Marie-Pauline Soyer
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de abril de 1786 Caen, Francia |
| Morte | 30 de xaneiro de 1871 |
| Actividade | |
| Ocupación | gravadora |
| Familia | |
| Fillos | Paul-Constant Soyer |
| Pai | Charles Paul Landon |
| Irmáns | Charles Henri Landon |
Marie-Pauline Soyer, ou Pauline Landon, nada como Marie-Pauline de Saint-Yves Landon en Caen o 26 de abril de 1786, e finada en París o 30 de xaneiro de 1871, foi unha gravadora francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Pauline Landon foi filla de Charles Paul Landon e alumna de François-Urbain Massard.[1] Como gravadora, especializouse no traballo ao buril. Colaborou na obra de Alexandre Laborde Voyage de l´Espagne, publicada en 1818, realizando copias de cadros de grandes mestres españois.[2]
Casou co libreiro do seu pai e foi a nai do pintor e gravador Paul-Constant Soyer (1823-1903).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Collections Online | British Museum". www.britishmuseum.org. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Museo del Romanticismo (2016-03-02). "Marie Pauline Soyer (G), "El sueño, de Murillo", 1806 - 1820 (aguafuerte)". Consultado o 2022-12-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marie-Pauline Soyer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Émile Bellier de La Chavignerie, Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours : architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes, volumen 2, París, Librairie Renouard, 1885, p.521 (consultar en Gallica) .