Maria Ubach Font

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Ubach Font

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
La Massana, Andorra Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
17 de xullo de 2017 – 15 de maio de 2023
← Gilbert Saboya Sunyé (en) TraducirImma Tor Faus (en) Traducir →
Ambassador of Andorra to France (en) Traducir
14 de setembro de 2011 – 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAndorra Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tolosa-Jean Jaurès
Université Paris-Sorbonne Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemócratas por Andorra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua francesa, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: mubachfont LinkedIn: maria-ubach-font-a4a83689 Editar o valor em Wikidata

Maria Ubach Font, nada na Massana o 14 de xuño de 1973, é unha diplomática e política andorrana, ministra de asuntos exteriores desde xullo de 2017.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1998 obtivo unha licenciatura en ciencias económicas na Universidade de Tolosa II-Lle Mirail e un máster en relacións internacionais na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne.[3]

En 1998 iniciou a súa carreira no Ministerio de Asuntos Exteriores de Andorra como técnica. Até 2001 foi representante permanente adxunta ante o Consello de Europa en Estrasburgo. Entre 2001 e 2006 foi secretaria primeira na embaixada de Andorra en Francia e delegada permanente adxunta ante a UNESCO. Até 2011 foi directora de asuntos multilaterais e cooperación do ministerio.[3][1]

Entre outubro de 2011 e xuño de 2015 foi embaixadora en Francia e Portugal (residindo en París), ademais de ser delegada permanente ante a UNESCO e representante ante o Consello Permanente da Francofonía.[1] Entre 2015 e 2017 foi embaixadora ante Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Alemaña e a Unión Europea, residindo en Bruxelas.[2]

En xullo de 2017 asumiu a fronte do ministerio de asuntos exteriores, encabezando as negociacións para un acordo de asociación entre Andorra e a Unión Europea.[2]

Notas[editar | editar a fonte]