Saltar ao contido

Maria Theresa Asmar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Theresa Asmar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1804 Editar o valor en Wikidata
Tel Keppe, Iraq (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1860 Editar o valor en Wikidata (55/65 anos)
Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriadora, escritora Editar o valor en Wikidata


Maria Theresa Asmar, nada en Tel Keppe en 1804 e finada en Francia na década de 1860, foi unha escritora caldea[1] do imperio Otomán. Foi coñecida en Europa como a Princesa Babilonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe cristiá caldea, estableceu unha escola feminina en Bagdad. Acolleu misioneiros no colexio, mais estes subornaron o goberno otomán para quedaren coa licenza do centro e para que prohibisen a María seguir co proxecto. Abandonou o proxecto frustrada e anoxada polo modo en que fora tratada polos cristiáns, buscou refuxio cos beduínos árabes. Recolleu información sobre a súa vida diaria, especialmente das vodas e dos asaltos a outras tribos. Escribiu Memoirs of a Babylonian Princess, publicado en inglés en 1844, dous volumes nos que narra as súas viaxes por Turquía, Siria, Líbano e Palestina, así como o sistema de haréns usado en Turquía. Maria Theresa Asmar morreu en Francia antes da guerra franco-prusiana[Cómpre referencia]

  1. Asmar, Maria Theresa (1845). Memoirs of a Babylonian Princess. Philadelphia: G.B. Zieber & CO. p. 14, 152. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Memories of Maria Theresa Asmar An Iraqi Woman's Journey into Victorian London (2009), Emily Porter PhD (editor). Fadaat House for Publishing, Distributing and Printing, Amman, Jordan.