Maria Furtwängler
Maria Furtwängler-Burda, nada en Múnic o 13 de setembro de 1966, é unha actriz e médica alemá, coñecida especialmente por interpretar dende 2002 a comisaria de policía Charlotte Lindholm na serie televisiva Tatort.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maria Furtwängler naceu na capital bávara, filla da actriz Kathrin Ackermann e do arquitecto Bernhard Furtwängler. A parella tivo tres fillos, e Maria é a máis nova. Con sete anos apareceu no telefilme Zum Abschied Chrysanthemen (1974)[1] que dirixiu seu tío, Florian Furtwängler. Casou co empresario das comunicacións Hubert Burda en 1991 co que tivo dous fillos: Jacob (1990) e Elisabeth (1992). Tras un tempo sen facer vida en común, a parella deu a coñecer a súa separación en agosto de 2022[2].
Entre 1987 e 1991 actuou na serie Die glückliche Familie canda súa nai[3] e nos anos saíu nalgúns episodios de varias series e no telefilme Drei Frauen und (k)ein Mann (1995), pero o seu principal foco foron os seus estudos de medicina na Universidade de Montpellier que completou en 1994 e posteriormente realizou a súa tese de doutoramento, que trata sobre a influencia dun aborto espontáneo na vivencia dun embarazo posterior e sobre a influencia dun novo embarazo na elaboración da experiencia dun aborto anterior[4], na Universidade Técnica de Múnic en 1996. Despois exerceu a medicina en Múnic e noutros lugares ata o ano 2001[5].
Charlotte Lindholm en Tatort
[editar | editar a fonte]En abril de 2002 interpretou por primeira vez a comisaria Charlotte Lindholm no episodio Lastrumer Mischung de Tatort, serie que se emite dende 1970 e goza dunha popularidade sen igual no país[6]. Dende aquela tornouse nun dos rostros máis recoñecibles da serie como investigadora da Landeskriminalamt (LKA) de Baixa Saxonia[7], que indaga casos por todo o estado. A súa incorporación á serie coincidiu coa chegada doutras protagonistas femininas como Andrea Sawatzki e Eva Mattes, nun momento no que o protagonismo das mulleres na serie era pequena[8]. O papel valeulle o Deutscher Fernsehpreis en 2007 polas súas interpretacións nos episodios Pauline e Das namenlose Mädchen. En 2008 logrou unha Goldene Kamera como mellor comisaria de televisión[9].
Cinema e televisión
[editar | editar a fonte]Paralelamente a Tatort, Furtwängler participou en numerosas producións televisivas. En 2007 protagonizou o telefilme en dúas partes Die Flucht, no papel de Lena, a condesa von Mahlenberg, unha muller que organiza un convoi de refuxiados dende Prusia Oriental cara a Baviera para escapar ao avance das tropas do Exército Vermello ao final da Segunda Guerra Mundial e que foi un éxito de audiencia para a ARD[10].

En 2008 deu vida á nai do bandoleiro bávaro Mathias Kneißl no filme Räuber Kneißl e en 2011 protagonizou o telefilme da ZDF Schicksalsjahre, no papel dunha pianista que abandona Gdansk ao final da guerra e posteriormente como disindente política sofre represión na República Democrática Alemá[11]. Protagonizou en 2015 o filme Das Wetter in geschlossenen Räumen, dirixido por Isabelle Stever e no que interpretou unha traballadora dunha organización humanitaria que se move entre ambientes de luxo e zonas de crise, nun papel que lle valeu en 2016 o Premio de Interpretación do Festival do Cinema Alemán de Ludwigshafen.

Coa obra Alles muss glänzen do autor norteamericano Noah Haidle protagonizou por primeira volta unha peza teatral, foi en 2017 no Theater am Kurfürstendamm de Berlín[12]. Protagonizou a miniserie Ausgebremst (2020-2021) e foi unha das protagonistas principais do telefilme de Nadal Abenteuer Weihnachten en 2023. No telefilme Am Ende der Wahrheit (2024) interpretou a Martina, unha neucirurxiá que sofre unha violación e ha batallar co trauma e a reacción do seu contorno. A súa actuación proporcionoulle o Deutscher Fernsehpreis de 2025 á mellor actriz[13].
Actividade humanitaria e social
[editar | editar a fonte]Paralela á súa carreira artística desenvolveu unha importante actividade humanitaria. Dende 1998 é presidenta do Padroado da ONG German Doctors[14] que desenvolve proxectos de axuda médica en Nairobi, Calcuta ou as Filipinas. Fundou canda súa filla Elisabeth en 2011 fundou o MaLisa Home nas Filipinas, destinado a ofrecer protección a nenas vítimas de trata e prostitución forzada. Elas dúas tamén estableceron en 2016 a Fundación MaLisa [15]. No outono de 2013 Furtwängler foi das asinantes iniciais do manifesto contra da prostitución promovido por Alice Schwarzer para a revista Emma[16].
En 2017 impulsou coa Fundación MaLisa un estudo sobre a representación de mulleres e homes no cinema. O resultado da Universidade de Rostock amosou a infrarrepresentación das mulleres no cinema, sobre todo como heroínas e expertas[17]. En 2020 promoveu a campaña #ichwill co obxectivo de lograr unha cota feminina nos consellos de administración das empresas[18].
Filmografía
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]- 1974: Zum Abschied Chrysanthemen (cinema)
- 1995: Drei Frauen und (k)ein Mann
- 1996: Das Haus an der Küste
- 1996: Ein Kind war Zeuge
- 1997: Herz über Kopf
- 1998: Herzflimmern
- 2000: Dir zu Liebe
- 2001: Das Glück ist eine Insel
- 2002: Zu nah am Feuer
- 2004: Mr. und Mrs. Right
- 2004: So fühlt sich Liebe an
- 2007: Die Flucht (dúas partes)
- 2008: Räuber Kneißl (cinema)
- 2011: Schicksalsjahre (dúas partes)
- 2015: Das Wetter in geschlossenen Räumen
- 2017: Gift
- 2018: 100 Dinge (cinema)
- 2019: Nachts baden
- 2021: Bekenntnisse des Hochstaplers Felix Krull (cinema)
- 2023: Abenteuer Weihnachten – Familie kann nie groß genug sein (comedia)
- 2024: Bis zur Wahrheit
- 2026: Glückspilze isst man nicht
Series de televisión
[editar | editar a fonte]- 1987–1991: Die glückliche Familie (26 episodios)
- 1993: Der Alte (episodio Korruption)
- 1993: Der Alte (episodio Nächstenliebe)
- 1996–1998: Hallo, Onkel Doc! (41 episodios)
- 1997: Der Alte (episodio Mörderisches Spiel)
- 1997: Kap der guten Hoffnung (6 episodios)
- 1998: Der Alte (episodio Tödliches Dreieck)
- 1998: Siska (episodio Die 10%-Bande)
- 1999: Siska (episodio Mord frei Haus)
- 1999: Der Fahnder (episodio Riemanns Tod)
- 2000: Zwei zum Verlieben (Fernsehserie, 1 episodio)
- 2001: Donna Leon: In Sachen Signora Brunetti
- 2001: Die achte Todsünde: Gespensterjagd
- 2019: Kroymann (sátira, 1 episodio)
- 2020–2021: Ausgebremst (11 episodios)
- 2023: German Genius
Programas de televisión
[editar | editar a fonte]- 2015: Spiel für dein Land (ARD )
- 2016: Wer weiß denn sowas? (ARD)
- 2019, 2020 e 2022: Klein gegen Groß – Das unglaubliche Duell
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maria Furtwängler „Wir Geschichtenerzähler tragen eine große Verantwortung.“". Galore Interviews. 13 de febreiro de 2020.
- ↑ "Nach mehr als 30 Jahren Ehe: Maria Furtwängler und Hubert Burda haben sich getrennt". Der Spiegel. 15 de agosto de 2022.
- ↑ "Maria Furtwängler: Von der Ärztin zur Schauspielerin". NDR. 20 de decembro de 2023.
- ↑ "Einfluss eines Spontanaborts auf das Erleben einer nachfolgenden Schwangerschaft und Einfluss einer Schwangerschaft auf die Verarbeitung eines vorangegangenen Aborts". Propylaeum. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2026. Consultado o 15 de setembro de 2026.
- ↑ "Maria Furtwängler". Munzinger-Archiv.
- ↑ "Série mais popular da Alemanha completa 50 anos". Deutsche Welle. 29 de novembro de 2020.
- ↑ "Warum ermittelt das LKA Niedersachsen in Hammerbrook?". Hamburger Allgemeine Rundschau. 1 de marzo de 2026.
- ↑ "Maria Furtwängler – Seit 22 Jahren im Dienst beim NDR Tatort". NDR. 18 de outubro de 2024.
- ↑ "Maria Furtwängler". Filmportal.
- ↑ ""Die Flucht" erfolgreichster ARD-Film seit 10 Jahren". Welt. 5 de marzo de 2007.
- ↑ "Schicksalsjahre". Film Dienst.
- ↑ "Vor uns die Sintflut". Nachtkritik. 25 de febreiro de 2017.
- ↑ "Deutscher Fernsehpreis für Maria Furtwängler und Otto Waalkes". Frankfurter Allgemeine Zeitung. 10 de setembro de 2025.
- ↑ "Ehren amtliches Kuratorium". German Doctors.
- ↑ "Über uns". Malisa Stiftung.
- ↑ "Mit Prominenz gegen das "System Prostitution"". Der Spiegel. 28 de outubro de 2013.
- ↑ Vanessa Vu (13 de xullo de 2017). "Männer handeln, Frauen kommen vor". Die Zeit.
- ↑ Von Swaantje Marten e Manon Priebe (16 de outubro de 2020). "„Weil wir es können und weil wir es wollen“". Frankfurter Allgemeine Zeitung.