Maria Cristina Cavalcanti de Albuquerque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Cristina Cavalcanti de Albuquerque
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Vertentes, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal de Pernambuco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra , escritora , novelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

María Cristina Cavalcanti de Albuquerque, nada en Vertentes en febreiro de 1943, é unha novelista, historiadora e psiquiatra brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico e político Emídio Cavalcanti de Albuquerque e de Maria do Carmo Santana Cavalcanti. Desde moi novo tivo o seu interese esperto pola literatura e pola historiografía ao escoitar as historias que os seus avós e tíos lle contaban sobre a xenealoxía da Familia Albuquerque. É descendente do fidalgo portugués Xerome de Albuquerque.

Graduouse en medicina na Universidade Federal de Pernambuco (UFPE) e cursou posgrao en psiquiatría na Michigan State University, nos Estados Unidos. Foi profesora universitaria do Departamento de neuropsiquiatria da UFPE e presidente do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Xeográfico de Pernambuco.

Literatura[editar | editar a fonte]

Atribúe á paixón pola lectura de obras clásicas da literatura universal o amadurecimento como escritora ao longo dos anos. Os seus escritores preferidos son, na traxedia, o grego Eurípides; Shakespeare na tragicomédia; os grandes novelistas rusos Lev Tolstoi e Dostoievski. O conto, ten predilección por Tchekov, e en Marcel Proust ve a revolución do concepto de novela. Na poesía é grande admiradora de Rimbaud. Na literatura brasileira, aprecia o estilo esmerado de Machado de Assis e as creacións de João Cabral de Mello Neto e Gerardo Mello Mourão. O seu clásico favorito é Na procura do tempo perdido de Proust. Como libro de cabeceira, ten a Biblia de Xerusalén. Considera que o mellor libro da súa autoría é Luz do Abismo, publicado en 1996.

En 2012, realizou a charla "Matias, o magro" no auditorio do Museo do Estado de Pernambuco, baixo o patrocinio da Asociación de Amigos do Museu, tratando sobre a vida e realizacións do Conde de Alegrete Matias de Albuquerque, nobre luso que foi gobernador da Capitanía de Pernambuco e un dos Gobernadores xerais do Brasil.

En 2014 seguía cos preparativos finais para a publicación do seu novo libro, Múltiples Verdades, que ía tratar da interacción do lector-autor, o "útero" da creación literaria, segundo a autora. Deu tamén inicio ás pescudas documentais para a estruturación doutro libro de ficción histórica, O Seminario, sobre o tradicional e conceituado Seminario de Olinda, fundado no ano 1801, e o seu papel preponderante no ciclo revolucionario pernambucano.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O Magnificat: memórias diacrônicas de dona Isabel Cavalcanti (1990)
  • Luz do Abismo (1996)
  • Príncipe e Corsário (2005)
  • Memórias de Isabel Cavalcanti (2006)
  • Olhos Negros (2010)
  • Matias: romance (2012)