Saltar ao contido

Marianna Florenzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarianna Florenzi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1802 Editar o valor en Wikidata
Rávena, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1870 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Perugia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, filósofa, salonnière, tradutora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEvelyn Waddington (1836–) Editar o valor en Wikidata
ParellaLois I de Baviera Editar o valor en Wikidata
FillosLudovico Florenzi
 () Lois I de Baviera Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteForgotten Women: The Writers Editar o valor en Wikidata

Marianna Bacinetti, máis coñecida como Marianna Florenzi, nada en Rávena o 9 de novembro de 1802 e finada en Florencia o 15 de abril de 1870, foi unha marquesa, filósofa e tradutora italiana.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do conde Pietro Alessandro Massimiano Bacinetti de Rávena e a súa dona, a condesa Laura Rossi di San Secondo.[1] Xa que logo, dende nova tivo unha educación literaria esmerada, e dedicouse con paixón á lectura de obras filosóficas. Neste sentido, cumpriu co ideal feminino da época de muller educada que actuaba como anfitrioa de reunións culturais e salóns.[1] Foi unha das primeiras mulleres en cursar oficialmente o ensino superior en Italia, estudando Ciencias Naturais na Universidade de Perugia. Durante esta época, traduciu a Monadoloxía de Leibniz ao italiano, e divulgou os traballos de Kant, Spinoza ou Schelling. A nivel político, apoiou o movemento de unificación italiano e, en 1850, publicou Confutazione del socialismo e comunismo (en galego: Refutación do socialismo e do comunismo) que, como moitas das súas obras, foi incluída no Index Librorum Prohibitorum da Igrexa. Durante corenta anos foi amiga e amante de Lois I de Baviera, quen sempre procuraba o seu consello, incluso en materia de goberno. Consérvanse unhas 3000 cartas de Florenzi a Lois I, así como outras 1500 contestacións deste.

Florenzi dedicouse á vida política de Perugia e, tras participar nos alzamentos de 1831, axudou a numerosos patriotas, acolléndoos na súa vila Colombella. A súa casa converteuse así nun importante centro de reunións para militantes políticos, mais tamén para escritores e eruditos.

Debido ás súas posturas liberais, foi criticada polo goberno papal, que prohibiu a publicación dos seus textos. Co paso dos anos, Florenzi achegouse cada vez máis ás ideas de Hegel, aínda que sen separarse da filosofía de Schelling. Esta nova concepción levouna a contactar co pensador francés Victor Cousin, con quen se carteou entre 1862 e 1864.

Casou dúas veces: en 1819, co marqués Ettore Florenzi, en Perugia; en maio de 1836, co inglés Evelyn Waddington, en Florencia. Tivo un fillo, Ludovico, nado o 31 de outubro de 1821.[1] Malia ser oficialmente descendente de Ettore Florenzi, é probable que fose fillo do seu padriño, Lois I de Bavaria, quen coidou del toda a súa vida.

Finou en Florencia o 15 de abril de 1870. As súas contribucións filosóficas só foron recoñecidas tras o seu pasamento. Giovanni Gentile remarcou as súas achegas ao idealismo, así como a súa orixinalidade especulativa.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Pensieri Filosofici ("Pensamentos filosóficos", 1840).
  • Filosofemi di cosmologia e di ontologia ("Filosofemas de cosmoloxía e ontoloxía", 1863).
  • Saggi di psicologia e di logica ("Ensaios de psicoloxía e lóxica", 1864).
  • Saggio sulla natura ("Ensaio sobre a natureza", 1866).
  • Saggio sulla filosofia dello spirito ("Ensaio sobre a filosofía do espírito", 1867).
  • Dell'immortalità dell'anima ("Sobre a inmortalidade da alma", 1868).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Valori 2018, p. 227.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]