Dolors Sabater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maria Dolors Sabater i Puig»)
Dolors Sabater
Dolors Sabater
Dolors_Sabater (2021)


Alcaldesa de Badalona
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Xavier García Albiol
Sucedido por Àlex Pastor

Datos persoais
Nacemento 1960 Badalona, Barcelona, Cataluña
Partido Guanyem Badalona en Comú

Na rede
IMDB: nm4746102 Facebook: dolorssabater Twitter: mariadolorsa Editar o valor em Wikidata

Maria Dolors Sabater i Puig, nada en Badalona en 1960, é unha profesora e activista social e cultural catalá. Foi alcaldesa de Badalona entre o 13 de xuño de 2015 e o 20 de xuño de 2018, a segunda na historia de Badalona, despois de Maite Arqué, encabezando a candidatura cidadá Guanyem Badalona en Comú.

O seu partido foi, con cinco concelleiros, a segunda forza política nas eleccións de 2015 por detrás do Partit Popular do alcalde Xavier García Albiol, con 10 concelleiros. Non obstante, foi investida alcaldesa o 13 de xuño grazas a un pacto de esquerdas, con PSC, ERC e ICV-EUiA, ademais do voto a favor do candidato de CDC Ferran Falcó.[1]

O 20 de xuño de 2018 Dolors Sabater perde a alcaldía despois dunha moción de censura liderada polo PSC e apoiada polo PP e Ciutadans.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ara, ed. (04/06/2015). "Guanyem Badalona en Comú, PSC, ERC e ICV-EUiA anuncian o acordo para botar a Albiol da alcaldía de Badalona". Consultado o 4 de xuño 2015. 
  2. Castro, Natalia (20 de xuño de 2018). "El PSC alcanza la alcaldía de Badalona en una moción censura apoyada por PP y Cs". elplural.com (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
Predecesor:
Xavier García Albiol
Escudo de Badalona
Alcaldesa de Badalona

2015 - 2018
Sucesor:
Àlex Pastor

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]