Marian Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marian Anderson
Marian Anderson.jpg
Marian Anderson
Nacemento 27 de febreiro de 1897
  Filadelfia
Falecemento 8 de abril de 1993
  Portland, Oregón
Causa Infarto agudo de miocardio e Insuficiencia cardíaca
Soterrada Eden Cemetery
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Afroamericano
Ocupación música, cantante de ópera e cantante
Premios Medalha Spingarn, Medalla Presidencial da Liberdade, Grammy á carreira artística, National Women’s Hall of Fame, Connecticut Women's Hall of Fame, Medalha de Ouro do Congresso, Premio Kennedy e Elizabeth Blackwell Award
editar datos en Wikidata ]

Marian Anderson, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 27 de febreiro de 1897 e finada en Portland (Oregón) o 8 de abril de 1993, foi unha contralto afroamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a cantar no coro xuvenil da súa igrexa aos seis anos, quixo ingresar nunha escola de música onde todos os alumnos eran brancos en 1921, pero foi rexeitada, polo que tivo que continuar os seus estudos musicais cun profesor privado.

Debutou coa Filharmónica de Nova York o 26 de agosto de 1925 con éxito de crítica e público. En 1928 cantou pola primeira vez no Carnegie Hall, a comezo dos anos trinta fixo unha xira triunfal por Europa.

En 1955 converteuse na primeira afroamericana en actuar na New York Metropolitan Opera, nesa ocasión cantou a parte de Ulrica d' Un ballo in maschera de Giuseppe Verdi. En 1958 foi oficialmente designada delegada diante a ONU. Retirouse en 1965. En 1991 recibiu un Premio Grammy honorífico como recoñecemento á súa carreira.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Foi nomeada doutor honoris causa en Música pola Universidade Católica de América en 1967.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]