Mariano Zaera Herrero
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1834 Aliaga |
| Morte | 15 de agosto de 1919 Sarria |
| Actividade | |
| Ocupación | comerciante, político |
| Familia | |
| Parentes | Mario González Zaera, avó |
Mariano Zaera Herrero, nado en Aliaga en 1834 e finado en Sarria o 15 de agosto de 1919, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante e destacado propietario. Estableceuse en Gontán onde naceron os seus fillos. Asentou no barrio de San Roque de Lugo, onde rexentou o Mesón de Aguiar. Republicano federal, o 1 de maio de 1873 dirixiu unha proclama electoral aos electores do distrito de Lugo para presentar a súa candidatura para as Cortes, foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1873. Instalado en Sarria, foi veciño de San Lázaro (Maside). Obtivo autorización para a venda de sal ao retallo e foi dono dun almacén de importación e exportación de produtos. Finou en Sarria o 15 de agosto de 1919.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilafranca do Bierzo con María Vázquez Vázquez e foi pai de Mariano, Ascensión, Próspera, Emilio, Aurora e Clotilde Zaera Vázquez, e avó de Mario González Zaera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 18-8-1919, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Rodríguez, Pilar (1985). Campesinos propietarios. La redención de foros en la provincia de Lugo durante la I República. Lugo: Deputación provincial. ISBN 84-505-2268-4.