Mariarosa Dalla Costa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de abril de 1943 Treviso |
| Educación | Universidade de Padua |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Padua |
| Ocupación | politicóloga, profesora universitaria, feminista |
| Empregador | Universidade de Padua |
| Movemento | Feminismo e movemento autónomo |
| Obra | |
Obras destacables | |
Mariarosa Dalla Costa, nada en Treviso en 1943, é unha profesora e feminista italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formou parte do movemento Potere Operaio de Antonio Negri, entre a fin da década de 1960 e o inicio dos anos 1970. Despois de deixar o grupo, en 1971, Mariarosa constituíu o Lotta Femminista, como forma de criticar as deficiencias na militancia do Potere Operaio. Como consecuencia da represión aos radicais de esquerda a finais dos anos 1970, en Italia, dedicouse a ensinar teoría política na Universidade de Padua.
Figura histórica do feminismo internacional, xunto a Selma James encabezou a principios dos anos setenta do século XX o debate sobre o traballo doméstico e a súa retribución, sobre a familia como centro de produción e sobre a muller como reprodutora da forza de traballo.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Alcune note sul neoliberismo, la terra e la questione alimentare en "Ecologia Politica", n. 1. 1997 ("Some Notes on Neoliberalism, on Land and on The Food Question" en Canadian Woman Studies, Primavera de 1997, Vol. 17, n. 2)
- Donne e politiche del debito. Condizione e lavoro femminile nella crisi del debito internazionale. 1995 (Mariarosa Dalla Costa e Giovanna Franca Dalla Costa (eds.): Paying the Price. Women and the Politics of International Economic Strategies. 1995)
- Capitalismo e riproduzione, en "Capitalismo NaturaSocialismo", n. 1 de xaneiro-abril de 1995 ("Capitalism and Reproduction", en Bonefeld, Werner et al (eds.), 1995).
- Famiglia, welfare e stato tra progressismo e New Deal. 1983
- Brutto ciao (Dalla Costa, Mariarosa e Fortunati, Leopoldina). Edizioni delle donne, Roma, 1977.
- Potere femminile e sovversione sociale. Marsilio Editori, Padova. (1972), 4a ed. 1977. ("The Power of Women and the Subversion of the Community", Falling Wall Press, Bristol, GB, 1972).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dinero, perlas y flores en la reproducción feminista - Akal". www.akal.com (en castelán). Consultado o 2025-12-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mariarosa Dalla Costa. Consultado o 17 de abril de 2008. (en inglés)
- For Another Agriculturepor Mariarosa Dalla Costa e Dario De Bortoli en Mute MagazineArquivado 14 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 17 de abril de 2008. (en inglés)