Marie de Garis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarie de Garis
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
Guernsey, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Guernsey, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuernsey Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaGuernésiais (pt) Traducir e Lingua normanda Editar o valor em Wikidata
Premios

Marie de Garis, nada Marie Le Messurier o 15 de xuño de 1910 en Saint-Pierre-du-Bois (Guernsey, Illas da Canle) e morta no mesmo lugar o 10 de agosto de 2010, foi unha lingüista e lexicógrafa de Guernsey As súas obras son fonte de autoridade en materia de francés e normando da illa de Guernsey.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sen estudos académicos formais, Marie de Garis converteuse nunha especialista na variedade guernesiais do normando. Autora do dicionario bilingüe anglo-guernesiais Dictiounnaire Angllais-Guernésiais, que tivo a primeira edición en 1967.[1] O seu dicionario superou a "Le Dictionnaire franco-normand" de George Métivier e a ortografía que usou converteuse no referente do guernesiais escrito[2]. Publicou obras de investigación lingüística e etnográfica, salientando "Folklore of Guernsey" en 1975. "Glossary of Guernsey place-names" en 1976 e Guernesiais - a grammatical survey en 1985. Foi presidenta de La Société Guernesiaise e de "L'Assembllaïe d'Guernesiais". En 1999 converteuse en membro da Orde do Imperio Británico polo seu traballo en favor da preservación e desenvolvemento da cultura guernesiais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guernsey language stalwart Marie de Garis dies", BBC News, 10 de agosto de 2010 ]
  2. Sallabank, Julia (2002)"Writing in an unwritten language: the case of Guernsey French" Reading Working Papers in Linguistics, 6 . pp. 217-244