Saltar ao contido

Maria Fullana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Fullana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Maria Fullana i Montoro Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1958 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Valencia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, tradutora, escritora, profesora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX944743

Maria Fullana i Montoro, nada en Valencia o 16 de xuño de 1958, é unha poeta, narradora, tradutora e profesora xubilada valenciana.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Sevilla en 1980, exerceu profesionalmente como mestra de secundaria de catalán.[2] Entre as súas publicacións no eido da poesía salientan os poemarios Cants mimètics (1986), I escadussers (1987), Blues (1989) e Ícara (1990); tamén foi antologada en Paisatge emergent. Trenta poetes catalanes del segle XX (1999) e en Contemporànies. Antologia de poetes dels Països Catalans (1999), entre outros. É autora de obras narratives como Contes feiners (1990) e Joc de dames (1992), así como da obra de literatura infantil Bon viatge fa la cadernera (1995).[1] Tamén participou nalgunhas obras colectivas como Premis de poesia Senyoriu d'Ausiàs Marc (1997) e Microsexe (1998).[2]

En 1986 recibiu o premio "Manuel Rodríguez Martínez de poesía de Alcoi", por Cants mimètics, e en 1988 o premio Senyoriu d'Ausiàs March, por Blues.[2][1]

No eido do ensaio escribiu Pensades, unha escolma de aforismos, publicada en 2019 pola editorial Neopàtria.

  1. 1 2 3 "Maria Fullana i Montoro". Diccionari Enciclopèdic de la Literatura Catalana (Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana).
  2. 1 2 3 4 "Fullana, Maria". Institució de les Lletres Catalanes (ILC). Consultado o 11 de febreiro de 2018.