Maribel Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaribel Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webmaribel-alvarez.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3213101 Editar o valor em Wikidata

Maribel Álvarez López-Vega, nada en Oviedo o 29 de maio de 1935, coñecida como Maribel Álvarez. Escritora e locutora de radio, desenvolveu toda a súa carreira en Radio Juventud de Barcelona e RJ 2 en estereofonía.[1][2][3] Tamén traballou en diversos espazos relacionados coa voz, máis unhas pequenas intervencións de imaxe en series de TVE.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na radio[editar | editar a fonte]

Ós 13 anos entrou en contacto con Radio Oviedo porque necesitaban a mozos e mozas novas para interpretar en directo contos infantís.[5]

En 1959 trasladouse a Barcelona onde foi contratada por Radio Juventud. Álvarez fixo unha pausa por cuestións persoais e regresou en 1964 cando entrou a formar parte do persoal de locutores.

Até ese momento, o nome de Radio Juventud estaba relacionado coas "mocidades da Falanxe" e co "Movemento", e o obxectivo marcado para a nova etapa era o de outorgarlle un aire novo e moderno, sen mención política algunha.[6][7]

Álvarez traballou durante unha tempada con Pedro Ruiz nun programa de humor creado e dirixido por el mesmo en Radio Barcelona. Con Jordi Estadella realizou unha serie de reportaxes de contido social.No programa "Las tardes de Odette" coñeceu ó actor de teatro Gabriel Agustí, quen se convertería na súa parella dende entón.[8]

Na televisión[editar | editar a fonte]

En 1975 colaborou en televisión, na serie Original de La 2, realizada por Esteban Duran.

En 1984, interpretou a Ruth Benet en Yo robo, tú chantajeas, ella estafa y además un muerto, tamén por Esteban Duran.

Tamén traballou en dobraxes, especialmente en series de televisión e puxo a súa voz en campañas de publicidade para anuncios de televisión e cuñas de radio.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7. 
  2. Radio Mocidade
  3. "Maribel Álvarez Escritora: En el Oviedo de posguerra ser pobre era un estigma". La voz de Asturias. 4 de novembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  4. Perfil de Maribel Álvarez en IMDb
  5. "Radio Oviedo". Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  6. Radio Juventud de España. "Radio Juventud de España". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2013. 
  7. Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7. 
  8. Arguimbau. Memòries de Radio Juventud (en catalán). Barcelona: Diputació de Barcelona y Col·legi de Periodistes de Catalunya. ISBN 84-930384-0-7. 
  9. Donuts (Sen data). "Voz niño que dice "¡Anda, los donuts!". Consultado o 1 de xullo de 2013.