Marie-Bernadette Charrier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarie-Bernadette Charrier
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaxofonista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artístico21st-century classical music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: mariebernadette.charrier.3 Instagram: mariebernadettecharrier Discogs: 731107 Editar o valor em Wikidata

Marie-Bernadette Charier é unha saxofonista francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos musicais nos Conservatorios Nacionais da Rexión de Nantes, con Jean-Pierre Magnan, e Bordeos, con Jean-Marie Londeix[1]. É profesora especializada en música contemporánea no Conservatorio de Bordeos. En 1993[2] creou unha clase de interpretación deste tipo de música para todos os instrumentos. Á parte de ser docente en Bordeos, participa en diferentes máster-class e concertos por todo o mundo, ademais de pertencer ao Ensemble Próxima Centauri, grupo de música contemporánea do que ela é directora artística.

Dedicáronlle ao redor de cen obras orixinais para saxofón e gravou 10 discos.

O consello que lle da aos saxofonistas é: "que sexan esixentes. A arte non soporta a mediocridade. Isto significa que hai que traballar seriamente e moito. Non unicamente o saxofón, senón interesarse por todas as artes. Canta máis cultura ten o artista, de referencias diversas, máis libre será de elixilas"[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 rafadiaz (2016-07-23). "SaxRules.com: con Marie Bernardette Charrier". SaxRules.com (en castelán). Consultado o 2020-02-28. 
  2. "Marie-Bernadette Charrier.". www.adolphesax.com. Consultado o 2020-02-28.