Marie-Philip Poulin
Marie-Philip Poulin CQ, nada o 28 de marzo de 1991 an Cidade de Quebec, é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo canadense. Xoga na posición de centro e é capitá das Montreal Victoire da Professional Women's Hockey League (PWHL), así como da selección canadense. En 2025 foi nomeada Xogadora do Ano da IIHF.
Gañadora de tres ouros olímpicos e catro veces campioa do mundo co equipo nacional canadense, Poulin marcou o gol da vitoria no partido polo ouro en tres dos catro Xogos Olímpicos nos que participou (2010, 2014 e 2022), polo que as súas compañeias e a prensa a alcumaron Captain Clutch. Logo doutro gol gañador no Campionato do Mundo de 2021, completou un "hat trick de goles de ouro" sen precedentes nos principais campionatos internacionais. Dende 2015 exerce de capitá da selección canadense, levándoa a conquistar unha prata olímpica en 2018 e unha de ouro en 2022.
A nivel profesional, Poulin ten xogado e capitaneado as agora extintas Les Canadiennes de Montréal da tamén extinta Canadian Women's Hockey League (CWHL), antes de unirse á Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA), unha organización sen ánimo de lucro adicada a aumentar a profesionalización do hóckey sobre xeo femino, en 2019. Xogando con Les Canadiennes, gañou dúas veces a Clarkson Cup e foi nomeda MVP da CWHL en tres ocasións. En 2023, fichou polo PWHL Montreal na recentemente creada PWHL, que capitaneou dende a súa tempada inaugural. É a primeira xogadora de hóckey sobre xeo que conseguiu gañar o Northern Star Award como mellor atleta do Canadá do ano, e a segunda en recibir o Bobbie Rosenfeld Award como atleta feminine do ano de The Canadian Press. É amplamente considerada como unha das mellores xogadoras femininas de todos os tempos, así como nha das mellores xogadoras de hóckey sobre xeo canadenses de calquera sexo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Marie-Philip Poulin naceu o 28 de marzo de 1991 na Cidade de Quebec (Canadá), filla de Robert Poulin e Danye Nadeau, ten un irmmán maior chamado Pier-Alexandre Poulin.[1][2] Se ben Poulin naceu na cidade de Quebec, criouse en Beauceville, unha pequena cidade a unha hora da capital provincial.[1] Aos catro anos comezou a practicar patinaxe artística sobre xeo, mais un ano despois cambiouse ao hóckey sobre xeo inspirada polo seu irmán. Nunha entrevista en 2017 Poulin sinalou que un dos seus mellores recordos da infancia era xogar ao hóckey ao aire libre co seu irmán no tempo do Nadal, e apuntou que:[1]
| “ | ... Ás veces, cando teño partidos importantes, momentos de estrés, penso nese momento, cando estaba xogando libremente ao aire libre... | ” |
— Marie-Philip Poulin | ||
Poulin viu hóckey profesional feminino por primeira vez na televisión durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, cando a selección do Canadá gañou a primeira medalla de ouro para o hóckey sobre xeo canadense en 50 anos.[1]
Montreal Stars, 2007-09
[editar | editar a fonte]
Poulin xogou na tempada 2007–08 coas Montreal Stars da Canadian Women's Hockey League (CWHL). Malia a participar só en 16 partidos, Poulin liderou a clasificación de puntos das rookies con 22 goles e 21 asistencias. O seu dominio foi tan grande en tan só media tempada como novata de 16 anos que rematou subcampioa na votación á Xogadora Máis Valiosa (MVP) da CWHL, realizada polas capitás das franquías. Tamén recibiu unha bolsa do programa de formación dos Montreal Canadiens en xaneio de 2008.[3] Na tempada 2008–09, mentres estudaba no Dawson College, xogou tanto con Dawson Blues como en calidade de xogadora asociada das Stars. A finais de marzo de 2009 axudou as Stars a gañar a súa primeira Clarkson Cup ao derrotar as Minnesota Whitecaps en Kingston (Ontario). No partido final deu unha aistencia de gol a Caroline Ouellette.[4]
Boston University Terriers, 2010-15
[editar | editar a fonte]Poulin debutou co programa feminino da Boston University Terriers durante a temmpada 2010-11. O 2 de outubro de 2010 marcou o primeiro gol da súa carreira na NCAA na derrota do seu equipo por 5–4 fronte a North Dakota.[5] Co seu terceiro gol en inferioridade da tempada o 15 de outubro igualou o récord de BU nunha soa tempada en goles en inferioridade numérica en tan só catro partidos. Liderou a todas as novatas da NCAA en goles (9) e puntos por partido (2,00) durante o mes de outubro de 2010. Ademais encabezou a clasificación de novatas de toda a Hockey East en goles, asistencias e puntos durante ese mes. Nos primeiros sete partidos da súa carreira na NCAA tivo unha racha de sete partidos sumando puntos, que consistiu en nove goles e sete asistencias.[6] Os días 7 e 10 de decembro, en dúas vitorias sobre Northeastern e Harvard, Poulin rexistrou tres goles. En ambos partidos realizou un total de 11 tiros a porta e unha cualificación de +2. O 10 de decembro anotou dous goles e realizou oito tiros a porta (o máis alto do partido) na vitoria de por 5–3 de BU sobre Harvard.
Os días 15 e 16 de xaneiro de 2011, Poulin rexistrou cinco puntos (2 goles e 3 asistencias) nas dúas vitorias de BU sobre Boston College e Maine. Contra BC, Poulin anotou un gol en superioridade numérica e deu dúas asistencias. Conta as Maine Black Bears, rexistrou un gol e unha asistencia.[7] O 22 de xaneiro de 2011 Poulin anotou un hat trick, incluíndo dous goles en superioidade na vitoria de BU sobre Vermont por 4–0. Esta vitoria foi a número 100 na historia do programa das Terriers. Poulin rachou o récord de puntos nunha tempada de BU co seu segundo gol no partido, e logo igualou o mellor rexistro de goles nunha tempada co seu terceiro gol.[8] Converteuse na primeira xogadora das Terriers en ser nomeada Hockey East Rookie of the Year en marzo de 2011.[9] Unha fratura no ombreira non lle impediu xogar durante a tempada 2011-12.[10]
O 11 de maio de 2012, o adestador xefe das Terriers, Brian Durocher, anunciou que as captás do equipo para a tempada 2012-13 serían Poulin e Jill Cardella.[11] Para a tempada 2014-15, Poulin foi nomeada capitá.[12] Como capitá, liderou o equipo ao seu cuarto campionato consecutivo da Hockey East. Despois do campionato da Hockey East de 2015 uniuse a Shannon Doyle e a súa compatriota de Montreal Kayla Tutino no All-Tournament Team.[13]
Les Canadiennes de Montréal, 2015-19
[editar | editar a fonte]Poulin regresou á CWHL no outono de 2015, cando foi seleccionada polas Stars na terceira posición do Draft da CWHL 2015.[14] Antes do inicio da tempada, as Stars anunciaron unha asociación cos Montreal Canadiens da National Hockey League e mudaron o seu nome a Les Canadiennes de Montréal. Ao final da tempada 2015-16 converteuse na primeira gañadora do Jayna Hefford Trophy como xogadora máis valiosa; tamén gañou o Angela James Bowl á máxima puntuadora da liga.[15]
Poulin capitaneou o equipo para conquistar a Clarkson Cup 2017, anotando dous goles na final disputada en Ottawa na que Montreal derrotou o Calgary Inferno por 3–1.[16] Ao final da tempada 2017 gañou o seu segundo premio á MVP da CWHL.[17]
Poulin decidiu non regresar a Les Canadiennes logo dos Xogos Olímpicos para a preparación da Clarkson Cup 2018. Axudou a que o equipo volvera ser competitivo antes da Clarkson Cup 2019; con todo, Poulin perdeuse os play-offs por unha lesión.[18] Gañou o último premio á MVP na historia da CWHL, o seu terceiro premio, polo seu desempeño na tempada 2019 performance.[17]
Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA), 2019–23
[editar | editar a fonte]
A CWHL colapsou de xeito abrupto logo da tempada 2018-19. A raíz do colapso, Poulin uniuse ao movemento #ForTheGame que levou á creación da PWHPA.[19] Poulin foi a capitá un dos catro equipos na primeira exibición da PWHPA Dream Gap tour en Toronto en setembro de 2019, levando ao seu equipo a un rexistro de 2-0 no torneo todos contra todos da fin de semana.[20] Como membro PWHPA, participou no Elite Women's Showcase non NHL All-Star Game 2020. Posteriormente foi votada como a mellor xogadora do mundo polos xogadores da NHL, logo de ter finalizado na segunda posición na votación do ano anterior.[21] En decembro de 2019 foi nomeada entre as catro mellores deportistas de Quebec na década de 2010 polos lectores de La Presse.[22]
Poulin estivo entre varias das xogadoras máis destacadas da PWHPA que reaccionaron con indiferenza ás nnovas da expansión ao Caadá da National Women's Hockey League en 2020 coa incorporación do Toronto Six, afirmando que "penso que hai un motivo polo que moitas de nós non xogamos nesa liga".[23]
Na Secret Cup 2021, que foi a etapa canadense da tempada 2020–21 do PWHPA Dream Gap Tour, Poulin marcou o gol da vitoria no terceiro tempo para o Team Bauer (Montreal) nunha vitoria por 4-2 polo campionato sobre o Team Sonnet (Toronto).[24] Tamén rexistrou dúas asistencias para unha actuación de tres puntos. En xeral, Poulin foi a líder en anotación na Secret Cup 2021, con cinco goles e seis asistencias en cinco partidos.[25] Na que resultaría ser a derradeira tempada da PWHPA en 2023–24, Poulin liderou a Dream Gap Tour en anotación con 12 goles e 27 puntos en 20 partidos, e axudou a levar o Team Harvey ao título da Secret Cup 2023.[26][27]
Montreal Victoire, 2023–presente
[editar | editar a fonte]
En 2023, a PWHPA mercou a rival Premier Hockey Federation e lanzou a nova Professional Women's Hockey League (PWHL).[28] Poulin, a quen se lle atribuíu un papel importante na procura dun convenio colectivo na nova liga, falou do seu desexo de crear "unha liga profesional viable para a próxima xeración, para nós memas".[29] Con cada un dos seis novos equipos podendo facer tres fichaxes iniciais de axentes libres, Poulin foi amplamente considerada como a mellor xogadora dispoñíble, mais xeralmente asumiuse que ficharía polo equipo de Montreal.[30][31] The Athletic comentou que "sería xenial ver unha guerra de ofertas por Poulin", mais recoñeceu que "só estamos agardando polo anuncio de fichaxe de Montreal".[32] O 5 de setembro informouse que Poulin, xunto con Laura Stacey e Ann-Renée Desbiens, eran as tres primeiras xogadoras do equipo de Montreal.[33]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Liga regular e play-offs
[editar | editar a fonte]Nota: As Montreal Stars mudaron o seu nome a Les Canadiennes de Montréal en 2015.
| Liga regular | Play-offs | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tempada | Equipo | Liga | GP | G | A | Pts | PIM | PX | G | A | Pts | PIM | ||
| 2007–08 | Montreal Stars | CWHL | 16 | 22 | 21 | 43 | 16 | 2 | 2 | 1 | 3 | 4 | ||
| 2008–09 | Montreal Stars | CWHL | 6 | 4 | 4 | 8 | 8 | — | — | — | — | — | ||
| 2009–10 | Montreal Stars | CWHL | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| 2010–11 | Boston University | HE | 28 | 24 | 23 | 47 | 22 | — | — | — | — | — | ||
| 2011–12 | Boston University | HE | 16 | 11 | 14 | 25 | 14 | — | — | — | — | — | ||
| 2012–13 | Boston University | HE | 35 | 19 | 36 | 55 | 18 | — | — | — | — | — | ||
| 2013–14 | Canada (AMHL) | HE | 8 | 1 | 3 | 4 | 6 | — | — | — | — | — | ||
| 2014–15 | Boston University | HE | 32 | 27 | 27 | 54 | 18 | — | — | — | — | — | ||
| 2015–16 | Les Canadiennes de Montréal | CWHL | 22 | 23 | 23 | 46 | 10 | 3 | 4 | 5 | 9 | 2 | ||
| 2016–17 | Les Canadiennes de Montréal | CWHL | 23 | 15 | 22 | 37 | 6 | — | — | — | — | — | ||
| 2017–18 | Les Canadiennes de Montréal | CWHL | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| 2018–19 | Les Canadiennes de Montréal | CWHL | 26 | 23 | 27 | 50 | 12 | — | — | — | — | — | ||
| 2019–20 | Montreal | PWHPA | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
| 2020–21 | Montreal | PWHPA | 4 | 5 | 6 | 11 | 2 | — | — | — | — | — | ||
| 2022–23 | Team Harvey's | PWHPA | 20 | 12 | 15 | 27 | 10 | — | — | — | — | — | ||
| 2023–24 | PWHL Montreal | PWHL | 21 | 10 | 13 | 23 | 14 | 3 | 1 | 1 | 2 | 0 | ||
| 2024–25 | Montreal Victoire | PWHL | 30 | 19 | 7 | 26 | 21 | 4 | 1 | 1 | 2 | 2 | ||
| 2025–26 | Montreal Victoire | PWHL | 19 | 9 | 9 | 18 | 20 | 9 | 2 | 6 | 8 | 6 | ||
| Totais na PWHL | 70 | 38 | 29 | 67 | 55 | 16 | 4 | 8 | 12 | 8 | ||||
| Totais na CWHL | 93 | 87 | 97 | 184 | 52 | 5 | 6 | 6 | 12 | 6 | ||||
International
[editar | editar a fonte]| Ano | Equipo | Evento | Resultado | GX | G | A | Pts | PIM | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2008 | Canadá | U18 | 5 | 8 | 6 | 14 | 4 | ||
| 2009 | Canadá | U18 | 5 | 5 | 7 | 12 | 2 | ||
| 2009 | Canadá | CM | 5 | 2 | 3 | 5 | 0 | ||
| 2010 | Canadá | XXOO | 5 | 5 | 2 | 7 | 2 | ||
| 2011 | Canadá | WC | 5 | 3 | 1 | 4 | 4 | ||
| 2012 | Canadá | CM | 5 | 3 | 4 | 7 | 6 | ||
| 2013 | Canadá | CM | 5 | 6 | 6 | 12 | 2 | ||
| 2014 | Canadá | XXOO | 5 | 3 | 2 | 5 | 0 | ||
| 2015 | Canadá | CM | 5 | 3 | 3 | 6 | 2 | ||
| 2016 | Canadá | CM | 5 | 2 | 4 | 6 | 6 | ||
| 2017 | Canadá | CM | 5 | 2 | 4 | 6 | 2 | ||
| 2018 | Canadá | XXOO | 5 | 3 | 3 | 6 | 8 | ||
| 2019 | Canadá | CM | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||
| 2021 | Canadá | CM | 6 | 3 | 6 | 9 | 2 | ||
| 2022 | Canadá | XXOO | 7 | 6 | 11 | 17 | 6 | ||
| 2022 | Canadá | CM | 7 | 5 | 5 | 10 | 6 | ||
| 2023 | Canadá | CM | 7 | 4 | 4 | 8 | 8 | ||
| 2024 | Canadá | CM | 7 | 2 | 2 | 4 | 6 | ||
| 2025 | Canadá | CM | 7 | 4 | 8 | 12 | 2 | ||
| 2026 | Canadá | XXOO | 4 | 3 | 1 | 4 | 2 | ||
| Totais júnior | 10 | 13 | 13 | 26 | 6 | ||||
| Totais sénior | 98 | 59 | 69 | 128 | 64 | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Pecoskie, Teri (5 de xaneiro de 2018). "Marie-Philip Poulin". The Canadian Encyclopedia (en inglés). Historica Canada. Consultado o 29 de abril de 2026.
- ↑ Levesque, Catherine (3 de febreiro de 2026). "Team Canada superstar Marie-Philip Poulin still the 'little girl' from Beauceville" (en inglés). National Post. Consultado o 30 de abril de 2026.
- ↑ "Creation of the Montreal Canadiens Scholarship Program" (en inglés). National Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 9 de maio de 2026.
- ↑ "Montreal Stars win women's national hockey championship". CBC News (en inglés). 21 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012. Consultado o 9 de maio de 2026.
- ↑ "Official Website of the Boston University Department of Athletics – Women's Ice Hockey" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 9 de maio de 2026.
- ↑ "Monthly Honors: Bc'S Kelli Stack Tabbed Whea Player Of The Month For" (en inglés). Hockeyeastonline.Com. Arquivado dende o orixinal o 29 due outubro de 2013.
- ↑ "TERRIERS TAKE OVER FIRST PLACE WITH FOUR-POINT WEEKEND" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de abril de 2012. Consultado o 10 de maio dee 2026.
- ↑ "PROVIDENCE PICKS UP FOUR POINTS WITH WINS OVER BC, NU" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 10 de maio dee 2026.
- ↑ "BC'S KELLI STACK NAMED 2011 PURE HOCKEY PLAYER OF THE YEAR" (en inglés). HockeyEastOnline.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2011.
- ↑ "La guigne s'acharne sur Marie-Philip Poulin" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2012.
- ↑ "Cardella, Poulin Named Co-Captains at Women's Hockey Banquet" (en inglés). Boston University. Arquivado dende o orixinal o 24 de etembro de 2012. Consultado o 30 de xuño de 2012.
- ↑ "Poulin Named 2014–15 Women's Ice Hockey Captain" (en inglés). Boston University. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 20 de agosto de 2014.
- ↑ "DYNASTY: Terriers Win Fourth Straight Hockey East Championship" (en inglés). Boston University Terriers Athletics. 8 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2026.
- ↑ "Poulin Picked Third Overall by Montreal". Boston University Terriers Athletics (en inglés). 24 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Rise of professional hockey leagues a boon to women's game" (en inglés). Kamloops This Week. 31 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2017. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ Pack, Joe (5 de marzo de 2017). "Les Canadiennes have nothing left to prove after Clarkson Cup win". Sportsnet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 19 de maio de 2026.
- 1 2 "Awards - CWHL (W) Most Valuable Player". EliteProspects.com. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ Rebelo, Marcus (25 de marzo de 2019). "Poulin's absence felt as Montreal falls short of the Clarkson Cup". Toronto Observer (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 20 de maio de 2026.
- ↑ Spencer, Donna (19 de setembro de 2019). "Marie-Philip Poulin among stars hoping Dream Gap Tour helps sell women's hockey". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2026.
- ↑ Rutherford, Kristina (Septembro 22 2019). "Impact of PWHPA debut showcase resonates beyond return to on-ice action". Sportsnet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2026.
- ↑ Martin, Jean-Philippe (1 de abril de 2020). "Marie-Philip Poulin flattée d'être nommée meilleure hockeyeuse au monde". Radio-Canada (en francés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2026.
- ↑ Cantin, Philippe (12 de decembro de 2019). "L'athlète québécois de la décennie: Marie-Philip Poulin c. Alexandre Bilodeau". La Presse (en francés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2026.
- ↑ Wawrow, John (22 de abril de 2020). "NWHL's expansion to Toronto gets mixed reviews from women players". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2026.
- ↑ "Team Bauer beats Team Sonnet to win Canadian leg of PWHPA Secret Dream Gap Tour". sportsnet.ca (en inglés). 30 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2026.
- ↑ Ingemi, Marisa (31 de maio de 2021). "PWHPA takeaways: Marie-Philip Poulin still the elite of the elite". Sportsnet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2026.
- ↑ Kennedy, Ian (13 de marzo de 2023). "Team Harvey's Wins PWHPA Title to Cap Off a Successful Season". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2026.
- ↑ "Scoring Statistics" (en inglés). Professional Women's Hockey Players Association. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2026.
- ↑ Ibrahim, Abdulhamid (2 de xaneiro de 2024). "PWHL sorting out missing pieces like team names and logos as it goes along". The Globe and Mail (en inglés). CP. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2024. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- ↑ Wawrow, John (4 de xullo de 2023). "'Years in the making': Marie-Philip Poulin ready to start new women's hockey league". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2023. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- ↑ Sadler, Emily (1 de setembro de 2023). "PWHL Free Agency Primer: Where Poulin, Knight, Nurse could go and why". Sportsnet (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2023. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- ↑ Kennedy, Ian (3 de setembro de 2023). "Three Free Agency Targets For Each PWHL Team". The Hockey News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2023. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- ↑ Salvian, Hailey (31 de agosto de 2023). "Professional Women's Hockey League: Predicting the top 18 players who could sign". The Athletic. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2023. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- ↑ "Marie-Philip Poulin to sign with PWHL Montreal, Sarah Nurse to join Toronto". Sportsnet (en inglés). 5 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2023. Consultado o 26 de xuño de 2026.
- Nados na cidade de Quebec
- Nados en 1991
- Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá
- Medallistas olímpicos de ouro polo Canadá
- Medallistas olímpicos de prata polo Canadá
- Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo
- Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2010
- Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2014
- Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2018
- Xogadores de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de 2022
- Xogadoras de Les Canadiennes de Montreal
- Xogadoras do Montreal Victoire