland, Oregón
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Notre Dame
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Mariel Zagunis, nada en Beaverton o 3 de marzo de 1985, é unha tiradora de esgrima norteamericana, gañadora de tres medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Robert e Cathy Zagunis, que participaron nos Xogos Olímpicos de 1976 na categoría de remo. Mariel foi a primeira deportista norteamericana en lograr o título de campión no Campionato do Mundo de Esgrima Xuvenil no ano 2002, revalidando o título en 2003 e 2004. Participou, aos 19 anos nos Xogos Olímpicos de 2004 celebrados en Atenas ao decidir Nixeria non enviar a súa representante [1], e conseguiu gañar a medalla de ouro na proba individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 2008 de Pequín revalidou o seu título olímpico e tamén gañou a medalla de bronce na competición de sabre por equipos na primeira edición que esta disciplina formaba parte do programa olímpico. Nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres foi o portabandeira do equipo olímpico norteamericano pero non logrou medalla ao perder coa ucraína Olha Kharlan na loita pola medalla de bronce.

Ao longo da súa carreira gañou seis medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, tres delas de ouro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]