Maria Margaret Kirch
Maria Margaret Kirch | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de febreiro de 1670 |
Panitzsch | |
Falecemento | 29 de decembro de 1720 |
Berlín | |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | luteranismo |
Ocupación | astrónoma |
Cónxuxe | Gottfried Kirch |
Fillos | Christine Kirch, Christfried Kirch e Margaretha Kirch |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maria Winckelmann, coñecida como Maria Margaret Kirch, nada en Leipzig o 25 de febreiro de 1670 e falecida en Berlín o 29 de decembro de 1720, foi unha astrónoma alemá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era filla dun ministro protestante que non lle deu educación formal. Con todo, interesouse pola astronomía a través de Christoph Arnold von Sommerfeld, coñecido polo alcume do paisano astrónomo. No 1692 casou cun astrónomo que a animou e do que aprendeu o que necesitaba para os seus labores científicos. Traballaron conxuntamente, se ben debido á súa condición de muller só o seu marido traballou na Berliner Akademie. Ela descubriu o cometa coñecido como cometa de 1702. Tras a morte do seu marido en 1714, comezou a publicar de xeito independente, e traballou no cálculo do calendario para o observatorio do Baron von Krosigk co seu fillo, quen tamén chegaría a pertencer á Berliner Akademie.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)