Marie-Louise Lachapelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marie-Louise Lachapelle
Marie-Louise Lachapelle 1814.png
Nacemento1 de xaneiro de 1769
 París
Falecemento4 de outubro de 1821
CausaCancro de estómago
SoterradaCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónobstetricia
editar datos en Wikidata ]

Marie-Louise Lachapelle, nada en París o 1 de xaneiro de 1769 e finada o 4 de outubro de 1821, foi unha obstetra francesa, que chegou a desempeñar o cargo de xefa de obstetricia no Hôtel-Dieu de París, o hospital máis antigo de París. Publicou libros de texto sobre anatomía da muller, xinecoloxía e obstetricia.[1] Era contraria ao uso dos fórceps e escribiu Pratique des accouchements, que se converteu durante moito tempo no texto de obstétrica estándar, e en que promoveu os partos naturais. Lachapelle é considerada xeralmente a nai da obstetricia moderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lachapelle naceu en París, filla única dunha coñecida comadroa, Marie Jonet, e de Louis Dugès, un funcionario de saúde.[2][3] Ademais, a súa avoa tamén era comadroa. Moi nova, comezou a traballar como matroa grazas ás ensinanzas recibidas dende nena da súa nai. En 1792, casou cun cirurxián que traballaba no Hôpital Saint-Louis.[4]

Entre 1792 e 1795, deu a luz unha filla e deixou de traballar,[5] mais a morte do seu home, acontecida tras tres anos de matrimonio, convertérona na única responsable do mantemento da súa filla, o que supuxo ter que volver traballar como comadroa.[6]

A súa filla non seguiu a tradición familiar de especializarse para ser comadroa e ingresou nun convento.[7]

Lachapelle faleceu de cancro de estómago en 1821 logo dunha curta enfermidade.

Carreira[editar | editar a fonte]

Mentres a súa nai aínda vivía, reorganizárase a sala de maternidade, e Lachapelle asistía a súa nai como matroa xefa asociada. Á idade de doce anos, xa asistía en partos complicados.[7]

Trala morte da súa nai, Lachapelle herdou a posición que esta tiña como xefa no Hôtel-Dieu, o hospital público máis grande de París, en 1797. O hospital asistía os pobres e foi apoiado economicamente por Notre Dame de París.[5] Era o mellor hospital obstétrico do seu tempo e era coñecdido pola súa escola de matroas.[8] Pasou parte de 1796 e 1797 ampliando os seus estudos de obstetricia con Franz Naegele.[9]

Jean-Louis Baudelocque deuse de conta da necesidade dunha escola organizada de comadroas. Debido á experiencia médica de Lachapelle e a súa reputación, foille solicitado que dirixise a nova escola normal de comadroas, e o hospital para nenos que o goberno de Napoleón estableceu en Port Royal, a Maternidade. Coa finalidade de incrementar aínda máis os seus coñecementos en obstetricia, Lachapelle foi a Heidelberg para estudar, e logo regresou a París, onde se convirteu en xefa da maternidade e o hospital de nenos do novo Hospicio da Maternidade, unha rama do Hôtel-Dieu de Port Royal.[6][10]

Lachapelle faleceu sen rematar o seu libro, que foi finalizado polo seu sobriño Antoine Louis Dugès, tamén obstetra, que o publicou en 1825 baixo o título Pratique des accouchements; ou Mémoires et observaciones choisies, sur les points les plus importants de l'art. O libro foi moi influente en todo o século XIX.[5] Nel púxose en evidencia o seu rexeitamento ao emprego de fórceps no parto para a maioría dos casos e avogou por unha intervención mínima polos médicos durante o mesmo.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia de las Mujeres en la Ciencia para Jóvenes. Vivian Sheldon Epstein. 1995. VSE Editorial. ISBN 978-0-9601002-7-9. páx. 35
  2. Delacoux 1833, p. 97.
  3. Diccionario de las mujeres célebres. A. Jourcin i Ph Van Tieghem. 1970. Páx. 150
  4. Annuaire nécrologique ou complément annuel et la continuación de toutes les biografías ou Dictionnaires historiques. Mahul, A. París, Ponthieu de 1822. Vol. 2. Páx. 229
  5. 5,0 5,1 5,2 Oakes 2002, p. 208.
  6. 6,0 6,1 El Diccionario Biográfico de Mujeres en la Ciencia: LZ. Marilyn Bailey Ogilvie. 2000. Taylor & Francis. páxina 731
  7. 7,0 7,1 Napoleón y la cuestión de la mujer: Discursos del otro sexo en la educación francesa, Medicina y Derecho Médico 1799-1815, June K. Burton. 2007. Texas Tech University Press. Páx. 98
  8. Alic 1999.
  9. June K. Burton casts that into doubt: Napoleon and the woman question: Discourses of the other sex in French education, medicine, and medical law 1799-1815, páx. 101
  10. Enciclopedia Espasa. Volumen 29. Pág.174. 1916. ISBN 84-239-4529-4
  11. Alic 1999, pp. 306-307.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]