Maria Liberia-Peters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Liberia-Peters

(1988) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Willemstad Editar o valor em Wikidata
Prime Minister of the Netherlands Antilles (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNational People's Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Maria Liberia-Peters, nada o 20 de maio de 1941 en Willemstad,[1] é unha expolítica antillana neerlandesa do Partido Popular Nacional. Foi primeira ministra das Antillas Neerlandesas entre os anos 1984 e 1986 e de 1988 a 1994.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Maria Peters naceu na cidade de Willemstad, Curaçao (daquela Antillas Neerlandesas). Porén, a súa educación transcorreu nos Países Baixos, onde se graduou como mestra. Posteriormente casou con Niels Liberia, con quen adoptou dous fillos.

Liberia Peters acabou na política case de xeito accidental. Durante o tempo que estivo exercendo como mestra e se involucraba nos problemas da infancia, decatouse que a chave para acadar cambios substanciais era a política. Comezou a súa traxectoria política nos anos 70 creando asociacións de pais e formando parte do Partido Popular Nacional de Curaçao. En 1975 acadou un posto no consello da illa de Curaçao, onde traballou polos seguintes cinco anos. En 1982 foi nomeada parlamentaria das Antillas Neerlandesas e tamén Ministra de Asuntos Económicos. Despois dun goberno de coalición que fracasou en xuño de 1984, aceptou formar parte dunha nova coalición e foi elixida como Primeira Ministra, posto que ostentou entre 1984 e 1986 e logo entre 1988 e 1994. Intentou unha terceira vez en 1994, pero o seu partido perdeu as eleccións. Porén, ela permaneceu no parlamento.[2][3]

Na actualidade forma parte do Consello de Mulleres Líderes Mundiais, unha rede internacional de mulleres presidentas e primeiras ministras actuais e pasadas, cuxa misión é mobilizar as líderes para levar a cabo accións de especial importancia para as mulleres e para o desenvolvemento igualitario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maria Liberia-Peters (1941), Encycopedia.com
  2. "De straat op: politieke pioniers". Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  3. "Yandi Paula leidt kabinet Antillen". De Volkskrant. 27 de decembro de 1993. Consultado o 9 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Liswood, Laura A. 2007. Women World Leaders. Washington, D.C.: The Council Press.
  • Madden, Annette. 2001. In Her Footsteps: 101 Remarkable Black Women from the Queen of Sheba to Queen Latifah.